Saltar ao contido

Olivier Picard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOlivier Picard
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1940
Bernay Editar o valor en Wikidata
Morte1 de setembro de 2023 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Thasos Editar o valor en Wikidata
Q131617297 Traducir
2023 – 2023
← Hélène Carrère d'Encausse – Alain Fischer →
Presidente Academia de Inscricións e Linguas Antigas
2023 –
← Henri Lavagne – Yves-Marie Bercé →
Director da Casa das ciencias do Home Mondes
1996 – 1999 – Pierre Rouillard →
Director da Escola Francesa de Atenas
1981 – 1992
← Pierre Amandry – Roland Étienne → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancesa.
EducaciónEscola Normal Superior de París.
Q89547790Estudos helenísticos.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía.
Ocupaciónprofesor universitario (1971–2007), arqueólogo, helenista, numismático, investigador posdoutoral Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversité Paris-Sorbonne, profesor universitario en Francia (1993–)
École française d'Athènes, director (1981–1992)
Universidade de Paris X - Nanterre (pt) Traducir, assistant professor (en) Traducir, docente (1971–1993) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoMarie-Christine Marcellesi (pt) Traducir, Guy Meyer (en) Traducir, Gilles Gorre, Évangéline Markou (pt) Traducir, Julien Fournier (pt) Traducir e Amélie Perrier Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisGilbert Charles-Picard Editar o valor en Wikidata  e Colette Picard Editar o valor en Wikidata
Premios
(2013): Medalla Huntington (ANS).

Olivier Picard, nado o 4 de marzo de 1940 en Bernay (Normandía) e finado o 1 de setembro de 2023 en Thasos (Grecia), foi un historiador, arqueólogo e numismático francés especializado na Antiga Grecia.[1]

Picard foi director da Escola Francesa de Atenas e foi membro da Académie des inscriptions et belles-lettres.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Olivier Picard naceu na vila normanda de Bernay o 4 de marzo de 1940, sendo o maior dos fillos dos historiadores e arqueólogos Gilbert Charles-Picard e de Colette Durand, e neto do helenista Charles Picard. Graduouse en educación secundaria en 1957 no instituto Fustel de Coulanges, en Estrasburgo.[2]

Picard formouse na École normale supérieure (1960) e acadou a agregación para a docencia da historia no ensino secundario en 1964. No período 1966-1971 foi membro da Escola Francesa de Atenas.[1] En 1976 acadou o seu doutoramento cunha tese titulada Chalcis et la Confédération eubéenne.[2]

Comezou a docencia universitaria como profesor axudante na Universidade de París-Nanterre (París X) en 1971, e xa como profesor titular entre 1979 e 1992.[1][2]

Entre 1981 e 1992 dirixiu a Escola Francesa de Atenas e logo regresou durante un ano o seu posto na Universidade de París-Nanterre.[3] Finalmente, en 1993 foi nomeado profesor da Universidade de París Sorbona (París IV), na que desde 2004 dirixiu a escola de doutoramento "Mundos antigos e medievais".[1][2]

Como arqueólogo, participou nas escavacións de Thasos et Lato.[1] Entre 1996 e 1999 dirixiu a Maison Archéologie & Ethnologie René-Ginouvès, establecida no campus da Universidade París-Nasterre. Así mesmo, Picard presidiu a Asociación de Estudos gregos (1997-1998), de cuxa revista Revue des Études grecques foi nomeado director en 2000.[1][2]

Entre 1995 e 1997 foi o presidente da Sociedade Francesa de Numismática.[4][5] Tamén codirixiu a revista desta sociedade, Revue numismatique, desde 1997 ata 2014.[1][2][6]

No verán de 1999 foi o profesor encargado do seminario estival da American Numismatic Society.[1][2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Olivier Picard foi elixido membro da Académie des inscriptions et belles-lettres, de París, en 2001. No seu país tamén foi recoñecido como cabaleiro da Lexión de Honor, oficial da Orde nacional do Mérito e comendador da Orde das Palmas Académicas.[1][2]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Picard foi autor dun bo número de artigos publicados en diferentes revistas especializadas, así como de máis dunah ducia de traballos monográficos:[9][10][11][12][13]

Monografías

[editar | editar a fonte]
  • (1971). Collection Hélène Stathatos. Bd. IV, 1: Bijoux et petits objets
  • (1979). Chalcis et la confédération eubéenne. Étude de numismatique et d’histoire. École Française d'Athènes, Atenas.
  • (1980). Les Grecs devant la menace perse. Société d'édition d'enseignement supérieur, París. ISBN 9782718118192
  • (1981). Catalogue de la donation Henry Vernin. Monnaies grecques (con G. Reynaud). Archives de la ville de Marseille, Cabinet des médailles, Marsella.
  • (1992). La redécouverte de Delphes. École française d'Athènes, Atenas. ISBN 9782869580503
  • (2000). Guerre et économie dans l’alliance athénienne (490-322 av. J.-C.). Société d'édition d'enseignement supérieur, París. ISBN 9782718192918
  • (2003). Royaumes et cités hellénistiques de 323 à 55 av. J.-C. Société d'édition d'enseignement supérieur, París. ISBN 9782718194509
  • (2005). L’exception égyptienne? Production et échanges monétaires en Égypte hellénistique et romaine (con F. Duyrat). Institut français d'archéologie orientale, O Cairo. ISBN 9782724704105
  • (2007). Monnaies de Bronze de Marseille, Analyse, classement, politique monétaire (con J. N. Barrandon). Centre national de la recherche scientifique, París. ISBN 9782271064950
  • (2008). Économies et sociétés en Grèce ancienne (478-88 av. J.-C.): oikonomia et économie (con M. Brunet). Société d'édition d'enseignement supérieur, París. ISBN 9782301000040
  • (2011). Nomisma, La circulation monétaire dans le monde grec antique (con Th. Faucher, M. C. Marcellesi). École Française d'Athènes, Atenas. ISBN 9782869582248
  • (2012). Les monnaies des fouilles du Centre d’Études alexandrines, Les monnayages de bronze à Alexandrie de la conquête d’Alexandre à l’Égypte moderne. Centre d'études alexandrines, París. ISBN 9782111286160
  • (2017). The Hellenistic harbour of Amathus : underwater excavations, 1984-1986 (con J. Y. Empereur et al.). École française d'Athènes, Atenas. ISBN 9782869584464
  • (2019). Thasos: heurs et malheurs d'un Eldorado antique (con M. Brunet et al.). Ecole française d'Athènes, Atenas. ISBN 9782708410473
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 "Picard, Olivier". Académie des inscriptions et belles-lettres.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 "Curriculum Vitae: Olivier Picard". Academia.edu
  3. ↑ "1981-1992. Direction O. Picard". École française d'Athènes.
  4. ↑ "Les présidents de la SFN depuis 1965". En Bulletin de la Société Française de Numismatique. Decembro de 2014. Nº 10. Páxinas 313-314.
  5. ↑ "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.
  6. ↑ "Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. "La Revue Numismatique a 150 ans"". En Revue Numismatique. 1986. Páxinas 7-50 (para anos posteriores cómpre examinar cada número concreto da revista a través de Persée).
  7. ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award Arquivado 02 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
  8. ↑ "2012 and 2013 Huntington Awards for excellence in numismatic scholarship". Coins Weekly. 28 de marzo de 2013.
  9. ↑ "Bibliographie. Olivier Picard". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. Febreiro de 2014.
  10. ↑ "Digital Library Numis Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  11. ↑ "Picard, Olivier (1940-)". Persee.fr
  12. ↑ "Picard, Olivier". WorldCat Identities.
  13. ↑ "Olivier Picard". Academia.edu

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Sylvie de Turckheim-Pey
Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática

1995-1997
Sucesor:
Jean Hiernard