Saltar ao contido

Vsevolod M. Potin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVsevolod M. Potin
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1918
Riazan Editar o valor en Wikidata
Morte12 de setembro de 2005 (87 anos)
San Petersburgo.
Rusia Rusia
Operador (pt) Traducir Numismatic Department (en) Traducir
1974 – 1998 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSan Petersburgo (1931–)
Riazan (pt) Traducir (1918–1931) Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeRusa
RelixiónHinduísmo
EducaciónUniversidade Estatal de San Petersburgo.
Q89547790Estudos de moeda medieval europea.
Actividade
Campo de traballoNumismática e museoloxía.
Ocupaciónhistoriador, numismático, mestre Editar o valor en Wikidata
EmpregadorFacultade de Historia da Universidade Estatal de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoA. G. Emanov.
Premios
- (1976): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional (GIG).
- (1978): Medalla Kurt Regling.

Vsevolod Mikhaylovich Potin, nado o 28 de marzo de 1918 en Riazan e finado o 12 de setembro de 2005 en San Petersburgo, foi un numismático ruso vinculado ao departamento de moeda do museo Ermitage.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Potin naceu en 1918 na cidade de Riazan, na óblast do mesmo nome, no seu dunha familia de intelectuais rusos. En 1931 trasladouse a Peterhoff, preto de San Petersburgo, onde cursou o seu ensino secundario.[1]

Posteriormente matriculouse na entón chamada Universidade de Leningrado, onde se graduou na especialidade Historia Medieval de Europa. Durante a segunda guerra mundial fixo unha interinaxe no Museo Nacional Ermitage supervisado polos máis eminentes numismáticos rusos do momento: N. Bauer, A. Ilyin, Alexander Bykov, A. Zograf e A. Markova. En 1956 comezou os seus estudos de posgrao e en 1961 acadou o seu doutoramento cunha tese sobre as relacións comerciais de antiga Rusia cos incipientes estados da Europa Occidental a partir dos achados numismáticos.[1]

Acabada a guerra, en 1959 foi contratado polo Ermitage como conservador de moedas e medallas europeas no seu departamento numismático, e entre 1974 e 1998 foi o conservador xefe do departamento.[1][2]

Ademais da súa dedicación ao Hermitage, Potin exerceu a docencia de Numismática de Europa Occidental na Universidade Estatal de San Petersburgo entre 1962 e 1992, e tamén foi profesor na Universidade de Letonia, en Riga.[3][4][5]

O seu labor como investigador centrouse fundamentalmente na historia monetaria e na circulación de moeda na Europa medieval, aínda que tamén son abundantes os seus estudos sobre grandes coleccións numismáticas, principalmente a do Ermitage. Cabe destacar tamén a súa participación no proxecto editorial Sylloge of Coins of the British Isles.[1]

Entre outras sociedades e entidades numismáticas internacionais, Potin foi membro da Sociedade Numismática Polaca (1970), da American Numismatic Society (1973), da Sociedade Numismática Sueca (1973), da Sociedade Numismática de Renania do Norte-Westfalia (1990), da Sociedade Numismática de San Petersburgo (1993) e da Sociedade Numismática Finlandesa (1993), e foi nomeado membro de honra da Comisión Internacional de Numismática en 1997.[2][3][4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Potin é autor dunha vasta produción bibliográfica, con máis de 200 referencias entre traballos monográficos, colaboracións e artigos nas principais revistas numismáticas rusas e europeas do momento.[7][8]

Escolma de monografías

[editar | editar a fonte]
  • (1968). Drevni︠a︡i︠a︡ Rusʹ i evropeĭskie gosudarstva v X-XIII vv ["Rusia Antiga es os estados europeos nos séculos X-XIII]. Sov. khudozhnik, Leningrado.
  • (1976). Einführung in die Numismatik westeuropäischer Länder ["Introdución á numismática dos países da Europa occidental"]. Berlin Staatl. Museen, Münzkabinett, Berlín.
  • (1977): Proshloe nasheĭ rodiny v pami︠a︡tnikakh numizmatiki: Sbornik stateĭ ["O pasado da nosa patria nos monumentos numismáticos: colleita de artigos"]. Avrora, Leningrado.
  • (1979). Russkai︠a︡ numizmatika XI-XX vekov: Materialy i issled ["Numismática rusa dos séculos XI-XX: materiais e investigación"]. Avrora, Leningrado.
  • (1982): Ėkonomika, politika i kulʹtura v svete numizmatiki: sbornik nauchnykh trudov ["Economía, política e cultura á luz da numismática: colleita de artigos científicos"]. Gos. Ėrmitazh, Leningrado.
  • (1987). Numizmatika v Ėrmitazhe: sbornik nauchnykh trudov ["Numismática no Ermitage: colleita de artigos científicos"]. Gos. Ėrmitazh, Leningrado.
  • (1993). Monety, klady, kollekt︠s︡ii: ocherki numizmatiki ["Moedas, tesouros, coleccións: ensaios sobre numismática"]. Iskusstvo-SPB, San Petersburgo. ISBN 9785210021175
  • (1996). Chelovek i priroda v pami︠a︡tnikakh numizmatiki: vystavka: kratkiĭ putevoditelʹ ["O home e a natureza nos monumentos numismáticos: exposición: unha breve guía"]. Человек и природа в памятниках нумизматики: выставка: краткий путеводитель, San Petersburgo.
  • (1999). Sylloge of Coins of the British Isles. Vol. 50: Hermitage Museum, St.Petersburg. Part I: Anglo-Saxon Coins to 1016. British Academy / Oxford University Press, Oxford. ISBN 9780197261873
  • (2000). Legendy na zapadno-evropeĭskikh monetakh ["As lendas nas moedas da Europa occidental"]. I︠U︡nona-Moneta, Kíiv. ISBN 9789669585103
  • (2012). Sylloge of Coins of the British Isles. Vol. 60: Hermitage Museum, St.Petersburg. Part II: Anglo-Saxon Coins 1016-1066. British Academy / Oxford University Press, Oxford. ISBN 9780197265017
  1. 1 2 3 4 Kalinin, V. (2005) Arquivado 26 de agosto de 2016 en Wayback Machine.. Páxina 45.
  2. 1 2 Smirnova, N. (2006).
  3. 1 2 Kalinin, V. (2005) Arquivado 26 de agosto de 2016 en Wayback Machine.. Páxina 46.
  4. 1 2 3 4 "Meeting Marking the 85th Anniversary of Vsevolod Mikhaylovich Potin". The State Hermitage Museum.
  5. "Meeting Marking the 85th Anniversary of Vsevolod Mikhaylovich Potin". The State Hermitage Museum.
  6. "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte .
  7. Kalinin, V. (2005) Arquivado 26 de agosto de 2016 en Wayback Machine.. Páxinas 46-49.
  8. "Потин, В. М (Всеволод Михайлович)". WorldCat Identities.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]