Ermanno Arslan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ermanno Alesio Arslan
Datos persoais
Nacemento15 de agosto de 1940
LugarVerona-Stemma.svg Verona
NacionalidadeFlag of Italy.svg Italiano.
Actividade
CampoNumismática.
Alma máterLogo UNIPV.svg Universidade de Pavía.
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de moeda antiga e medieval.
Premios(1990): Jeton de Vermeil (SFN).
editar datos en Wikidata ]

Ermanno Alesio Arslan, nado o 15 de agosto de 1940 en Verona, é un historiador, arqueólogo e numismático italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de finalizar a súa educación secundaria no instituto Manzoni de Milán en 1959 fixo os seus estudos superiores na Universidade de Pavía, onde tivo como profesor a Guido A. Mansuelli. Nesa universidade graduouse no curso 1962-1963 coa tese titulada Le terme romane. I problemi della distribuzione degli ambienti e della strutturazione degli spazi.[1]

Nos anos seguintes foi axudante voluntario na cátedra de Arqueoloxía da Universidade de Padua e obtivo varias bolsas para perfeccionar a súa formación en Padua e en Milán ata 1973.[1]

Traballou no Museo Romano de Brescia entre 1969 e 1973 e neste último ano foi nomeado conservador das coleccións numismáticas do Museo Arqueolóxico de Milán. Entre 1975 e 2003 foi o director das coleccións numismáticas do Castello Sforzesco, en Milán. Nesta cidade ocupou diversos postos en institucións museísticas e foi tamén director das coleccións municipais a partir de 2003.[1]

Logo do seu retiro en 2005, tamén en Milán, exerceu como profesor na Universidade Libre de Lingua e Comunicación ata 2012, e foi o director do Museo Bagtti Valsecchi entre 2010 e 2011.[1]

Entre outras entidades académicas, comités e sociedades, Arslan foi membro do Consello Internacional de Numismática a partir de 1986, vicepresidente en 1991 e membro honorífico desde 1997. Foi tamén membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán (1979), correspondente estranxeiro da Sociedade Nacional dos Anticuarios de Francia (1990), membro da Real Sociedade Numismática de Londres (2005) e membro permanente da Academia Nacional dos Linces de Roma (2017).[1][2][3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos da traxectoria de Ermanno Alesio Arslan:[5] [6][7][8]

  • (1976). La moneta della Sicilia antica: catalogo delle Civiche raccolte numismatiche di Milano. Comune di Milano.
  • (1978). Le monete di Ostrogoti, Longobardi e Vandali: catalogo delle civiche raccolte numismatiche di Milano. Comune di Milano.
  • (1979). Le civiche raccolte archeologiche di Milano (ed.). Banca Popolare di Milano.
  • (1982). Itinerari archeologici. Lombardia. Newton Compton, Roma.
  • (1989). Monetazione aurea ed argentea dei Brettii. Ennerre, Milán.
  • (1990). I Longobardi (con G. C. Manis). Electa, Milán. ISBN 9788843532100
  • (1991). I Celti (con S. Moscati e D. Vitali). Bompiani, Milán. ISBN 9788845217531
  • (1997). Iside: il mito, il mistero, la magia. Electa, Milán. ISBN 9788843559688
  • (1998). La parola delle immagini e delle forme di scrittura : modi e tecniche della comunicazione nel mondo antico. DiScAM, Mesina. ISBN 9788882680015
  • (2000). Catalogo delle monete bizantine del Museo Provinciale di Catanzaro. Amministrazione Provinciale di Catanzaro.
  • (2003). La collezione numismatica dell'Università di Pavia. Cisalpino, Milán. ISBN 9788832330014
  • (2004). Miti Greci. Archeologia e pittura dalla Magna Grecia al collezionismo (con G Sena Chiesa). Electa, Milán. ISBN 9788837030384
  • (2005). La numismatica antica. Ed. Il Mulino. ISBN 978-8815106841
  • (2005). Repertorio dei ritrovamenti di moneta altomedievale in Italia (489-1002). Centro italiano di studi sull'alto Medioevo. ISBN 9788879883870
  • (2012). La numismatica secondo Vito Capialbi nella Calabria dell'Ottocento (con G. Gargano). Ed. Laruffa. ISBN 978-8872215876

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Arslan, Ermanno A.". En Coins Weekly. 24 de xaneiro de 2018.
  2. "Ermanno A. Arslan elected to Accademia dei Lincei". En Coins Weekly. 27 de setembro de 2017.
  3. "Ermanno A. Arslan elected to the Accademia dei Lincei (June 2017) ". INC News. International Numismatic Council.
  4. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  5. "Arslan, Ermanno Alesio". Persee.fr
  6. "Arslan, Ermanno A. 1940-". Digital Library Numis.
  7. "Ermanno Arslan". Academia.edu
  8. "Arslan, Ermanno A.". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]