Alessia Rovelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alessia Rovelli
Datos persoais
Nacemento1957
LugarInsigne Romanum coronatum.svg Roma
Italia Italia
NacionalidadeItaliana
Actividade
CampoNumismática
Alma máterStemma sapienza.png Universidade de Roma
Contribucións e premios
Premios2013: Jeton de Vermeil (SFN).
editar datos en Wikidata ]

Alessia Rovelli, nada en Roma en 1957, é unha numismática italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alessia Rovelli, nada en Roma en 1957, licenciouse en Historia Medieval na Universidade de Roma La Sapienza, e especializouse na Escola Nacional de Arqueoloxía, adscrita á mesma universidade. Posteriormente doutorouse na Universidade de Florencia.[1]

Rovelli impartiru clases de Numismática Medieval na Universidade de Venecia, de Numismática Antiga na Universidade de Trieste, de Historia Monetaria do Occidente Medieval na Universidade de Roma e de Numismática da Antigüidade Tardía na Escola Italiana de Arqueoloxía de Atenas. Finalmente, accedeu a un posto como profesora asociada de Numismática na Universidade de Tuscia en Viterbo.[1]

Entre 2003 e 2007 participou, xunto con C. Morrison e outros investigadores, nun programa de investigación sobre as emisións de prata da época carolinxia, no seo do Gabinete de Medallas de París e do Centro Ernest babelon (CNRS) de Orleáns.[1]

Entre outras publicacións, Alessia Rovelli formou parte dos comités científicos e de dirección de diversas publicacións periódicas, como a Revue Numismatique, o Journal of Archaeological Numismatics ou os Annali do Istituto Italiano di Numismática.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma das abundantes referencias bibliográficas producidas por Alessia Rovelli ao longo da súa carreira:[3][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Alessia Rovelli. CV". Università di Siena.
  2. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  3. "Rovelli, Alessia 1957-". Digital Library Numis.
  4. "Rovelli, Alessia". WorldCat Identities.
  5. "Alessia Rovelli". Academia.edu