Ursula Kampmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ursula Kampmann
–Ursula Maria Kampmann–
Translatio nummorum - 58 - Ursula Kampmann (cropped).jpg
Ursula Kampmann
na conferencia internacional Translatio Nummorum, en 2011
Datos persoais
Nacemento1964
LugarDEU München COA.svg Múnic.
Coat of arms of Bavaria.svg Baviera.
Alemaña Alemaña
NacionalidadeAlemá.
Actividade
CampoNumismática e historiografía
Alma máter- Universidade de Múnic.
- Universidade do Sarre.
Contribucións e premios
Coñecida porComercio e xornalismo numismático.
Premios- (2002): Premio Vreneli.
- (2003): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional (GIG).
- (2012): Premio Otto Paul Wenger.
- (2015): Premio Burnett Anderson Memorial.
editar datos en Wikidata ]

Ursula Maria Kampmann, nada o 20 de xuño de 1964 en Múnic, Baviera, é unha numismática, historiadora e xornalista alemá.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ursula Kampmann estudou Historia Antiga, Historia Medieval e Arqueoloxía do Oriente Próximo na Universidade de Múnic e na Universidade do Sarre, cun enfoque especial na numismática antiga. En 1991 acadou o seu doutoramento cunha tese titulada Die Homonoia-Verbindungen von Pergamon ("As conexións da homonoia en Pérgamo").[1]

Paralelamente á súa formación académica, Kampmann traballou no comercio numismático, nunha primeira etapa entre 1987 e 1990 na compañía Giessener Münzhandlung, de Múnic, e posteriormente de 1992 a 2001 na suíza Münzen und Medaillen AG.[1]

Durante ese período de traballo no comercio numismático comezou a dedicarse ao xornalismo especializado neste sector. A partir de 1996, os seus artigos publicáronse fundamentalmente na revista MünzenRevue, da que é editora xefa desde 2002, e tamén noutras de diferentes países e traducidos a varios idiomas.[1]

Entre 2001 e 2005 traballou na Axencia Internacional para a Supresión da Falsificación de Moedas (IBSCC), da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais (IAPN), o que a levou a prublicar unha serie de artigos sobre a falsificación de moeda.[1]

Ursula Kampmann é, ademais, a fundadora dunha revista numismática internacional en liña que ten unha versión en inglés, chamada Coins Weekly, e outra en alemán, Münzen Woche.[1]

No seu aspecto como divulgadora numismática imparte conferencias dirixidas tanto a profesionais como a afeccionados, e os seus traballos, á parte dos libros, inclúen tamén programas de radio, producións videográficas e organización de exposicións, como a titulada "A xente de Zürich e o diñeiro" (Die Zürcher und ihr Geld), a dos Museos Estatais de Suíza levada a cabo no Museo Bärengasse, ou a da Casa da Moeda de Berlín titulada KleinGeld ("moeda miúda").[1]

Ursula Kampmann é membro de American Numismatic Society.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Escolma de publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]