Alan M. Stahl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlan Michael Stahl
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1947.
Datos persoais
País de nacionalidadeEstadounidense.
Educación Universidade de California en Berkeley.
Universidade de Pensilvania.
Coñecido porEstudos sobre historia do diñeiro e a moeda da República de Venecia.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónhistoriador , medievalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePamela McAbee (1968-1976).
Premios
(2010): Medalla da RNS.
(2021): Premio Giles Constable.

Dialnet: 2071031


Alan Michel Stahl, nado o 7 de agosto de 1947 en Providence, Rhode Island, é un numismático medievalista estadounidense especializado na historia do diñeiro e na moeda da República de Venecia e das súas colonias.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Stahl graduouse na Universidade de California en Berkeley en 1968.[1] En 1977 acadou o seu doutoramento na Universidade de Pensilvania, coa tese titulada The Merovingian Coinage of the Region of Metz ("A moeda merovinxia da rexión de Metz"), publicada en 1982.[2][3][4]

Foi conservador da sección de moeda medieval da American Numismatic Society entre 1980 e 2000.[1] Asemade, exerceu a docencia na Universidade de Venecia, en Italia, e na Universidade de Míchigan en Ann Arbor, e na Universidade Rice en Houston, nos EEUU.[2][3]

Desde 2004 é o conservador de numismática da Universidade de Princeton, en Nova Jersey, onde tamén ocupa un posto como profesor, nos departamentos de Estudos Clásicos e de Historia.[1][2][3]

Nun dos seus traballos monográficos, publicado en 1985 co título The Venetian Tornesello. A Medieval Colonial Coinage, demostrou a súa hipótese de que a metrópole veneciana impuña unha moeda nos seus territorios coloniais na que non se correspondía o seu valor nominal co seu valor real.[5] En 2000, con The Mint of Venice in the Middle Ages, abundou na moeda veneciana presentando unha análise dos procesos internos da Ceca de Venecia. Os seus traballos sobre a moeda da República Veneciana fixérono merecedor en 2010 da prestixiosa medalla outorgada pola Royal Numismatic Society, de Londres. No acto de entrega do galardón, Stahl pronuinciou a conferencia "Learning from the Zecca: the Medieval Mint of Venice as a Model for Pre-modern Minting", que posteriormente foi publicada como artigo na revista The Numismatic Chronnicle.[6][7][8]

Stahl é codirector do proxecto Michael of Rhodes Project e coeditor do estudo de tres volumes Book of Michael of Rhodes. A Fifteenth Century Maritime Miscellany, publicado en 2009. Trátase da edición dun manuscrito de 1434 obra do veneciano Michele da Rodi, que non foi redescuberto ata 1966.[2][9]

Entre 1984 e 1988 foi o presidente da American Medallic Sculpture Association, e de 1986 a 1987 presidiu o Club Numismático de Nova York.[1]

No ámbito persoal, Stahl estivo casado entre 1968 e 1976 con Pamela McAbee.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos artigos e dos estudos monográficos publicados por Alan Stahl ao longo da súa carreira:[11][12][13]

Monografías[editar | editar a fonte]

Artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Stahl, Alan Michael". En Smith, P. (2012). American Numismatic Biographies. Páxina 325.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Alan M. Stahl  Curator of Numismatics, Firestone Library, Rare Books Arquivado 29 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Princeton University.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Alan M, Stahl". John Simon Guggenheim Memorial Foundation.
  4. Véxase (1982) en "Publicacións. Monografías".
  5. Véxase (1985) en "Publicacións. Monografías".
  6. 6,0 6,1 "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  7. Véxase (2011-a-) en "Publicacións. Artigos.
  8. "Honor for Alan Stahl". En Coins Weekly. 3 de febreiro de 2011.
  9. Véxase (2009-a-) e (2011-b-) en "Publicacións".
  10. "Alan Stahl Earns Award For Venice Studies". En Coins Weekly. 8 de abril de 2021.
  11. "Stahl, Alan Michael 1947- Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  12. "Stahl, Alan M. 1947-". WorldCat Identities.
  13. "Alan Michael Stahl". BnF.