Saltar ao contido

Sociedade Numismática Austríaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Sociedade Numismática Austríaca
 Instancia de
Características
 Industria
 Campo de traballo
Datas
 Fundación / creación
19 de marzo de 1870 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Sede
 Área de operación
 País
Códigos e identificadores
VIAF133147683 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

A Sociedade Numismática Austríaca (en alemán: Österreichische Numismatische Gesellschaft –OENG–), con sede en Viena, é unha entidade asociativa establecida en 1870, que agrupa os interesados no estudo e no coleccionismo de moedas e obxectos afíns en Austria.[1][2]

Os seus máis de 400 membros teñen acceso a moi diversas actividades, como conferencias, exposicións e viaxes de estudo, así como a unha biblioteca especializada en numismática.[1]

O seu presidente é Michael Beckers e ocupa a vicepresidencia Susanne Sauer.[3]

A Österreichische Numismatische Gesellschaft fundouse en Viena o 19 de marzo de 1870 por iniciativa e baixo a dirección do orientalista Josef von Karabacek, o numismático Arnold Luschin von Ebengreuth e o conservador do Gabinete Imperial de Moedas e Antigüidades de Austria, o tamén numismático e arqueólogo Friedrich von Kenner.[2]

Desde 1942, a sociedade ten a súa sede no edificio da Casa da Moeda de Austria.[2]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Unha das principais actividades da Sociedade Numismática Austríaca é a edición de publicacións científicas.[2]

Por unha banda, edítase a publicación periódica Numismatische Zeitschrift, unha cabeceira xa existente desde 1869, un ano antes da constitución da Sociedade.[4]

Por outra banda, publícase Mitteilungen der Österreichischen Numismatischen Gesellschaft (MÖNG; "Comunicacións da Sociedade Numismática Austríaca"), con contribucións científicas, recensións de novidades editoriais e informes sobre proxectos de investigación en numismática e nas disciplinas afíns.[5] Esta publicación apareceu periodicamente desde 1883 con diferentes títulos e actualmente ten periodicidade semestral.[6]

Ademais destas dúas publicacións principais, hai tamén un boletín de noticias.[7]

Honras e medallas

[editar | editar a fonte]

Destacadas figuras da numismática internacional figuran entre os membros de honra da Sociedade Numismática Austríaca, entre elas: María R. Alföldi (Hungría), Michel Amandry (Francia), Joe Cribb (Reino Unido), William Metcalf (Estados Unidos) ou Bernd Kluge (Alemaña).[8]

Medalla Eckhel

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Medalla Eckhel.

Esta condecoración vénse outorgando cunha periodicidade indefinida desde 1958, en homenaxe ao numismático austríaco Joseph Hilarius Eckhel ("pai da ciencia numismática"), a persoas que prestaran servizos destacados ao aspecto científico da numismática.[9]

Medalla Schreiner

[editar | editar a fonte]

En 1979 outorgouse por vez primeira a medalla Schreiner, para honrar as persoas que fixeran unha contribución especial á Sociedade Numismática Austríaca.[10]

  1. 1 2 "Liebe Freunde der Numismatik! Arquivado 15 de abril de 2021 en Wayback Machine.". Sitio web da OENG.
  2. 1 2 3 4 "Österreichische Numismatische Gesellschaft". Wien Geschichte Wiki.
  3. "Funktionsvorstand". Sitio web da OENG.
  4. "NZ-Redaktion Arquivado 22 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Sitio web da OENG.
  5. Táboa de contidos da MÖNG (1937-2014) Arquivado 22 de outubro de 2020 en Wayback Machine.. Sitio web da OENG.
  6. "MÖNG-Redaktion Arquivado 27 de setembro de 2020 en Wayback Machine.". Sitio web da OENG.
  7. "Nachrichtenblatt-Redaktion (2009-2019) Arquivado 14 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Sitio web da OENG.
  8. "Ehrenmitglieder Arquivado 08 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Sitio web da OENG.
  9. "Die Eckhel Medaille Arquivado 08 de outubro de 2021 en Wayback Machine.". Sitio web da OENG.
  10. "Schreiner-Medaille Arquivado 21 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Sitio web da OENG.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Koch, B. (1970). "Festschrift 100 Jahre Österreichische Numismatische Gesellschaft. 1870-1970". En Numismatische Zeitschrift. 84/85.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]