Saltar ao contido

Yordanka Youroukova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYordanka Youroukova
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1936
Sofía, Bulgaria Editar o valor en Wikidata
Morte31 de marzo de 2012 (76 anos)
Sofía
Bulgaria Bulgaria
País de nacionalidadeBúlgara.
EducaciónUniversidade de Sofía.
Universidade de París.
Q89547790Estudos sobre numismática do Reino Odrisio e moeda provincial romana da Tracia.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónarqueóloga, numismático, profesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Sófia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoIlya Prokopov, Dimitar Draganov, Vladimir Pencev, Docka Vladimirova-Aladžova.
Premios
(1986): Jeton de Vermeil (SFN).

Yordanka Youroukova (tamén transcrito como Jordanka Jurukova e Ĭordanka I︠U︡rukova), nada o 19 de xaneiro de 1936 en Sofía e finada o 31 de marzo de 2012 na mesma cidade, foi unha numismática e museóloga búlgara, que dirixiu o Museo Arqueolóxico Nacional de Bulgaria.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Youroukova cursou a súa formación superior na Facultade de Historia da Universidade de Sofía, onde se graduou en 1960. Posteriormente fixo estudos de posgrao na Sorbona de París entre 1961 e 1962, universidade na que acadou o seu doutoramento en 1974 (cunha tese sobre numismática bizantina) e a habilitación docente en 1984.[1][2]

En 1962 ingresou no Museo Arqueolóxico Nacional de Bulgaria como conservadora axudante, mais á morte de Theodor Gerassimov en 1974 sucedeuno no posto de conservadora da colección numismática do museo.[1][2]

En 1989 foi nomeada directora do Departamento de Numismática e Epigrafía do Instituto Nacional de Arqueoloxía e Museos, dentro da Academia Búlgara, e, a partir de 1991, exerceu a dirección do propio instituto. Finalmente, fíxose cargo da dirección xeral do Museo Arqueolóxico Nacional de Bulgaria entre 1993 e 2003, ano da súa xubilación.[1][2]

No ámbito universitario, Youroukova foi profesora asociada de Numismática na Universidade de Sofía desde 1975 e titular a partir de 1988. O seu labor docente ampliouse tamén a outras entidades de ensino superior do seu país (Nova Universidade Búlgara e Universidade de Veliko Tarnovo) e do estranxeiro (Collège de France, Sorbona e universidades de Uppsala, Xenebra e Múnic).[1][2]

Entre outras entidades de carácter numismático e académico, Youroukova foi membro da Sociedade Numismática Búlgara (presidenta en 1979-1990), da Unión de Sociedades Numismáticas Búlgaras (presidenta en 1990-1994), da American numismatic Society, da Asociación Internacional de Epigrafía Grega e Latina, e do Instituto Arqueolóxico Alemán.[3]

Youroukova foi a máxima representante da numismática búlgara na súa época. As súas principais contribucións como investigadora refírense á numismática da Tracia, tanto durante o reino como durante a época romana, e tamén aos achados de moeda bizantina en Bulgaria.[1][2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

A figura de Youroukova foi distinguida por diversas entidades, entre as que cabe salientar as seguintes:[2][4]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa carreira académica, Yordanka Youroukova publicou máis de 140 artigos en diversas revistas numismáticas da súa época, así como nove traballos monográficos.[6][7]

Monografías

[editar | editar a fonte]
  • (1971). Anticnite moneti v Balgarija. Sofía.
  • (1973). Die Münzpragung von Deultum. Akademie-Verlag, Berlín.
  • (1976). Coins of the Ancient Thracians. British Archaeological Reports, Oxford.
  • (1978). 24 moneti i pecati ot Balgarija. Sofía.
  • (1981). Die Münzpragung von Bizye. Akademie-Verlag, Berlín.[8]
  • (1987). Monetoseceneto na gradovete v Dolna Mizija i Trakija II-III v. Hadrianopol. Balgarska akademiya na naukite, Sofía.
  • (1990). Bulgarski srednovekovni pechati i moneti. Sofía.
  • (1992). Monetite na trakijskite plemena i vladiteli. P. Beron, Sofía.
  • (2006). Les trésors byzantins des Balkans et d’Asie Mineure (491-713) (con C. Morrisson, I. Touratsoglou et al.). París.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Ardevan, R. (2012) Arquivado 26 de outubro de 2020 en Wayback Machine.. Páxina 205.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Paunov, E. (2012).
  3. Ardevan, R. (2012) Arquivado 26 de outubro de 2020 en Wayback Machine.. Páxina 206.
  4. Ardevan, R. (2012) Arquivado 26 de outubro de 2020 en Wayback Machine.. Páxina 206.
  5. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  6. Ardevan, R. (2012) Arquivado 26 de outubro de 2020 en Wayback Machine.. Páxinas 207-211.
  7. "I︠U︡rukova, Ĭordanka". WorldCat Identities.
  8. Recensión do libro (por M. Amandry). En Revue numismatique. 1983. Nº 25. Páxinas 239-241.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]