Michael Grant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michael Grant
Datos persoais
Nacemento21 de novembro de 1914
LugarCoat of Arms of The City of London.svg Londres.
Inglaterra Inglaterra
Falecemento4 de outubro de 2004 (89 anos)
LugarCoat of Arms of The City of London.svg Londres.
Inglaterra Inglaterra
NacionalidadeFlag of the United Kingdom (3-5).svg Británica
CónxuxeAnne-Sophie Beskow.
Actividade
CampoHistoriografía e numismática.
Alma máterTrinity College (Cambridge) shield.svg Trinity College.
Coat of Arms of the University of Cambridge.svg Universidade de Cambridge.
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de historia e numismática da Antigüidade.
Premios- (1962): Medalla da RNS.
- (1964): Medalla Huntington (ANS.
editar datos en Wikidata ]

Michael Grant, nado o 21 de novembro de 1914 en Londres, Inglaterra, e finado na mesma cidade o 4 de outubro de 2004, foi un historiador e numismático inglés, autor de numerosas publicacións sobre a historia e a numismática da Antigüidade, e profesor en diversas universidades británicas e de Oriente Medio.[1][2][3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Michael naceu en Londres, fillo do coronel Maurice Grant, un xornalista e militar británico que actuara na guerra anglo-bóer e posteriormente escribiu a súa biografía. Na súa xuventude, Grant cursou o seu ensino secundario na londiniense Harrow School entre 1933 e 1937, e o ano seguinte ingresou no Trinity College, da Universidade de Cambridge, onde realizou os seus estudos superiores e se doutorou en Letras.[2][3][4]

O seu centro de interese como erudito e investigador foi a numismática. Unha tese sobre as moedas romanas de bronce presentada para a consecución dunha bolsa de investigación converteuse na súa primeira publicación: From Imperium to Auctoritas (1946)[5], e sobre esta materia publicou catro libros máis na seguinte década.[3][4]

Durante a segunda guerra mundial, Grant serviu un ano como oficial de Intelixencia en Londres, antes de ser destinado en 1940 como primeiro representante do British Council en Turquía. Nos seus cinco anos nese país puido continuar as súas investigacións numismáticas visitando os museos turcos, así como adquirir unha colección de 693 moedas provinciais romanas. Igualmente, en Turquía contactou con Anne-Sophie Beskow, unha traballadora da legación sueca, con quen casou e con quen tivo dous fillos.[3][6]

Á fin da guerra, Michael Grant e a súa esposa regresaron a Inglaterra en 1945 e trouxeron consigo a colección de moedas, que pasou a formar parte dos fondos do Fitzwilliam Museum, da Universidade de Cambridge, a partir de 1948.[3][7]

Logo dunha breve tempada en Cambridge, Grant solicitou a praza vacante da cátedra de Humanidades (Latín) na Universidade de Edimburgo, que lle foi concedida e que ocupou entre 1948 e 1959. Durante unha excedencia de dous anos, entre 1956 e 1958 tamén desempeñou o posto de reitor da Universidade de Khartún, no Sudán. Grant foi tamén reitor da Queen's University Belfast durante dous anos (1959-1966), e a partir dese momento dedicouse á escritura a tempo completo.[2][3][8]

Como autor foi particularmente prolífico, xa que publicou máis de 70 obras, entre monografías propias e traducións, acerca de temas tan variados como as cuñaxes romanas, a erupción do Vesubio ou o Evanxeo. Realizou estudos xerais da historia da Antiga Roma, da Antiga Grecia e de Israel, así como detalladas biografías de personaxes como Xulio César, Herodes o Grande, Cleopatra, Nerón, Xesucristo, San Pedro ou San Paulo.[3]

Na década de 1950, o éxito editorial de Grant xerou controversia entre a comunidade dos estudos clásicos, tal como se reflicte nun artigo de The Times:

O achegamento de Grant á historia clásica comezaba a dividir os críticos. Os numismáticos sentiron que o seu traballo académico era irreprochable, mais algúns académicos opuxéronse ao seu intento de condensar un estudo da literatura romana en 300 páxinas e sentiron (en palabras dun crítico) que "mesmo os historiadores máis eruditos e talentosos deberían considerar un límite de velocidade". Os académicos seguían a cavilar, mais o público seguía a mercar.[9]

A partir de 1966, Grant viviu xunto coa súa muller en Gattaiola, unha vila próxima a Lucca, na Toscana.[3][10] Retornou a Londres en abril de 2004, uns meses antes do seu falecemento.[7] A súa autobiografía, titulada My First Eighty Years, foi publicada en 1994.[3][11]

Michael Grant foi membro da Royal Numismatic Society, de Londres, entidade que presidiu entre 1953 e 1956.[12]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1946 foi nomeado oficial e en 1958 comendador da Orde do Imperio Británico. En 1984 foi elixido membro de honra da Royal Numismatic Society.[13]

Premios[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Monografías orixinais[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Como ditor[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Professor Michael Grant". En Daily Telegraph. 8 de outubro de 2004.
  2. 2,0 2,1 2,2 Heath, S. "Obituary: Michael Grant 1914-2004". American Numismatic Society.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Amandry, M. (2004) Arquivado 08 de marzo de 2022 en Wayback Machine..
  4. 4,0 4,1 4,2 Duglas, M. (2004).
  5. Véxase (1946) en "Publicacións".
  6. Duglas, M. (2004).
  7. 7,0 7,1 Oliver, M. (2004).
  8. Duglas, M. (2004).
  9. "Michael Grant". En The Times, 13 de outubro de 2004.
  10. Heath, S. "Obituary: Michael Grant 1914-2004". American Numismatic Society.
  11. Véxase (1994) en "Publicacións".
  12. "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
  13. "Honorary Fellowship". The Royal Numismatic Society.
  14. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  15. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  16. Adkin, Arthur W. H. (1966). "Greek and Roman Myths Michael Grant: Myths of the Greeks and Romans. Pp. 487; 97 plates. London: Weidenfeld and Nicolson, 1962". En The Classical Review. Vol. 16. Nº 1. Páxinas 78-79.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]