Günther Dembski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Günther Dembski
Datos persoais
Nacemento19 de decembro de 1943
LugarAUT Königstetten COA.jpg Königstetten.
Flag of Lower Austria.svg Baixa Austria.
Austria Austria
NacionalidadeAustríaca.
Actividade
CampoNumismática
Alma máterUni wien siegel.png Universidade de Viena
Contribucións e premios
Coñecido porDirector do Gabinete Numismático de Viena.
Premios1992: Jeton de Vermeil (SFN).
2004: Medalla Eckhel (SNA).
editar datos en Wikidata ]

Günter Dembski, nado o 19 de decembro de 1943 en Königstetten, na Baixa Austria, é un numismático austríaco, vinculado ao Gabinete Numismático de Viena e á Universidade de Viena.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo da súa graduación en ensino secundario no instituto de St. Johann im Pongau en 1961, Demski estudou Latín, Alemán, Historia antiga, Arqueoloxía e Numismática antiga na Universidade de Viena, e acadou o seu doutoramento en 1969.[1]

Un ano antes do seu doutoramento ingresou no Gabinete Numismático de Viena, vinculado ao Kunthistorisches Museum, no que se responsabilizou inicialmente da colección de moedas antigas, en condición de conservador, e en 1975 foi nomeado responsable de seguridade do museo. Desde 1995 e ata a súa xubilación a finais de 2008 ocupou o cargo de director deste gabinete.[1]

Paralelamente, en 1988 comezou o exercicio da docencia universitaria, como profesor de Numismática antiga na Universidade de Viena.[1]

En 1998 foi nomeado representante austríaco no Consello Internacional de Museos (ICOM) e un ano máis tarde vicepresidente consultivo do ICOM.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

A Günter Dembski correspóndenlle máis de 200 referencias bibliográficas sobre numismática e arqueoloxía, algunhas delas como monografías.[1][4][5][6]

Escolma de monografías[editar | editar a fonte]

Escolma de artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "HR Prof. Dr. Günther Dembski". Naturhistorisches Museum Wien.
  2. "Jeton de vermeil de la SFN". Société Française de Numismatique (SFN).
  3. "Die Eckhel Medaille". Österreichische Numismatische Gesellschaft.
  4. "Dembski, Günther". WorldCat Identities.
  5. "Dembski, Günther 1943-", Digital Library Numis.
  6. "Günther Dembski". BnF Data.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]