Saltar ao contido

Henry Nelson Wright

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenry Nelson Wright
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1869
Manipur Editar o valor en Wikidata
Morte13 de maio de 1941 (71 anos)
The Larches, Warlingham.
Surrey.
Inglaterra Inglaterra.
País de nacionalidadeBritánica.
Q89547790Estudos de moeda da India.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorIndian Civil Service (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEdith Mary Stuckey (1892).
Minnie Barnes (1919). Editar o valor en Wikidata
Premios
(1932): Medalla da RNS.

Henry Nelson Wright, nado no estado indio de Uttan Pradesh o 29 de outubro de 1869 e finado en Warlingham, Inglaterra, o 13 de maio de 1941, foi un funcionario ao servizo do Raj Británico e un numismático especializado na moeda da India.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Henry Nelson Wright naceu na vila de Mainpuri, no Estado indio de Uttar Pradesh, na India Británica, o 29 de outubro de 1969.[1] Era fillo de Francis Nelson Wright (1840-1900) e de Amelia Hannah Barnes (1842-1888).[2]

Durante a súa carreira como funcionario na India conformou unha importante colección de moeda da India islámica que posteriormente foi adquirida polo Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e polo Museo de Delhi. Do mesmo xeito, o Museo Británico adquiriu tamén, en 1912, a súa colección de moeda do Imperio Gupta.[3][4]

Entre as súas obras cómpre salientar dous dos volumes que compoñen o catálogo das moedas do Museo da India en Calcuta, publicado entre 1906 e 1828.[3][5]

Wright foi membro da Royal Numismátic Society, de Londres, desde 1903[6][7] e tamén se atopa entre o grupo dos seis fundadores da Sociedade Numismática da India en 1910.[8] Ambas as institucións honrárono coas súas distincións máis prestixiosas.[9]

Así mesmo, Wright foi elixido membro da Sociedade Asiática de Bengala o 7 de novembro de 1894.[10]

Pola súa banda, a Sociedade Numismática da India instituíu na súa honra a Medalla de Bronce Nelson Wright, outorgada aos seus membros en recoñecemento dos seus méritos académicos. [11]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Henry Nelson Wright casou o 24 de febreiro de 1892 con Edith Mary Stuckey (1867-1917) en Madrás, Bengala, con quen tivo dous fillos e dúas fillas. O 25 de setembro de 1919 casou en segundas nupcias con Minnie Barnes, con quen tivo un fillo.[1]

Logo da súa xubilación como funcionario na India, Wright fixou a súa residencia en The Larches, Warlingham, no condado inglés de Surrey.[7] Alí faleceu o 13 de maio de 1941, aos 71 anos.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Estes son os traballos monográficos de Henry Nelson Wright sobre a moeda da India:[14][15]

  1. 1 2 3 "Arquivado 26 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine. The Descendants of William Wright [...]. Fourth Generation". En Airgale.com.au
  2. ↑ "Arquivado 26 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine. The Descendants of William Wright [...]. Third Generation". En Airgale.com.au
  3. 1 2 NC (1941). Páxina 11.
  4. ↑ "H Nelson Wright". The British Museum.
  5. ↑ Véxase (1907) e (1908) en "Publicacións".
  6. ↑ Pagan, H. (1986). "Record of Members and Fellows". En R. A. G. Carson. A History of the Royal Numismatic Society. Royal Numismatic Society, Londres. Páxina 75. ISBN 0-901405-24-8
  7. 1 2 "List of Fellows, 1940". En The Numismatic Chronicle. 5ª serie. Vol. 20. Nº 78 (1940). Rotal Numismatic Society, Londres. Páxina 11.
  8. ↑ "About NSI / History". Numismatic Society of India. Banars Hindu University.
  9. ↑ NC (1941). Páxinas 11-12.
  10. ↑ Proceedings of the Asiatic Society of Bengal. January to December 1894. The Asiatic Society, Calcuta. Páxinas 109 e 117.
  11. ↑ "Awards & Medals". Numismatic Society of India. Banars Hindu University.
  12. ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  13. ↑ NC (1941). Páxina 12.
  14. ↑ "Wright, H. Nelson (Henry Nelson)". WorldCat Identities.
  15. ↑ "Wright, Henry Nelson Arquivado 25 de outubro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]