Frank Berger
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 Wipperfürth, Alemaña |
País de nacionalidade | Alemán |
Educación | Universidade de Hannover. |
Q89547790 | Estudos de moeda romana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Lugar de traballo | Hannover Frankfurt |
Ocupación | historiador, conservador, numismático |
Membro de | |
Premios | |
2007: Premio da GIG. |
Frank Berger, nado en Wipperfürth en 1957, é un historiador e numismático alemán especializado na moeda da Antiga Roma.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras concluír o bacharelato en 1976 nun instituto da súa cidade natal, Frank Berger cursou estudos superiores de Historia e de Filoloxía Alemá e Arqueoloxía entre 1977 e 1984 en Muenster e Bochum. Posteriormente acadou o seu doutoramento pola Universidade de Hannover en 1990.[1]
Logo da súa etapa formativa, traballou na Comisión Arqueolóxica da Baixa Saxonia, en Hannover, entre 1984 e 1985. Este último ano formou parte do grupo de fundadores da Sociedade Konrad Baye. De 1985 a 1997 traballou como colaborador científico no Museo Kestner de Hannover, e a partir dese último ano pasou a ocupar o cargo de conservador do Museo Histórico de Frankfurtrt,[1][2] como responsable do seu gabinete de moedas, armas e armaduras, tecnoloxía, maquetas e dioramas.
Paralelamente, desde 1992 Berger, exerceu a docencia nas universidades de Hannover, de Osnabrück, de Frankfurt e de Marburgo.
Berger ten publicacións diversas no campo da numismática; é membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán desde 2005,[3] e tamén forma parte da Comisión Numismática dos Estados Alemáns.[1][4] O seu principal campo de investigación é a moeda da Antiga Roma, e focaliza a súa atención na datación de moedas romanas procedentes de batallas romano-xermánicas, como a de Harzhorn e a de Varo.[5][6]
Outro dos seus ámbitos de interese son as investigacións sobre as rexións polares, e forma parte da Associazione Viaggi Polari.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma das monografías máis salientables publicadas ao longo da traxectoria académica de Frank Berger:[8][9]
- (1988). Die Fundmünzen der römischen Zeit in Deutschland: Osnabrück, Aurich, Oldenburg (con C. Stoess). Berlín. ISBN 3-7861-1550-8
- (1988). Die Fundmünzen der römischen Zeit in Deutschland: Hannover, Lüneburg, Braunschweig, Hildesheim, Stade, Bremen. Berlín. ISBN 3-7861-1551-6
- (1989). Die Münzen der Römischen Republik im Kestner-Museum Hannover. Hannover. ISBN 3-924029-12-1
- (1989). Der Münzfund von Bevern (Um 1460) (con Helmut Reitz). Bremervörde.
- (1991). Die antiken Goldmünzen im Kestner-Museum Hannover. Hannover. ISBN 3-924029-15-6
- (1992). Untersuchungen zu römerzeitlichen Münzfunden in Nordwestdeutschland. Mann, Berlín. ISBN 3-7861-1675-X
- (1993). Die mittelalterlichen Brakteaten im Kestner-Museum Hannover. Hannover. ISBN 3-924029-21-0
- (1998). Die römischen Fundmünzen: Text und Tafeln. Darmstadt. ISBN 3-8053-1917-7
- (1998). Geld ohne Grenzen. Frankfurt. ISBN 3-89282-032-5
- (2001). 12 werden eins: Ein Geld für Europa. Frankfurt. ISBN 3-89282-041-4
- (2007). Frankfurt und der Nordpol: Forscher und Entdecker im ewigen Eis. Petersberg. ISBN 978-3-86568-285-7
- (2008). Carl Weyprecht (1838–1881): Seeheld, Polarforscher, Geophysiker. Viena. ISBN 978-3-7001-4019-1
- (2010). Eduard Ritter von Orel (1841-1892) und die österreichisch-ungarische Nordpolar-Expedition mit seinem Rückzugstagebuch von 1874 (con E. Mazzoli). Trieste. ISBN 978-88-96940-38-9
- (2011). 101 Unorte in Frankfurt am Main (con C. Setzepfandt). Frankfurt. ISBN 978-3-7973-1248-8
- (2014). Triest und der Nordpol. Die Berichterstattung der Triester Zeitungen über die österreichisch-ungarische Nordpolarexpedition von 1872/1874 mit den Expeditionstagebüchern eines Matrosen (Bootsmann Pietro Lusina) und des Maschinisten Josef Pospischil (con Enrico Mazzoli). Trieste. ISBN 978-88-6803-083-4
- (2015). Julius Payer. Die unerforschte Welt der Berge und des Eises. Bergpionier, Polarfahrer, Historienmaler. Innsbruck/Viena. ISBN 978-3-7022-3441-6
- (2015). Alla Scoperta di mondi glaciali. Julius Payer, ritratto di alpinista, viaggiatore polare e pittore (con Riccardo Decarli). Lecco. ISBN 9788899340001
- (2016). 101 Geldorte in Frankfurt. Frankfurt. ISBN 978-3-95542-186-1
- (2020). 101 Männerorte in Frankfurt (con C. Setzepfandt e J. Zwilling). Frankfurt. ISBN 978-3-95542-095-6
- (2020). Das Geld der Dichter in Goethezeit und Romantik. ISBN 978-3-7374-0486-0
- (2020). Frankfurt und Umgebung auf historischen Karten (con S. Hynek et al.). Frankfurt. ISBN 978-3-95542-390-2
- (2021). Wipperfürth, Hückeswagen und Radevormwald auf historischen Karten. Remscheid. ISBN 978-3-9684-7023-8
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Frank Berger". Associazione Viaggi Polari (Viaggipolari.it).
- ↑ "Das Historische Museum Frankfort. Ein rundgang mit Franl Berger". En Münzen Woche. 20 de decembro de 2017.
- ↑ "Members of the DAI". Deutsches Archäologisches Institut (Dainst.org).
- ↑ "Mitglieder: Dr. Frank Berger". Numismatische Kommission der Länder (Numismatische-kommission.de).
- ↑ "Das römisch-germanische Schlachtfeld vom Harzhorn". Niedersächsischen Ministeriums für Wissenschaft und Kultur. 25 de agosto de 2010
- ↑ "Münzen verraten den Zeitpunkt der Schlacht". En Stern.de. 17de abril de 2009.
- ↑ "Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte". www.gig-geldgeschichte.de.
- ↑ "Dr. Frank Berger, Frankfurt: Publikationen". Numismatische Kommission der Länder e.V. (Numismatische-kommission.de).
- ↑ "Frank Berger (*1957). Schriftenverzeichnis". Coingallery.de