Saltar ao contido

Willy Schwabacher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWilly Schwabacher
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1897.
Frankfurt, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte30 de agosto de 1972 (75 anos).
Estocolmo.
Suecia Suecia
País de nacionalidadeAlemá e sueca (desde 1954).
RelixiónXudaísmo.
Educación Universidade de Múnic.
Director de tesePaul Wolters Editar o valor en Wikidata
Q89547790Estudos de numsimática grega.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía.
Ocupaciónnumismático, tradutor, arqueólogo clásico, profesor universitario, conservador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Estocolmo, docente (1952–)
Museu Nacional da Dinamarca (pt) Traducir, numismático (1939–1943)
Austrian Archaeological Institute at Athens (en) Traducir (1935–1938)
Deutsches Archäologisches Institut Athen, arqueólogo (1933–1935) Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresPaul Wolters Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnnemarie Rosenbaum Schoenlank (1952). Editar o valor en Wikidata
ParentesAdolph E. Cahn, avó
Herbert A. Cahn, curmán entregue
Erich B. Cahn, curmán entregue
Michael Rossmann, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios
- (1963): Medalla da Royal Numismatic Society (RNS).
- (1967): Medalla Huntington (ANS).

Descrito pola fonteThe New Pauly (en) Traducir, (vol:Supplementband 6, 2012, sec:Schwabacher, Willy) Editar o valor en Wikidata

Wilhelm Heinrich Schwabacher, nado o 22 de xullo de 1897 en Frankfurt e finado o 30 de agosto de 1972 en Estocolmo, foi un numismático e arqueólogo xermano-sueco especializado na moeda da Antiga Grecia.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixe familiar

[editar | editar a fonte]

Schwabacher proviña dunha familia moi vinculada á numismática: o seu avó materno era o numismático e comerciante de moedas Adolph E. Cahn (1839-1918), e o seu pai era Heinrich Wilhelm Schwabacher (1852-1908), tamén comerciante numismático. Do mesmo xeito, os seus tíos Julius Cahn (1872-1935) e Ludwig Cahn (1877-1924), e os seus curmáns, Herbert A. Cahn (1915-2002) e Erich B. Cahn (1913-1993) se dedicaron tamén á numismática.[2][3]

Formación

[editar | editar a fonte]

Logo de concluír o seu ensino secundario, Willy Schwabacher alistouse como soldado e participou na primeira guerra mundial, entre 1916 e 1918.[2] Neste último ano comezou os seus estudos de Arquitectura na Universidade Técnica de Darmstadt e en 1921 ingresou na Universidade de Múnic para estudar Arqueoloxía Clásica, Historia Antiga e Historia da Arte. En 1922 pasou un semestre na Universidade de Berlín, onde tivo a oportunidade de ter como profesor a Kurt Regling. O 31 de xullo de 1924 graduouse cunha memoria titulada Die Tetradrachmenprägung von Selinunt ("O relevo do tetradracma de Selinunte").[3][4][5]

Entre 1927 e 1930 traballou como asistente no Museo de Augsburgo.[5] En 1931 traballou na catalogación de diversas coleccións de moedas, entre elas a da Biblioteca Universitaria Erlangen, a do Seminario de Filoloxía Clásica da Universidade de Erlangen e a do Museo de Historia Local de Öttingen. No bienio 1932-1933 Schwabacher viaxou por Italia, Grecia e Turquía, financiado por unha bolsa do Instituto Arqueolóxico Alemán. Os dous anos seguintes integrouse nunha escavación arqueolóxica promovida por esa institución en Kerameikos, Atenas.[3] Por mor da súa confesión xudía, Schwabacher foi expulsado desa escavación en 1935.[6]

Inicialmente, do mesmo xeito que outros arqueólogos alemáns vítimas do nazismo, atopou refuxio no Instituto Arqueolóxico Austríaco de Atenas, onde participou en numerosas escavacións.[6] En 1938 viaxou a Londres, como empregado de E. S. G. Robinson, e alí colaborou na publicación da colección privada R. Cyril Lockett, que deu lugar ao terceiro volume do Sylloge Nummorum Graecorum. Na primavera de 1939 viaxou a Dinamarca, cunha recomendación de George F. Hill e de E. S. G. Robinson para ingresar no Gabinete Real de Moedas (Königlichen Münzkabinett) en Copenhague, onde se fixo cargo da edición do Sylloge correspondente a esa colección. Cando a Gestapo iniciou a deportación de todos os xudeus residentes nesa cidade en outubro de 1943, Schwabacher foi rescatado pola resistencia danesa e conseguiu viaxar a Suecia.[7][8]

Neste país, en 1952 comezou a impartir docencia na Universidade de Estocolmo. Paralelamente, en 1954 comezou a traballar como conservador no Gabinete Real de Moedas (Kungliga Myntakabinettet) de Estocolmo e mantivo a súa vinculación laboral con ese gabinete ata a súa xubilación en 1963.[9]

Como docente, Schwabacher foi tamén profesor visitante no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton durante o curso 1965-1966.[10]

Willy Schwabacher casou en 1952 con Annemarie Rosenbaum Schoenlak, unha supervivente do Holocausto. En 1954 acadou a cidadanía sueca e permaneceu nese país ata a súa morte.[8]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Entre outras honras, Willy Schwabacher, foi recoñecido como membro honorario da Sociedade Suíza de Numismática, da Comisión Internacional de Numismática e da Royal Numismatic Society.[10]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Willy Schwabacher foi un prolífico autor de artigos publicados nas máis reputadas revistas de numismática e arqueoloxía do seu tempo, e tamén dalgúns traballos monográficos:[13][14][15][16][17]

Escolma de monografías

[editar | editar a fonte]
  • (1933). Die Voit von Salzburg'sche Münz- und Medaillensammlung der Universitätsbibliothek Erlangen. Kress & Hornung, Múnic.
  • (1942-1944). Sylloge Nummorum Graecorum. The Royal Collection of Coins and Medals, Danish National Museum. Copenhague.
    • (1942). Part I-III (ltaly), part VI (Thrace I).
    • (1943). Part VII (Thrace II), part XI (Thessaly etc.), part XII (Epirus-Acarnania).
    • (1944). Part XIII (Aetolia-Euboea), part XIV (Attica-Aegina), part XV (Corinth), part XVI (Phliasia-Laconia).
  • (1958). Das Demareteion. Dorn, Bremen.
  • (1962). Grekiska mynt ur Konung Gustaf VI Adolfs samling. Allhem, Malmö.
  • (1964). Neue Methoden in der griechischen Münzforschung. C. Bloms boktr., Lund.
  • (1974). Griechische Münzkunst. Kurze Kunstgeschichte an Beispielen aus der Sammlung S. M. Gustav VI. Adolf, König von Schweden. Von Zabern, Maguncia.
  1. Jensen, J. S. (2021). "Willy Schwabacher". Den Store Danske.
  2. 2,0 2,1 Boehringer, C. (1973). Páxina 155.
  3. 3,0 3,1 3,2 Kankeleit, A. (2019). Páxina 85.
  4. Schwabacher, W. (1925). "Die Tetradrachmenprägung von Selinunt". En Mitteilungen der Bayerischen Numismatischen Gesellschaft, 43. Páxinas 1-89.
  5. 5,0 5,1 Boehringer, C. (1973). Páxina 156.
  6. 6,0 6,1 Boehringer, C. (1973). Páxina 157.
  7. Boehringer, C. (1973). Páxina 158.
  8. 8,0 8,1 Kankeleit, A. (2019). Páxina 90.
  9. Boehringer, C. (1973). Páxina 159.
  10. 10,0 10,1 Boehringer, C. (1973). Páxina 161.
  11. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  12. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  13. Westermark, U. (1967).
  14. Westermark, U. (1973).
  15. "Willy Schwabacher (1897-1972). Bibliographie". Coingallery.de
  16. "Willy Schwabacher". Deutschen Nationalbibliothek.
  17. "Schwabacher, Willy 1897-1972 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]