Arthur Houghton
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de maio de 1940 Nova York |
| Cargos | |
| Presidente da American Numismatic Society | |
| Período | 1994-1999 |
| Antecesor | Raymond Henry Norweb Jr. |
| Sucesor | Donald G. Patrick |
| Datos persoais | |
| País de nacionalidade | estadounidense. |
| Educación | |
| Q89547790 | Estudos de moeda seléucida. |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Numismática e Administración. |
| Ocupación | numismático |
| Premios | |
| · (2003): Premio literario AINP. · (2015): Huntington (ANS). | |
Arthur Amory Houghton, nado en Nova York o 6 de maio de 1940, é un numismático estadounidense especializado na moeda do Imperio Seléucida.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixe e formación
[editar | editar a fonte]Houghton é fillo do industrial do vidro e filántropo Arthur Amory Houghton (1906-1990).[1]
Pasou a infancia na súa cidade natal e posteriormente ingresou na Universidade Harvard, onde se graduou en Administración Pública en 1963. Tres anos despois acadou o mestrado en Estudos de Oriente Medio na Universidade Americana de Beirut.[2][3][4]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Concluída esta primeira etapa formativa, Houghton pasou a traballar para a Administración dos EEUU e desenvolveu o seu labor en postos como o Consello de Seguridade Nacional (1974-1976) e outros de carácter diplomático no exterior, como as embaixadas do seu país en Beirut, Amán e O Cairo, entre 1966 e 1979.[2][3][4]
Maisen fixo unha paréntese na súa carreira administrativa en 1981 para cursar na Universidade Harvard o mestrado en Belas Artes, do que se graduou en 1982, e logo traballou por un período de catro anos (1982-1986) como conservador adxunto no Museo J. Paul Getty en Malibú, California.[2][3][4]
Ao seu regreso á función pública, foi membro dunha comisión sobre seguridade nas fronteiras exteriores dos EEUU (1987-1989) e traballou na Oficina de Política Nacional de Control de drogas da Casa Branca (1989-1995), ademais de formar parte de diversos comités técnicos.[2][3][4]
Houghton foi tamén o fundador da compañía de consultoría Arthur Houghton Associates, Inc., que presidiu entre 1995 e 2005.[2][3]
Entre outras organizacións, Arthur Houghton formou parte cos consellos directivos da Escola Americana de Estudos Clásicos de Atenas, do Instituto Chipriota-Americano de Investigación Arqueolóxica, do Instituto de Oriente Medio, do Museo do Vidro de Corning e do Museo de Arte de Baltimore.[2][4]
Carreira numismática
[editar | editar a fonte]Paralelamente á súa traxectoria profesional, Houghton interesouse pola arqueoloxía e a numismática antigas, aspecto sobre o que publicou diversos artigos e traballos monográficos, sinaladamente acerca da moeda seléucida dos sucesores de Alexandre o Grande.[2][5]
É membro da American Numismatic Society, entidade que presidiu desde 1985 a 1989.[3] Entre 1984 e 1987 foi tamén un dos membros do comité asesor do Departamento do Tesouro dos EEUU para a elección dos temas das moedas emitidas pola US Mint.[2][4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (2003): Premio Literario da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais.[6]
- (2015): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.[2][5][7]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Arthur Hougton é autor de máis de 60 artigos numismáticos en diversas revistas e publicacións conxuntas de diversos países (Revue Numismatique, Schweizerische numismatische Rundschau, Schweizer Münzblätter, Israel Numismatic Journal etc.).[8][9] Estes son os seus traballos monográficos, centrados na moeda seléucida:[10][11]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (1983). Coins of the Seleucid Empire from the collection of Arthur Houghton. American Numismatic Society, Nova York.
- (1984). Festschrift für Leo Mildenberg. Numismatik, Kunstgeschichte, Archäologie (Ed.). NR, Wetteren. ISBN 9789071165016
- (1998). The Arnold Spaer collection of Seleucid coins. Serie Sylloge Nummorum Graecorum (con A. Spaer e C. C. Lorber). Italo Vecchi, Londres.
- (2002). Seleucid Coins. A Comprehensive Catalogue. Part 1: Seleucus I through Antiochus III (con C. C. Lorber). American Numismatic Society, Nova York. Tomo 1: ISBN 0-9709268-3-9 / Tomo 2: 0-9709268-4-7
- (2008). Seleucid Coins. A Comprehensive Catalogue. Part 2: Seleucus IV through Antiochus XIII. (con C. C. Lorber e O. Hoover). American Numismatic Society, Nova York. Tomo 1: ISBN 978-0-9802387-0-9 / Tomo 2: ISBN 978-0-9802387-1-6.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arthur Houghton dies; Shore philanthropist". En The Baltimore Sun. 4 de abril de 1990.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 "ANS awards Archer M. Huntington Award 2015 to Arthur A. Houghton". Coins Weekly. 2 de abril de 2015.
- 1 2 3 4 5 6 Smith, P. (2012).
- 1 2 3 4 5 6 "Biography". ArthurHoughton.com
- 1 2 "NS Honored Arthur A. Houghton with 2015 Archer M. Huntington Award Arquivado 21 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
- ↑ "IAPN-Book Prize Arquivado 19 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web de IAPN-AINP.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award Arquivado 02 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
- ↑ "Arthur Houghton Full CV". ArthurHoughton.com
- ↑ "Selected Papers". ArthurHoughton.com
- ↑ "Houghton, Arthur Amory 1940- Arquivado 24 de outubro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Houghton, Arthur 1940-". WorldCat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, P. (2012). "Houghton, Arthur Amery III". En American Numismatic Biographies. Páxina 185.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Discurso de recepción da Medalla Huntington (16 de maio de 2015)
- Texto dunha entrevista feita for C. S. Kennedy (30 de abril de 2001)
| Predecesor: Raymond Henry Norweb Jr. |
Presidente da American Numismatic Society 1994 - 1999 |
Sucesor: Donald G. Patrick |
