Consello Internacional de Numismática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Consello Internacional de Numismática
(International Numismatic Council)
Presentación
Data fundación1934, como Comisión.
2009, como Consello.
LocalizaciónWinterthur
Flag of Switzerland.svg Suíza
OrixesComisión Internacional de Numismática (International Numismatic Comision).
Area servidaInternacional.
MétodoPatrocinio, publicacións e organización do Congreso Internacional de Numismática.
Páxina webSitio web da entidade
PremiosOutorgados:
- Medalla do Congreso Internacional de Numismática.

O Consello Internacional de Numismática –CIN– (en inglés: International Numismatic CouncilINC–) é un organismo internacional de coordinación creado para fomentar a cooperación entre numismáticos e institucións deste campo ou de áreas relacionadas.[1] Desde 2015 está oficialmente rexistrado como unha asociación e ten a súa sede central en Winterthur, Suíza.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

A institución fundouse en 1934 coa denominación de Comisión Internacional de Numismática (Internacional Numismatic Comission), e pasou a adoptar o nome de Consello na súa reconstitución en 2009.[3]

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Conta con aproximadamente 160 membros procedentes de 38 países. As actividades do Consello, entre as que cómpre salientar o outorgamento de subvencións, o patrocinio de proxectos investigadores (como é o caso do Sylloge Nummorum Graecorum) e de publicacións, e a organización do Congreso Internacional de Numismática, está coordinado por un comité de nove membros, que son elixidos por representantes das institucións que forman parte no seo dos seus congresos internacionais.[4][5]

Os membros actuais do Comité do Consello Internacional de Numismática son:[6]

  • Michael Alram (presidente)
  • Pere Pau Ripollès (vicepresidente)
  • Maria Caccamo Caltabiano (vicepresidenta)
  • François de Callataÿ (secretario)
  • Bernhard Weisser (tesoureiro)
  • Ute Wartenberg Kagan
  • Andrew Meadows
  • Cecilia von Heijne
  • Aleksander Bursche

O INC tamén mantén, a modo de xornal de novidades, o blog INC News, aberto á participación dos membros das entidades que forman parte, en cinco idiomas: inglés, francés, español, alemán e italiano.[7]

Congreso Internacional de Numismática[editar | editar a fonte]

Ten lugar cada seis anos e é o maior encontro international relacionado coa numismática. A partir da súa sétima edición, en Copenhague, o congreso coincide co lanzamento dunha nova tiraxe do Survey of Numismatic Literature, publicación na que os especialistas numismáticos revisan as investigacións e as publicacións que saíron á luz desde o congreso anterior.[8][9]

Así mesmo, en cada edición do congreso faise entrega dunha medalla especial creada para o efecto.[10][11][12]

A edición número 15 do Congreso Internacional de Numismática tivo lugar en Messina, Sicilia, do 21 ao 25 de setembro de 2015; os seguintes convocáronse en Varsovia, Polonia, en setembro de 2021, e en Melbourne, Australia, en setembro de 2027.[13][14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Our mission". No sitio web do CIN.
  2. "Münzkabinett wird Sitz einer internationalen Organisation". Stadt Wintherthur.
  3. "Constitution of the International Numismatic Council (INC) adopted on August 30, 2009 in Glasgow". No sitio web do CIN.
  4. "What we do". No sitio web do CIN.
  5. "Patronage: Sylloge Nummorum Graecorum". No sitio web do CIN.
  6. "Committee of the INC". No sitio web do CIN.
  7. "INC News". No sitio web do CIN.
  8. "International Numismatic Congress". No sitio web do CIN.
  9. "Survey of Numismatic Research". No sitio web do CIN.
  10. "The Paris coin for the International Numismatics Congress". Museu Nacional d'Art de Catalunya.
  11. "25 secoli di numismatica siciliana per la medaglia del XV CIN". En Il giornale della Numismatica. 7 de abril de 2015.
  12. "P&B coins the AIAM medal". Picchiani & Barlacchi.
  13. "Messina/Taormina 2015". No sitio web do CIN.
  14. "Warsaw hosting the INC Congress in 2021". No sitio web do CIN.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]