John Allan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn Allan
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1884.
Bolton, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte29 de agosto de 1955. (71 anos)
Edimburgo.
Escocia.
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Reino Unido.
Educación Universidade de Edimburgo.
Universidade de Leipzig.
Tese académicaThe treatment of appendicitis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1908 Editar o valor em Wikidata)
Coñecido porEstudos de numismática da India.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseo Británico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios
- (1928, 1937): Medalla da (NSI).
- (1936): Medalla da RNS.
- (1936): Medalla Huntington (ANS).


John Andrew Allan (coñecido habitualmente como John Allan), nado o 8 de agosto de 1884 en Bolton, East Lothian, e finado o 29 de agosto de 1955 en Edimburgo, foi un numismático escocés e experto en lingua sánscrita.[1][2]

Allan levou a cabo o primeiro estudo sistemático das moedas do Imperio Gupta, que segue a ser unha referencia nesa materia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Allan naceu na pequena aldea de Bolton, en East Lothian, fillo dun mestre local, John Gray Allan.[2] Cursou a educación secundaria na Royal High School de Edimburgo.[1]

Logo dos seus estudos universitarios na Universidade de Edimburgo e na Universidade de Leipzig, Allan ingresou no Museo Británico en 1907, onde finalmente chegou a ocupar o posto de conservador do seu Departamento de Moedas e Medallas en 1931.[1][2]

Paralelamente, foi tamén profesor de lingua sánscrita no University College London (1907-1917, posteriormente na Escola de Estudos Orientais da Universidade de Londres (1920-1922) e, xa despois da súa xubilación no Museo Británico, na Universidade de Edimburgo (1949-1955).[1][2]

Allan foi un membro moi activo en numerosas sociedades científicas, nalgunha das cales desenvolveu labores directivos. Foi secretario da Royal Numismatic Society durante case corenta anos (1908-1948) e editor do xornal desta entidade, Numismatic Chronicle, durante case trinta (1921-1950).[2] Así mesmo, foi vicepresidente da Sociedade de Anticuarios de Londres e da Sociedade de Anticuarios de Escocia.[1]

John Allan finou no hospital Edingourg Royal Infirmary logo dunha curta doenza aos 71 anos.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Allan foi elixido membro da Academia Británica en 1941 e nomeado Compañeiro da Orde do Baño (CB) en 1948. Tamén foi recoñecido co título honorífico de Legum Doctor pola Universidade de Edimburgo en 1949.[1][2]

Premios[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Allan publicou numerosos traballos, artigos, recensións bibliográficas e noticias, a maior parte deles en British Museum Quarterly, en History of the Berwickshire Naturalists' Club, no Journal of Hellenic Studies, no Journal of the Royal Asiatic Society, en Numismatic Chronicle, no suplemento numismático do Journal of the Asiatic Society of Bengal e en Museums Journal. Tamén fixo contribucións na Encyclopaedia of Islam (1ª edición), na Encyclopædia Britannica (14ª edición), na Encyclopaedia of Religion and Ethics (1914) e na Chambers's Encyclopaedia (1950). Entre os seus traballos monográficos pódense salientar os seguintes:[5][6][7]

Escolma de monografías[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Death of Dr John Allan, numismatist and sanskrit authority". En The Glasgow Herald. 29 de agosto de 1955. Páxina 10.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Walker, J. (1956). Páxina 351.
  3. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  4. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  5. Walker, J. (1956). Páxinas 352-360.
  6. "Allan, John 1884-1955". WorldCat Identities.
  7. "Allan, John Andrew 1885-1955 Arquivado 08 de maio de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]