Agnes Baldwin Brett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAgnes Baldwin Brett
Biografía
Nacemento(en) Agnes Baldwin Editar o valor em Wikidata
25 de setembro de 1876
Newark, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte26 de decembro de 1955 (79 anos)
Marblehead
Massachusetts
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
EducaciónUniversidade de Columbia
Coñecido porEstudos de numismática antiga.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático , erudita clásica , arqueóloga Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGeorge Monroe Brett
Premios
- 1943: Medalla da RNS
- 1919:Medalla Huntington, da ANS.


Agnes Baldwin Brett, nada o 25 de setembro de 1876 en Newark (Nova Jersey) e finada en Marblehead (Massachusetts) o 26 de decembro de 1955, foi unha numismática e arqueóloga estadounidense que exerceu como conservadora na American Numismatic Society ("Sociedade Numismática Estadounidense") a partir de 1910. Foi a primeira muller en ocupar ese posto e mantivo a súa vinculación á Sociedade durante toda a súa vida.[1][2][3]

Agnes Baldwin Brett fixo importantes contribucións ao estudo das moedas, as medallas e as esculturas antigas. O seu traballo, sinaladamente o numismático, foi utilizado por arqueólogos posteriores.[4] Tamén foi profesora visitante de Arqueoloxía na Universidade de Columbia en 1936.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Agnes Baldwin naceu en Newark, Nova Jewrsey, en 1876, filla do acomodado comerciante de peles Fredrick Wellington Baldwin e da súa muller, Mary A. Wheeler. Fixo os seus estudos de secundaria en Newark e en 1893 matriculouse no Barnard College en Manhattan, Nova York, onde se graduou en 1897. Posteriormente, completou os seus estudos superiores de posgrao en Arqueoloxía na Universidade de Columbia en 1900.[1][2][3]

A partir dese ano, Brett pasou dous anos como bolseira na Escola Americana de Estudos Clásicos de Atenas, cidade onde descubriu o seu interese pola numismática.[2][5] Alí participou nos achados de moedas da escavación en Corinto, auspiciada pola propia escola, e publicou os resultados en 1903.[3][6][7]

En 1910, Brett converteuse na primeira muller en exercer como conservadora da Sociedade Numismática Estadounidense (ANS), institución á que permaneceu estreitamente vinculada ata a súa morte en 1955. Entre 1912 e 1914, A ANS concedeulle unha licenza para facer os seus estudos no Gabinete de Medallas de París e para visitar diversas coleccións de moedas e museos numismáticos europeos. Xa de volta nos EEUU continuou o seu labor na American Numismatic Society, coa condición de "conservadora asociada honoraria de moedas antigas" a partir de 1923. Entre ese mesmo ano e 1946 ocupou tamén o posto de presidenta do Comité de Publicacións da ANS, onde se conservan os seus arquivos, as súas cartas e os seus manuscritos.[2][3][8]

Brett adquiriu unha significativa notoriedade polo seu coñecemento das cuñaxes das cidades-estado de Quíos e de Lámpsaco, en Asia Menor, e os seus traballos sobre esta materia seguen a ser referencias actualmente. Tamén se ocupou dos medallóns romanos, sobre os que publicou varias monografías. A súa obra máis aclamada foi un catálogo de moedas gregas producido durante a súa estadía como conservadora honoraria de moeda clásica no Museo de Belas Artes de Boston.[2][3]

Brett foi tamén membro de entidades como a Royal Numismatic Society e a Sociedade para a Promoción de Estudos Romanos de Londres, e membro honorífico da Sociedade Real de Numismática de Bélxica.[2][3]

No aspecto familiar, Agnes Baldwin casou en 1914 con George Monroe Brett, un profesor de contabilidade do City College de Nova York.[1][2][3] Del tomou o apelido polo que é coñecida e xuntos tiveron unha filla, Barbara Brett Sanders (5 de marzo de 1920 - 11 de febreiro de 2013).[9]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Bolsa Agnes Hoppin Memorial (1901). Brett recibiu esta prestixiosa bolsa durante o segundo ano do seu período como bolseira na Escola Americana de Estudos Clásicos en Atenas.[3][10]
  • Medalla Huntington (1919). Así mesmo, foi tamén merecedora da Medalla Huntington, máxima condecoración outorgada pola American Numismatic Society. Foi a segunda persoa en recibir este recoñecemento, creado no ano anterior.[2][11]
A concesión da medalla amosa o noso aprecio polos distinguidos servizos prestados aos estudos numismáticos. Como tal, rógolle que a acepte. Mais estou seguro de que non lle importará se o premio que se lle outorga neste fatídico ano da historia se sente tamén como un saúdo da nosa Sociedade a unha sociedade irmá da súa amigable e grande nación.
Harold Mattingly.

Coleccións[editar | editar a fonte]

Brett coleccionaba selos cilíndricos babilónicos e a súa colección foi publicada en 1936 polo Instituto Oriental da Universidade de Chicago.[2][14]

A American Numismatic Society alberga unha colección de fotografías tomadas por Agnes Baldwin Brett durante as súas viaxes polas Bermudas, Grecia, Francia, Italia, Turquía e Gran Bretaña. O arquivo fotográfico foi dixitalizado e posto en liña ao dispor dos interesados en 2017.[3][8][15]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha listaxe dos traballos publicados por Agnes Baldwin Brett:[16]

Monografías[editar | editar a fonte]

  • (1921): Five Roman Gold Medallions, or, Multiple Solidi of the Late Empire. American Numismatic Society. Numismatic Notes and Monographs. Nº 6. Nova York.
  • (1923): Six Roman Bronze Medallions. American Numismatic Society. Numismatic Notes and Monographs. Nº 17. Nova York.
  • (1926): Four medallions from the Arras hoard. American Numismatic Society. Numismatic Notes and Monographs. Nº 28. Nova York.
  • (1936): Victory issues of Syracuse after 413 B.C. American Numismatic Society. Notes and Monographs. Nº 75. Nova York.
  • (1955): Museum of Fine Arts, Boston: Catalogue of Greek coins. Boston.

Catálogos de exposicións[editar | editar a fonte]

  • (1911). Catalogue of the International Exhibition of Contemporary Medals. American Numismatic Society. Nova York.
  • (1923). Exhibition of Modern Sculpture at The American Numismatic Society. American Numismatic Society. Nova York.
  • (1923). Exhibition of American Sculpture Catalogue. 156th Street West of Broadway New York, April Fourteenth to August First. National Sculpture Society. Nova York.
  • (1929). Contemporary American Sculpture. The California Palace of the Legion of Honor, Lincoln Park, San Francisco, April to October. The National Sculpture Society. Nova York.

Artigos[editar | editar a fonte]

  • (1901): "A bronze coin of Bithynia: The Lyre, Chelys". En Journal International d'Archeologie Numismatique. 4. Páxinas 67-76.
  • (1902): "The gold coinage of Lampsacus". En Journal International d'Archeologie Numismatique. 5. Páxinas 5-24.
  • (1903): "The cave at Vari. V. coins". En American Journal of Archaeology. 7. Archaeological Institute of America. Páxinas 335-337.
  • (1909): "Facing heads on ancient Greek coins". En American Journal of Numismatics. 43. Nº 3. Agosto. American Numismatic Society. Páxinas 113-131.
  • (1910): "M. Godefroid Devreese". En American Journal of Numismatics. 44. Nº 2. Abril. American Numismatic Society. Páxinas 61-63.
  • (1911): "The Virginia half-pennies". En The Numismatist. 24. Nº 8. American Numismatic Association. Agosto. Páxina 276.
  • (1913): "Les monnaies de bronze dites incertaines du Pont ou du Royaume de Mithridate Eupator". En Revue Numismatique. 4ª serie. 17. Société Française de Numismatique. Páxinas 285-313
  • (1914): "The electrum and silver coins of Chios, issued during the sixth, fifth, and fourth centuries, B.C.: A chronological study". En American Journal of Numismatics. 48. American Numismatic Society. Páxinas 1-60.
  • (1915): "Symbolism on Greek coins". En American Journal of Numismatics. 49. American Numismatic Society. Páxinas 89-194.
  • (1920): "An unedited gold stater of Lampsakos". En Zeitschrift für Numismatik. 32. Páxinas 1-14.
  • (1920): "The double sestertius of Trajan Decius". En The Numismatist. 33. Nº 6. Xuño. American Numismatic Association. Páxinas 277-279.
  • (1920): "A Roman gold bar from Egypt". En The Numismatist. 33. Nº 6. Xuño. American Numismatic Association. Páxinas 279-281.
  • (1924): "Lampsakos; the gold staters, silver and bronze coinages". En American Journal of Numismatics. 53. Pt. 3. American Numismatic Society. Páxinas 1-77.
  • (1927): "Un tresor monetaire decouvert a Cesaree en Cappadoce". En Arethuse. 4. Páxinas 145-172.
  • (1930). "Tetradrachms of Demetrius Poliorcertes". En Bulletin of the Museum of Fine Arts. 28. Nº 168. Páxinas 71-72.
  • (1931): "Tetradracma de Maussolus". En Boletín del Museo de Bellas Artes. 29. Nº 171. Páxinas 11-13.
  • (1933): "The aurei and solidi of the Arras hoard". En The Numismatic Chronicle. 5ª serie. 13. Royal Numismatic Society. Páxinas 268-348.
  • (1937): "A new Cleopatra tetradrachm of Ascalon". En American Journal of Archaeology. 34. Nº 3. Archaeological Institute of America. Páxinas 452-463.
  • (1938): "The Aphlaston, symbol of naval victory or supremacy on Greek and Roman coins". En Transactions of the International Numismatic Congress (London, June 30-July 3, 1936). Londres. Páxinas 23-32.
  • (1943): "Philip of Macedon's race horse, winner at the Olympic Games, 356 B.C.". En Numismatic Review 1. Nº 1. Xuño. Páxinas 5-6.
  • (1946): "Seleucid coins of Ake-Ptolemais in Phoenicia". En ANS Museum Notes. 1. American Numismatic Society. Páxinas 17-35.
  • (1947): "Dated coins of Ptolemy V, 204-180 B.C.". En ANS Museum Notes. 2. American Numismatic Society. Páxinas 1-11.
  • (1948): "Indo-Bactrian coins acquired by the American Numismatic Society in 1947". En ANS Museum Notes. 3. American Numismatic Society. Páxinas 31-43.
  • (1950): "The mint of Ascalon under the Seleucids". En ANS Museum Notes. 4. American Numismatic Society. Páxinas 43-54.
  • (1950): "Athena Alkidemos of Pella". En ANS Museum Notes. 4. American Numismatic Society. Páxinas 55-72.
  • (1952): "The Benha hoard of Ptolemaic gold coins". En ANS Museum Notes. 5. American Numismatic Society. Páxinas 1-8.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Agnes Baldwin Brett". Newman Numismatic Portal (NNP). Washington University.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 "Agnes Baldwin Brett (1876-1955)". American Numismatic Society.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 "Agnes Baldwin Brett Arquivado 08 de maio de 2021 en Wayback Machine.". ANS Magazine. American Numismatic Society.
  4. Shear, T. L. (1925). "Excavations at Corinth in 1925". American Journal of Archaeology. 29 (4): 381-397.
  5. "History of the American School 1882-1942: Directory of Fellows and Students". American School of Classic Studies at Athens.
  6. Sacks, D. (2005). Encyclopedia of the Ancient Greek World. Facts on File, Inc. Páxina 92. ISBN 0-8160-5722-2
  7. Baldwin, A. (1903). "The cave at Vari. V. coins". En American Journal of Archaeology. 7. Archaeological Institute of America. Páxinas 335-337.
  8. 8,0 8,1 "Agnes Baldwin Brett papers, 1900 - 1959". American Numismatic Society.
  9. "Barbara Brett Sanders". En The Boston Globe. Obituaries. 17 de febreiro de 2013.
  10. "History of the American School 1882-1942: Agnes Hoppin Memorial Fellows". American School of Classic Studies at Athens.
  11. "Huntington Medal". American Numismatic Society.
  12. "The Society's Medal". The Royal Numismatic Society.
  13. "Proceedings of the Royal Numismatic Society". The Numismatic Chronicle. 3. 1943. Páxinas 10-11.
  14. Von der Osten, H. H.; Barnett, R. D. (1938). "Ancient Oriental Seals in the Collection of Mrs. Agnes Baldwin Brett". Journal of the Royal Asiatic Society of Great Britain and Ireland. 2. Páxinas 315-317.
  15. "Agnes Baldwin Brett: A Pioneer Numismatist and Archaeologist at the ANS". Pinterest.
  16. "Published Works of Agnes Baldwin Brett". American Numismatic Society.