Edward Thomas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEdward Thomas
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1813
Morte10 de febreiro de 1886 (72 anos)
Kensington, Gran Londres
Inglaterra
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
EducaciónEast India Company College.
Actividade
Campo de traballoAntigüidades e numismática.
Ocupaciónvendedor de antiguidades (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Royal Society (1871–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios
(1885): Medalla da RNS.


Edward Thomas, nado o 31 de decembro de 1813 en Londres e finado o 10 de febreiro en 1886 en Kensington, Gran Londres, foi un funcionario inglés da East India Company coñecido polos seus traballos sobre numismática e antigüidades da India.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Edward Thomas era fillo do cirurxián galés Honoratus Leigh Thomas (1769-1846) e foi educado na East India College en Haileybury, Hertfordshire, unha institución académica onde se preparaban os futuros funcionarios da India Británica.[1][3][4]

Trasladouse á India en 1832 para prestar os seus servizos en Bengala, mais a súa má saúde obrigouno a pasar varias tempadas de baixa médica en Inglaterra. Este problema motivou que tivese que rexeitar o posto de secretario de Asuntos Exteriores do Goberno da India que lle ofreceu o administrador colonial, Lord Dalhousie, en 1852.[1][3]

Logo de exercer durante un curto período como xuíz en Delhi, Thomas foi nomeado xuíz superintendente dos territorios de Saugor e Nerbudda, ata que se retirou en 1857.[1][5]

A partir do seu retiro, dedicouse en exclusiva ás actividades académicas, sobre todo acudindo a reunións en sociedades eruditas e escribindo sobre arqueoloxía e numismática asiáticas.[5] Durante catro décadas foi membro da Asiatic Society, da que exerceu como tesoureiro durante 25 anos.[1]

Edward Thomas morreu en Kensington, no distrito de Kensington e Chelsea, no Gran Londres, o 10 de febreiro de 1886.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Como resultado dos seus traballos, Tomas foi elixido en 1871 membro da Royal Society e en 1884 foi nomeado Compañeiro da Orde do Imperio da India. Entre outras institucións académicas, foi tamén membro correspondente do Instituto de Francia (1873) e membro honorífico da Academia Rusa, en San Petersburgo.[1][5]

Premios[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Thomas está considerado como un autor de estudos anovadores en varias áreas do saber, como a numismática (cuñaxes bactrianas e indoescíticas, e moedas sasánidas), a metroloxía india, ou as xoias e as inscricións persas. Moitos dos seus numerosos artigos apareceron publicados na revista Numismatic Chronicle, da Royal Numismatic Society (entre 1847 e 1883) e tamén no Journal of the Royal Asiatic Society.[1][7][8][9]

Escolma de monografías[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Lane-Poole, S. (1885-1900).
  2. Cooper, T. (1884).
  3. 3,0 3,1 Cooper, T. (1884). Páxina 1.041.
  4. "Haileybury College". En The New International Encyclopædia. 1905.
  5. 5,0 5,1 5,2 Cooper, T. (1884). Páxina 1.042.
  6. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  7. "Edward Thomas (1813-1886)". BnF.fr
  8. "Thomas, Edward 1813-1886 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  9. "Thomas, Edward 1813-1886". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lane-Poole, S. (1885-1900). "Thomas, Edward". En Dictionary of National Biography. Vol. 56. Smith, Elder & Co., Londres. Páxina 178.
  • Cooper, T. (1884). "Thomas, Edward". En Men of the Time. A Dictionary of Contemporaries. 11ª ed. Routledge, Londres. Páxina 1.041-1.042.