Mark Blackburn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mark Alistair Sinclair Blackburn
Datos persoais
Nacemento5 de xaneiro de 1953
LugarSurrey shield.svg Camberley, Surrey
Flag of England.svg Inglaterra
Falecemento1 de setembro de 2011 (58 anos)
LugarArms of Cambridgeshire County Council.svg Cambridge
Flag of England.svg Inglaterra
NacionalidadeFlag of the United Kingdom.svg Británica
CónxuxeFiona Anne Haigh.
Actividade
CampoNumismática e historia da economía.
Alma máterUniversidade de Oxford.
Contribucións e premios
Coñecido por- Presidente da RNS.
- Conservador do Museo Fitwilliam.
- Profesor na Universidade de Cambridge.
Premios- (1972): Premio Parkes Weber, da RNS.
- (1987) Premio Blunt, da BNS.
- (1991): Jeton de Vermeil, da SFN.
- (2008): Medalla da Royal Numismatic Society.
- (2008): Medalla Sanford Saltus, da BNS.
- (2011): Premio Derek Allen, da AB.
- (2011): Medalla Gunnar Holst.
editar datos en Wikidata ]

Mark Alistair Sinclair Blackburn, nado o 5 de xaneiro de 1953 en Camberley, no condado inglés de Surrey, e finado o 1 de setembro de 2011 en Cambridge, foi un numismático e historiador económico británico, especializado na circulación monetaria nas illas británicas e en Escandinavia entre os séculos XV e XII.[1][2][3][4][5][6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Blackburn cursou o seu ensino secundario na Skinners' School, na localidade de Tunbridge Wells, e cursou estudos superiores na Universidade de Oxford, onde se graduou primeiro en Química e, en 1975, en Xurisprudencia. Traballou durante un tempo como avogado e en 1978 ingresou na compañía de banca comercial Kleinwort Benson.[1][2][3][4][5][6]

Nesa época comezou a destacar como erudito numismático, xunto con outros estudosos desta disciplina xurdidos no Reino Unido a partir da década de 1950, como Michael Dolley, Christopher Blunt, Stewart Lyon ou Michael Metcalf.[2][5]

En 1982 entrou no Gabinete de Moedas e Medallas do Museo Fitzwilliam, da Universidade de Cambridge, como asistente investigador, da man de Philip Grierson, e alí chegou a ocupar o posto de conservador desde 1991 a 2011, levando a institución ao máximo nivel mundial en investigación numismática medieval. Blackburn exerceu tamén como profesor de Numismática e de Historia Monetaria na Universidade de Cambridge entre 2004 e 2011. A partir de 2005 foi membro do Colexio Gonville and Caius, da Universidade de Cambridge.[1][2][3][4][5][6]

Blackburn tomou parte moi activa no proxecto Medieval European Coinage ("Cuñaxes Europeas Medievais"), unha serie de publicacións que catalogan a moeda da Idade Media, editadas por Cambridge University Press en asociación co Museo Fitzwilliam, de Cambridge, que abranguen as cuñaxes de Europa desde ca. 450 ata 1500.[7][8] O proxecto partiu da idea de Philip Grierson, e Blackburn foi o primeiro editor xeral da serie.[9]

Blackburn foi tamén editor xeral do proxecto Sylloge of Coins of the British Isles entre os anos 1980 e 2011.[10]

Presidiu a British Numismatic Society entre os anos 2004 e 2008.[1][2][3][4][5][11]

Blackburn faleceu de cancro de pel o 1 de setembro de 2011 en Cambridge, onde residía xunto coa súa muller, Fiona Anne Haigh, con quen casara en 1980 e coa que tiña tres fillos.[1][2][3][4][5][6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Estes son os recoñecementos máis salientables acadados por Mark Blackburn ao longo da súa traxectoria:[1]

Escolma de publicacións[editar | editar a fonte]

Estas son algunhas das monografías máis salientables de M. A. S. Blackburn:[19]

  • (1981): Viking-age coinage in the northern lands : the sixth Oxford Symposium on Coinage and Monetary History (con D. M. Metcalf). 2 vol. Oxford. British Archaeological Reports. ISBN 9780860541509
  • (1986): Medieval European Coinage: With a Catalogue of the Coins in the Fitzwilliam Museum, Cambridge. The early Middle Ages, 5th-10th centuries (con P. Grierson). Cambridge University Press. ISBN 9780521031776
  • (1998): Kings, currency, and alliances : history and coinage of southern England in the ninth century (con D. N. Dunville). Rechester. Boydell Press. ISBN 9780851155982
  • (2007): Royal Coin Cabinet, Stockholm, Part V: Anglo-Saxon Coins: Edward the Confessor and Harold II, 1042-1066 (con F. Colman). Oxford University Press. ISBN 9780197262337
  • (2011): Viking coinage and currency in the British Isles. Londres. Spink. ISBN 9781907427053

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Blackburn, Mark Alistair Sinclair"'. En Who's Who and Who Was Who . Bloomsbury Publishing. 1920-2016 (versión en liña de Oxford University Press, 2016).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Naismith, R. (2011). "Mark Blackburn obituary". En The Guardian. 29 de setembro de 2011.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Mark Blackburn". En The Daily Telegraph. 25 de outubro de 2011.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Fox, Mark (2011). "Numismatic pioneer dies". En World Coin News. Outubro. Páxinas 4 e 12.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Naismith, R. (2011). "Mark Blackburn, LittD, FSA (1953–2011)". En The British Numismatic Journal. Vol. 81. British Numismatic Society. Páxina 300-303.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Mark Blackburn". En The Times. 30 de setembro de 2011.
  7. "About Medieval European Coinage". No sitio web de Cambridge University Press.
  8. "Medieval European Coinage update (Name in the Book Somewhere III)". En A Corner of Tenth-Century Europe. 21 de outubro de 2018.
  9. "Medieval European Coinage". En The British Academy.
  10. "Sylloge of Coins of the British Isles: Introduction". The Fitzwilliam Museum.
  11. "History: Presidents of the Society". No sitio web da BNS.
  12. "The Parkes Weber Prize". The Royal Numismatic Society.
  13. "Prizes": No sitio web da BNS.
  14. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  15. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  16. "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
  17. "Derek Allen Prize". The British Academy.
  18. "Gunnar Holsts prismedalj 2011". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Sociedade Numismática Sueca. Decembro de 2011. Páxina 188.
  19. "Blackburn, M. A. S.". Worldcat.org