Marion Archibald

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marion MacCallum Archibald
-Marion Archibald-
Datos persoais
Nacemento1935
Falecemento23 de abril de 2016 (81 anos)
NacionalidadeFlag of the United Kingdom.svg Británica
Actividade
CampoNumismática
Contribucións e premios
Coñecida porEstudos de numismática anglosaxoa.
Premios- 1980: Medalla de Ouro Sanford Saltus, da BNS.
- 1988: Jeton de Vermeil da Sociedade Francesa de Numismática
- 2011: Medalla da RNS.
editar datos en Wikidata ]

Marion MacCallum Archibald, nada en 1935 e finada o 23 de abril de 2016, foi unha numismática británica que exerceu durante 33 anos como conservadora no Museo Británico. Archibald foi a primeira muller conservadora auxiliar do Departamento de Moedas e Medallas, e estaba especializada nos estudos da numismática anglosaxoa.[1][2]

O seu 70 aniversario celebrouse coa publicación dun libro composto por contribucións de 30 dos seus colegas, colaboradores e antigos estudantes.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marion Archibald iniciou a súa carreira no eido da numismática en 1958, no Museo e Galería de Arte de Birmingham.[4]

En 1963 ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, onde foi nomeada conservadora auxiliar en 1965, posto que non abandonou ata o seu retiro en 1997.[2]

Alén da súa especialización no estudo das moedas anglosaxoas e dos seus sistemas monetarios, os seus intereses estendéronse aos cuños, os ponderais monetarios, as cuñaxes de proba e outros obxectos relacionados coa moeda. Traballou para avanzar na análise científica de moedas e, como membro do comité científico da Royal Numismatic Society, organizou unha conferencia e foi coautora dun texto acerca da aplicación da metalurxia nos estudos de numismática.[1][4]

As súas responsabilidades no Museo Británico abrangueron tamén a procura de achados monetarios e de tesouros en escavacións, o que lle serviu de tema para unha extensa produción de artigos, notas e informes. Archibald foi pioneira no rexistro sistemático dos achados, así como na aplicación dos coñecementos de historia da circulación monetaria para as datacións nas escavacións. Desde unha perspectiva máis xeral, traballou para integrar os estudos dos sistemas monetarios na arqueoloxía e na investigación histórica, en beneficio de todas estas disciplinas.[1][4]

Durante o período en que Archibald foi secretaria do Comité Investigador da Royal Numismatic Society, entre 1976 e 1997, a institución publicou tres volumes sobre metalurxia en numismática co título Metallurgy in Numismatics; o primeiro en 1980, o segundo en 1988 e o terceiro en 1993.[5] En 1998 publicouse un cuarto volume dedicado a Archibald salientando o seu traballo como secretaria, o seu labor na edición do terceiro volume e a súa organización de simposios en paralelo á publicación dos tres primeiros volumes da serie.[6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa carreira, Archibald formou parte dos consellos directivos da Royal Numismatic Society e da British Numismatic Society, e ambas as institucións nomeárona como membro de honra, a primeira delas en 1996. Tamén foi elixida membro da Sociedade de Antiquarios de Londres en 1974. Entre 1986 e 1991exerceu o cargo de presidenta da Asociación Británica de Sociedades Numismáticas, unha institución que promove anualmente unha conferencia na memoria de Marion Archibald.[1][4][7]

En recoñecemento do seu traballo no eido da numismática, Archibald foi recoñecida tamén coa Medalla do Ouro Sanford Saltus, da Sociedade Británica de Numismática, en 1980, co Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática, en 1988, e a Medalla da Royal Numismatic Society, en 2011.[1][4]

O septuaxésimo aniversario de Archibald foi celebrado coa publicación dun libro de ensaios titulado Coinage and History in the North Sea World, c. AD 500-1250: Essays in Honour of Marion Archibald, que integraba colaboracións e estudos monetarios, arqueolóicos e históricos de 30 dos seus colegas, colaboradores e antigos estudantes.[3]

Publicacións e exposicións[editar | editar a fonte]

Marion Archibald foi coautora de tres libros, e publicou 21 artigos longos e capítulos de libros, así como numerosos artigos curtos, notas e informes arqueolóxicos. Tamén contribuíu á redacción e á produción de catálogos para cinco exposicións.[1][4]

Libros[editar | editar a fonte]

Exposicións[editar | editar a fonte]

Estas son as exposicións máis salientables nas que colaboru Marion Archibald.[8]

  • The Vikings (1980).
  • English Romanesque Art 1066-1200 (1984)
  • The Golden Age of Anglo-Saxon Art 966-1066 (1984).
  • The Making of England (1991).
  • Heirs of Rome: the shaping of Britain AD 400-900 (1997).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Marion Archibald, former curator at the British Museum, dies at age 80". Consello Internacional de Numismática. 9 de novembro de 2016.
  2. 2,0 2,1 "Miss Marion Archibald (Biographical details)". The British Museum.
  3. 3,0 3,1 Cook, B.; Williams, G. (redactores). (2005).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Cook, B.; Williams, G. (redactores). (2005). Páxinas 1-7.
  5. Royal Numismatic Society. Metallurgy in Numismatics. Special Publications. Vol. 1 (1980): ISBN 978-0901405142. Vol. 2 (1988): ISBN 9780901405388. Vol. 3. (1993): ISBN 9780901405296
  6. Metcalf, D. M.; Oddy, W. A. (eds.). (1998). Metallurgy in Numismatics. Vol. 4. Royal Numismatic Society. Special Publication. ISBN 9780901405388
  7. "What else does BANS do?". British Association of Numismatic Societies.
  8. Cook, B.; Williams, G. (redactores). (2005). Páxina 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]