Jørgen Steen Jensen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJørgen Steen Jensen
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1938
Conservador Colección Real de Moedas e Medallas de Dinamarca
1966 –
Director de museo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Dinamarquesa.
EducaciónUniversidade de Copenhague
Coñecido porEstudos de numismática medieval dinamarquesa.
Actividade
Campo de traballoNumismática, historiografía e museoloxía.
Ocupaciónhistoriador , numismático , conservador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseu Nacional da Dinamarca (pt) Traducir (1958–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua dinamarquesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeInge Lise Pedersen
Premios
- (1990): Medalla Elias Brenner (SNF).
- (1997): Medalla da RNS.


Jørgen Steen Jensen, nado o 1 de novembro de 1938, é un historiador, numismático e museólogo dinamarqués.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jørgen Steen Jensen iniciou en 1957 os seus estudos de Historia na Universidade de Copenhague.[3]

Ingresou no Museo Nacional de Dinamarca, en Copenhague, en 1958. En 1966 acadou o posto de conservador da Colección Real de Moedas e Medallas e en 1983 sucedeu a Otto Mørkholm como conservador xefe e director dese gabinete numismático, ata a súa xubilación en 2007.[1][2]

É autor de varios libros fundamentalmente sobre numismática dinamarquesa da Idade Media e en 1978 foi editor de Nordisk Numismatisk Årsskrift, a revista da Unión Numismática Nórdica, cargo que exerceu ata 2002.

En 1980 foi nomeado membro da Real Sociedade Dinamarquesa para a Historia da Patria, e foi secretario desta entidade entre 1995 e 2000.[4] En 2001 foi elixido membro da Real Academia Danesa de Ciencias e Letras.[5] Así mesmo, é membro honorífico do Consello Internacional de Numismática.[3]

Jørgen Steen Jensen está casado desde 1971 con Inge Lise Pedersen, unha lingüista da Universidade de Copenhague especializada en dialectoloxía dinamarquesa.[6]

En 1998, a Unión Numismática Nórdica publicou un libro en homenaxe a Jørgen Steen Jensen co gallo do 60 aniversario, promovido por Jens Christian Moesgaard e Preben Nielsen.[7] Co mesmo motivo, a Sociedade Numismática Danesa emitiu unha medalla conmemorativa.[1]

Un novo libro homenaxe foi publicado en 2007 con motivo do seu retiro da Colección Real de Moedas e Medallas de Dinamarca.[8]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables de Jørgen Steen Jensen ao longo da súa traxectoria académica:[11][12][13]

  • (1971). Hertug Hans den Yngre: en biografi, katalog over mønter og fortegnelse over møntfund. Historisk Samfund for Als og Sundeved, Sønderborg. ISBN 9788798020219
  • (1975). Sylloge of coins of the British Isles. 22: Royal collection of coins and medals, National Museum Copenhagen. Part 5: Hiberno-Norse and Anglo-Irish Coins (con G. Galster e M. Dolley). Oxford University Press. ISBN 9780197259498
  • (1979). Medaljen över Jan Baptist Tęczyński och Cecilia Vasa: ett stycke 1500-talshistoria. Numismatiska litteratursällsk, Goteburgo. ISBN 9789197005289
  • (1981). Den Kongelige mønt- og medaillesamling, 1781-1981. Nationalmuseet, Copenhague. ISBN 9788748002906
  • (1985). Møntsamlere og forskere : Dansk numismatisk forening 1885-1985. Dansk numismatisk forening. ISBN 9788788385014
  • (1992). Danmarks middelalderlige skattefund c.1050-c.1550 / Denmark's mediaeval treasure-hoards c.1050-c.1550. Det Kongelige Nordiske Oldskriftselskab, Copenhague. ISBN 9788787483230
  • (1995). Tusindtallets danske mønter fra den Kongelige mont- og medaillesamling / Danish coins from the 11th century in the Royal Collection of Coins and Medals. Nationalmuseet, Copenhague. ISBN 9788716120113
  • (2000). Christian VIII & the National Museum (con B. B. Rasmussen). National Museum of Denmark, Copenhague. ISBN 9788789438054
  • (2005). The great numismatic collections on the Baltic : from coin collections of the sovereigns to national research institutions. Polytechnical University, San Petersburgo. ISBN 9785742209720
  • (2011). Biografier: Danmarks Middelalder og Renæssance ; inspektører og redaktører 1838-2010. Nationalmuseet, Copenhague. ISBN 9788776021641

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Jørgen Steen Jensen (f. 1938)". Danskmoent.dk
  2. 2,0 2,1 "Jørgen Steen Jensen". Lex.dk
  3. 3,0 3,1 "Penge på hjernen. Historikeren Jørgen Steen Jensen, der fylder 75 år 1. november, ved mere om kroner og øre end de fleste". En Berlingske. 6 de decembro de 2020.
  4. "Indenlandske medlemmer Arquivado 20 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". Det Kongelige Danske Selskab for Fædrelandets Historie.
  5. "Royal Academy". Det Kongelige Danske Videnskabernes Selskab.
  6. "Inge Lise Pedersen (1939-)". Dansk kvindebiografisk leksikon.
  7. "Moesgaard, Jens Christian og Nielsen, Preben (red): Ord med mening. Festskrift til Jørgen Steen Jensen, København 1998". Danskmoent.dk
  8. M. Anderson (2007) (ed.). Magister Monetae Studies in Honour of Jorgen Steen Jensen. National Museum. ISBN 9788776020828
  9. "SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen.
  10. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  11. "Jensen, Jørgen Steen". Regesta Imperii.
  12. "Jensen, Jørgen Steen". WorldCat Identities.
  13. "Steen Jensen, Jørgen 1938- Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Krmnicek, S. (2014). "Mørkholm, Otto Arquivado 02 de agosto de 2017 en Wayback Machine.". En Brill’s New Pauly Supplements I - Volume 6 : History of classical Scholarship - A Biographical Dictionary. ISBN 978-3-476-02033-8
  • Le Rider, G.; Jenkins, K. et al. (1989). Kraay-Mørkholm essays. Numismatic studies in memory of C. M. Kraay and O. Mørkholm. Institut Supérieur d'Archéologie et d'Histoire de l'Art, Louvain-La-Neuve.
  • Santamas, M. L. (1983). "Otto Mørkholm, 1930-1983 : in memoriam". En Cyprus Numismatic Society Numismatic Report. Vol. 14. Páxinas 7-10.
  • Skaare, K. (1983). "Otto Mørkholm, 28.VII.1930-16.VII.1983". En Compte rendu 30. Commission internationale de numismatique. Páxinas 23-24.
  • Thompson, M. (1983). "Otto Mørkholm, 1980-1983". En ANS Newsletter. American Numismatic Society. Páxina 3.