George MacDonald (numismático)
- Para o escritor escocés chamado igual, véxase a páxina de homónimos George MacDonald (escritor)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xaneiro de 1862 Elgin, Reino Unido ![]() |
Morte | 9 de agosto de 1940 (78 anos)![]() ![]() ![]() |
15º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
1935 – 1936 ← Percy H. Webb – Percy H. Webb → ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica. |
Educación | Universidade de Edimburgo Universidade de Oxford. |
Q89547790 | - Estudos de moeda grega e romana. - Estudos da Muralla de Antonino. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía. |
Ocupación | antropólogo, numismático, arqueólogo, profesor universitario ![]() |
Empregador | Universidade de Glasgow ![]() |
Membro de | |
Influencias en | |
Familia | |
Cónxuxe | Margaret Tannahill Younger (1897). ![]() |
Premios | |
- (1913) Medalla da RNS. - (1925) Medalla Huntington de ANS. | |
George MacDonald, nado o 30 de xaneiro de 1862 en Elgin, Escocia, e finado o 9 de agosto de 1940 en Edimburgo, foi un numismático e arqueólogo británico, especialista en moeda grega e romana, e na Muralla de Antonino.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]George era fillo de James MacDonald, epigrafista, arqueólogo e mestre na escola de Elgin, e de Margaret Raff.[2][3] Cando o seu pai foi trasladado á escola de Ayr desprazouse toda a familia e alí foi onde George recibiu a súa educación primaria.[3][4]
Na súa xuventude formouse en Alemaña e en Francia, e despois na Universidade de Edimburgo e no Balliol College, da Universidade de Oxford, onde se graduou cun mestrado en 1887.[3][4]
Logo dos seus estudos universitarios, foi profesor de Cultura Clásica na Kelvinside Academy, de Glasgow, e en 1892 comezou a impartir clases de lingua grega na Universidade de Glasgow, como axudante de Gilbert Murray.[3][4]
Na mesma cidade, entre 1892 e 1904 encargouse da catalogación da colección de moeda grega do Museo Hunterian, que en agradecemento o nomeou en 1905 conservador nonorario a título vitalicio.[4]
MacDonald participou en escavacións arqueolóxicas desde 1902, a partir da que tivo lugar no forte romano en Bar Hill, na Muralla de Antonino.[5] Nos seus traballos de campo e nas escavacións caracterizouse por empregar metodoloxía e equipamentos científicos que achegaron novas descubertas á historia británica da época romana.[6] A súa obra The Roman Wall in Scotland (1911, revisada en 1934)[7] resultou moi relevante por reunir nun único volume todos os sitios arqueolóxicos daquela coñecidos na zona.[4][8]
En 1904 MacDonald abandonou o mundo académico para asumir inicialmente o posto de subsecretario do Departamento de Educación de Escocia, e en 1922 foi ascendido a secretario.[4] Entre os seus logros neste terreo destaca por establecer o Leaving Certificate Examination (unha certificación da educación secundaria) e por introducir en Escocia o primeiro plan de xubilación para profesores.[3]
George MacDonald retirouse en 1928.[9] Na súa honra, en 1932 publicouse un volume especial do Journal of Roman Studies (22).[3]

Ao longo da súa carreira, MacDonald formou parte de diversas institucións, en ocasións en postos de responsabilidade, entre elas a Real Sociedade de Edimburgo.[9] No período 1921-1926 presidiu a Sociedade para a Promoción de Estudos Romanos, e entre 1935 e 1936 a Royal Numismatic Society. De 1927 a 1930 formou parte da Comisión Real de Museos e Galerías Nacionais. Tamén presidiu a Comisión Real de Monumentos Artísticos e Históricos de Escocia, desde 1934 ata o seu pasamento. De 1933 a 1940 foi o presidente da Sociedade de Anticuarios de Escocia.[3][4]
No relativo á súa vida familiar, casou en 1897 con Margaret Tannahill Younger (1857-1951), con quen tivo tres fillos: George Henry (1899-1899), Isabel Margaret (1900-1927) e James (1902-1960).[2]
Macdonald morreu en Edimburgo o 9 de agosto de 1940, e foi soterrado, xunto coa súa familia, na extensión feita no século XX no cemiterio Dean en Queensferry Road, no oeste da cidade.[3] Legou á biblioteca da Universidade de Edimburgo arredor de 200 libros sobre arqueoloxía clásica.[10]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1905): Conservador honorario do Museo Hunterian, de Glasgow.[4]
- (1907): Premio Allier de Hauteroche, da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, de París.[3]
- (1913). Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[11]
- (1925): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.[12]
- (1927): Cabaleiro comendador da Orde do Baño.[4]
Ademais, MacDondald foi nomeado doutor honoris causa polas universidades de Oxford, de Cambridge, de Glasgow e de Edimburgo.[4]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Monografías
[editar | editar a fonte]- (1899). Catalogue of Greek Coins in the Hunterian Collection. Volume I. University of Glasgow.
- (1901). Catalogue of Greek Coins in the Hunterian Collection. Volume II. University of Glasgow.
- (1905). Catalogue of Greek Coins in the Hunterian Collection. Volume III. University of Glasgow.
- (1905). Coin Types: Their Origin and Development. University of Glasgow.
- (1906). The Roman Forts on the Bar Hill (con A. Park). University of Glasgow.
- (1911). The Roman Wall in Scotland. University of Glasgow. [Edición revisada en 1934].
- (1916). The evolution of coinage. Cambridge University Press.
- (1920). The silver coinage of Crete: a metrological note. British Academy, Londres.
Escolma de artigos
[editar | editar a fonte]- (1899). "The amphora letters on coins of Athens". En Numismatic Chronicle. 3ª serie. 19. Páxinas 288-321.
- (1903). "Early Seleucid portraits (I)". En Journal of Hellenic Studies. 23. Páxinas 92-116.
- (1907). "Early Seleucid portraits (II)". En Journal of Hellenic Studies. 27. Páxinas 145-159.
- (1912). "Seltene und unedirte Seleukidenmünzen". En Zeitschrift für Numismatik. 29. Páxinas 89-106.
- (1918). "Roman coins found in Scotland (I)". En Proceedings of the Society of Antiquaries of Scotland. 52. Páxinas 203-276.
- (1924). "Roman coins found in Scotland (II)". En Proceedings of the Society of Antiquaries of Scotland. 58. Páxinas 325-329.
- (1934). "Roman coins found in Scotland (III)". En Proceedings of the Society of Antiquaries of Scotland. 68. Páxinas 27-40.
- (1939). "Roman coins found in Scotland (IV)". En Proceedings of the Society of Antiquaries of Scotland. 73. Páxinas 241-272.
- (1939). "The building of the Antonine Wall: a fresh study of the inscriptions". En Journal of Roman Studies. 11. Páxinas 1-24.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maxwell, G. S. (1997). "Obituary: Professor Anne Robertson". En Independent. 15 de novembro.
- ↑ 2,0 2,1 "George MacDonald". Ancestry.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 "Macdonald, Sir George (1862-1940)". En Oxford Dictionary of National Biography.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 Russel, J. (2006) Arquivado 18 de febreiro de 2021 en Wayback Machine..
- ↑ Véxase (1906) en "Bibliografía. Monografías".
- ↑ Breeze, D. J. (2006). The Antonine Wall. John Donald. ISBN 9780859766555
- ↑ Véxase (1911) en "Bibliografía. Monografías".
- ↑ "The Wall After the Romans". The Antonine Wall.
- ↑ 9,0 9,1 Biographical Index of Former Fellows of the Royal Society of Edinburgh 1783-2002. Part two Arquivado 23 de setembro de 2017 en Wayback Machine.. The Royal Society of Edinburgh. 2006. Páxina 573. ISBN 0 902 198 84 X
- ↑ "George Macdonald". The University of Edinburgh.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Anderson, J. G. C. (1940). "Sir George Macdonald: a bibliographical supplement". En Journal of Roman Studies. 30. Páxinas 129-132.
- Curle, A. O. (1940). "Sir George Macdonald, K.C.B., 1862-1940: A Memoir". En Proceedings of the Society of Antiquaries of Scotland. 74. Páxinas 123-132.
- Curle, A. O. (1941). "Sir George Macdonald, 1862-1940". En Proceedings of the British Academy. 27. Páxinas 433-451.
- Richmond, I. A. (1941). "Sir George Macdonald". En Archaeologia Aeliana. 4ª serie. 19- Páxinas 177-187.
- Russel, J. (2006). "Les grans numismates: George Macdonald (1862-1940; Kt 1927) Arquivado 18 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". En Compte rendu 53. International Numismatic Council. Páxinas 27-29.
Predecesor: Percy H. Webb |
![]() Presidente da Royal Numismatic Society 1935 - 1936 |
Sucesor: Percy H. Webb |
- Nados en 1862
- Nados en Escocia
- Finados en 1940
- Numismáticos do Reino Unido
- Arqueólogos do Reino Unido
- Presidentes da Royal Numismatic Society
- Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society
- Galardoados coa medalla Huntington
- Membros da Academia Británica
- Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán
- Alumnos da Universidade de Edimburgo
- Alumnos da Universidade de Oxford
- Profesores da Universidade de Glasgow
- Doutores honoris causa pola Universidade de Cambridge
- Doutores honoris causa pola Universidade de Oxford
- Doutores honoris causa pola Universidade de Glasgow
- Doutores honoris causa pola Universidade de Edimburgo