Dietrich Klose
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 |
País de nacionalidade | Alemán. |
Educación | Universidade do Sarre. Universidade de Múnic. |
Director de tese | Peter R. Franke |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático |
Empregador | Staatliche Münzsammlung (en) (1984–) |
Premios | |
(2010): Premio da GIG. | |
Dietrich O. A. Klose, nado en 1955, é un numismático alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dietrich Klose cursou os seus estudos superiores de Historia Antiga, Arqueoloxía Clásica e Latín entre 1975 e 1983 nas Universidades do Sarre e de Múnic. No curso 1984-1985 accedeu a unha bolsa de investigación do Instituto Arqueolóxico Alemán e en 1987 acadou na Universidade do Sarre o seu doutoramento baixo a dirección do profesor Peter Robert Franke, cunha tese sobre as cuñaxes imperiais romanas en Esmirna, que foi publicada ese mesmo ano.[1][2]
En 1984 ingresou como asistente de investigación na Colección Estatal de Moedas de Babiera, en Múnic (Staatlichen Münzsammlung München). En 1987 ascendeu ao posto de conservador titular da Colección Estatal e en 2007 foi nomeado director, posto que exerceu ata a súa xubilación en 2020.[1][3]
Nas súas investigacións e nas súas publicacións céntrase principalmente na moeda antiga, aínda que abrangue tamén outros aspectos da numismática e da historia monetaria, como o marco alemán, as moedas do Reino de Baviera ou a medallística alemá do século XX.[1]
Klose foi membro dos consellos directivos da Sociedade Numismática de Baviera e da Sociedade Alemá da Medalla de Arte, e presidiu a Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dalgúns dos traballos monográficos máis significativos dos publicados por Dietrich Klose ao longo da súa traxectoria:[5][6][7]
- (1987). Die Münzprägung von Smyrna in der Römischen Kaiserzeit. De Gruyter, Berlín. ISBN 3-11-010620-5
- (1996). Sport, Spiele, Sieg. Münzen und Gemmen der Antike (con G. Stumpf). Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 978-3-922840-10-7
- (2002). Die Mark: Ein deutsches Schicksal. Geschichte der Mark bis 1945. Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 978-3-922840-18-3
- (2006). Königlich-Bayerisches Geld. Zahlungsmittel und Finanzen im Königreich Bayern 1806 - 1918 (con F. Jungmann-Stadler). Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 978-3-922840-21-3
- (2011). Kauko Räsänen. Neue Wege in der Medaillenkunst (con J. Hackl). Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 9783922840275
- (2013). Im Hochwasser verloren. Der römische Silbermünzenfund aus Prutting-Mühlthal bei Rosenheim (con M. Kostial-Gürter). Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 9783922840299
- (2014). Vom Regenbogenschüsselchen zum Euro : Geldgeschichte des Landkreises Garmisch-Partenkirchen (con M. G. L. Herrmann et al.). Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 9783922840312
- (2016). Europas Verderben 1914-1918. Deutsche und österreichische Medaillen auf den Ersten Weltkrieg. Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 9783922840343
- (2021). Die Päpste als Bauherren im spätbarocken Rom. Medaillen und Münzen von 1667 bis 1769. Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 978-3-922840-44-2
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Kampmann, U. (2021).
- ↑ Véxase (1987) en "Publicacións".
- ↑ Hirsch, M. (2021).
- ↑ "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
- ↑ "Klose, Dietrich O. A.". Regesta Imperii.
- ↑ "Klose, Dietrich O. A.". Deutschen Nationalbibliothek.
- ↑ "Klose, Dietrich O. A.". WordCat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hirsch, M. (2021). "Dietrich Klose". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Vol. 70. Nº 2. Páxinas 69-70.
- Kampmann, U. (2021). "Dietrich Klose Retired". En Coins Weekly. 4 de marzo de 2021.