Robert Wallace McLachlan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Robert Wallace McLachlan
Bureau des archives en 1911.jpg
Robert Wallace McLachlan (segundo pola dereita) no arquivo en 1911
Datos persoais
Nacemento9 de marzo de 1945
LugarCoat of arms of Montreal.svg Montreal.
Flag of Canada.svg Canadá
Falecemento10 de maio de 1926 (80 anos)
LugarCoat of arms of Montreal.svg Montreal.
Flag of Canada.svg Canadá
NacionalidadeCanadense.
Actividade
CampoNumismática.
Alma máterUniversidade McGill.
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de numismática canadense.
Premios(1926): Medalla da RNS.
editar datos en Wikidata ]

Robert Wallace McLachlan, nado en Montreal o 9 de marzo de 1845 e finado na mesma cidade o 10 de maio de 1926, foi un numismático canadense especializado na moeda e do Canadá anterior á confederación de 1867. [1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

McLachland naceu en Montreal, provincia do Quebec, o 9 de marzo de 1845, o quinto dos fillos de Ann Stephen e William McLahland, provenientes de Escocia.[2][3] Educouse primeiro na Huntingdon Academy e posteriormente na McGill Model School, antes de realizar os seus estudos superiores na Universidade McGill, de Montreal.[4]

Nesa cidade foi durante máis de 20 anos funcionario do departamento de arquivosdo Palacio de Xustiza, posto do que se retirou en 1924, e tamén exerceu como notario.[4]

McLachlan comezou a súa colección de moedas aos doce anos, cando estudaba na McGill Model School, motivado polo director da escola.[2][3][4] Cultivou esta afección durante moitos anos e en 1894, P. N. Breton asegurou que a colección de moedas de McLachlan era a máis nutrida do país, con arredor de 8.000 pezas, desde a época grega ata a Idade Contemporánea.[5] En 1922 McLachlan vendeu a colección completa (daquela cunhas 20.000 pezas) á Sociedade Canadense de Anticuarios e Numismática, de Montreal.[6] En 1974 foi finalmente adquirida polo Banco do Canadá para o seu museo. Pola súa banda, a súa biblioteca especializada en numismática canadense foi adquirida polo numismático estadounidense George Kolbe.[4]

En 1883 realizou unha viaxe por Gran Bretaña e Francia na que visitou a Royal Mint e a Monnaie de Paris, así como o Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e a colección de moedas da Universidade de Glasgow, entre outras.[3]

McLachlan foi un prolífico investigador acerca da moeda e a medalla do Canadá, que publicou tanto en monografías como en numerosos artigos nas máis prestixiosas revistas numismáticas do momento.[3][4]

Xunto coas doutros colegas numismáticos canadenses, como Alfred Sandham, P. N. Breton e Joseph Leroux, considérase que as súas publicacións sentaron as bases da investigación sobre a numismática do Canadá.[7]

Entre outras entidades asociativas e académicas, en 1864 foi elixido membro da Sociedade Numismática de Montreal, onde ocupou diversos postos directivos. En 1866 ingresiou na Royal Numismatic Society, de Londres, que en 1926 lle concedeu a súa medalla de ouro.[8] Así mesmo, foi membro da British Numismatic Society, da American Numismatic Society (1884), da American Numismatic Association (1899), da que foi vicepresidente, e da Real Asociación Numismática do Canadá, a cuxa presidencia accedeu en 1915. Ademais, foi membro asociado estranxeiro da Sociedade Suíza de Numismática e da Sociedade Real de Numismática de Bélxica (1887) e presentou un relatorio No Congreso Internacional de Numismática celebrado en Bruxelas en 1891.[2][3][4][9]

McLachlan foi tamén membro do comité editorial de The Canadian Antiquarian and Numismatic Journal, en cuxo primeiro número, aparecido en 1872, publicou o seu primeiro artigo numismático, titulado "A Plea for an Artuistic Coinage".[2][3][10]

Robert Wallace McLachlan faleceu o 10 de maio de 1926 aos 81 anos de idade na súa casa da avenida Westmount, de Montreal, e foi soterrado no cemiterio Mont-Royal, de Outremont, Quebec.[1][4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha listaxe das publicacións máis sobranceiras de Robert Wallace McLachlan sobre numismática canacense. Nalgúns casos trátase de traballos monográficos e noutros de separatas de artigos previamente aparecidos en revistas e posteriormente publicados en forma de folleto:[3][4][12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Robert Wallace McLachlan". Find a Grave.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Robert Wallace McLachland. Montreal, Canada Arquivado 19 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". Biographies of the Princiopal Canadian Collectors (Coinscan.com).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Robert Wallace McLachlan". En The Numismatist. Vol. 27. Nº 6. Xuño de 1914. American Numismatic Association. Páxinas 304-306.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Atchison, D. (2020).
  5. Hudgeons, M. et al. (2007). Páxina 281.
  6. "The McLachlan Collection Sold as an Entirety". The Numismatist. 35 (1922): 553-554.
  7. Willey, R. C. (1969). Páxina 115.
  8. 8,0 8,1 "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  9. Véxase (1892) en "Publicacións".
  10. Willey, R. C. (1969). Páxina 116.
  11. "Past Hall of Fame inductees by year". American Numismatic Association.
  12. "McLachlan, R. W. 1845-1926". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]