Frederick Walters

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Frederick Walters
Datos persoais
Nacemento5 de febreiro de 1931.
LugarCoat of Arms of The City of London.svg Brompton, Londres.
Flag of England.svg Inglaterra.
Falecemento3 ou 8 de decembro de 1931 (83 anos).
LugarSurrey.svg Ewel, Surrey.
Flag of England.svg Inglaterra.
NacionalidadeBritánica.
RelixiónCatolicismo.
Actividade
CampoArquitectura e numismática.
Alma máterRoyal Academy Schools.
Contribucións e premios
Coñecido porConstrución de templos católicos.
Premios(1922): Medalla da RNS.
editar datos en Wikidata ]

Frederick Arthur Walters, nado en Londres o 5 de febreiro de 1849 e finado en Ewell, Surrey, o 3 ou o 8 de decembro de 1931, foi un arquitecto británico activo nas épocas vitoriana e eduardiana, destacado polos seus templos católicos.

En paralelo á súa profesión, destacou tamén como estudoso e investigador numismático.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Walters naceu o 5 de febreiro de 1849 no distrito londiniense de Brompton. Era fillo do arquitecto Frederick Page Walters, con quen traballou como aprendiz durante tres anos.[2]

Posteriormente formouse nas Royal Academy Schools, integradas na Royal Academy of Arts, onde ingresou en 1871.[2]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Abadía de Buckfast, obra de Frederick Walters.

Tras traballar no estudio de George Goldie durante nove anos, seis deles como axudante principal, estableceu un estudio propio en 1878. En 1924 asociouse co seu fillo, o tamén arquitecto John Edward Walters.[2]

A confesión católica de Walters levouno a deseñar e a erguer máis de medio cento de igrexas e outros edificios relixiosos, nun estilo con reminiscencias góticas. Nalgúns templos preexistentes foi o encargado da súa reforma ou da súa redecoración interior, como é o caso das catedrais de Nottingham, de Plymouth e de San Xurxo en Southwark, Londres (1888-1905),[3] así como a abadía de Downside.[4]

En 1929 Ingresou como membro do Royal Institute of British Arquitects.[5]

Numismática[editar | editar a fonte]

A afección pola numismática de Frederick Walters comezou na súa xuventude e non se limitou ao papel de coleccionista de moedas senón que afondou no seu estudo e na investigación. Cando o 16 de decembro de 1897 ingresou na Royal Numismatic Society,[6] xa publicara na revista desta entidade, Numismatic Chronicle, máis dunha vintena de artigos.[7][8]

Tamén foi membro da British Numismatic Society, entidade da que foi presidente entre 1920 e 1921.[9]

As súas investigacións numismáticas centráronse na moeda inglesa desde Eduardo III (1327-1377) ata Henrique VIII (1509-1547),[10] aínda que tamén se ocupou doutras cuestións, como os achados de moedas da Antiga Roma.[4][11]

Walters finou en decembro de 1931 en Ewell, pouco antes de facer os 84 anos.[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Obras[editar | editar a fonte]

Obra arquitectónica[editar | editar a fonte]

Esta é unha obra dos traballos arquitectónicos asinados por Frederick A. Walters:[13]

Igrexa do Sagrado Corazón, en Winbledon, obra de Frederick Walters.
  • (1881). Igrexa de San Xosé (Wandsworth, Londres).[14]
  • (1884-1887). Igrexa do Sagrado Corazón (Wimbledon, Londres).[15]
  • (1888). Entrada e torre da escola da Abadía de Douay (Woolhampton).[16]
  • (1890-1903). Igrexa da Nosa Señora de Ransom (Eastbourne, East Sussex).[17]
  • (1891). Seminario de San Xoán (Wonersh, Surrey).[18]
  • (1892). Abadía franciscana de Santo Agostiño (Chilworth, Surrey).[19]
  • (1892-1893). Igrexa do Preciosísimo Sangue (Southwark, Londres).[20]
  • (1892-1893). Igrexa do Sagrado Corazón (Battersea, Londres).[21]
  • (1893-1894). Reitoral da Igrexa dos Mártires Ingleses (Walworth, Londres).[22]
  • (1894). Igrexa do Santo Nome e da Nosa Señora do Sagrado Corazón (Bow Common, Londres).[23]
  • (1894-1896). Igrexa do Sagrado Corazón (Petworth, West Sussex).[24]
  • (1895). Igrexa de San Xosé (Dorking, Surrey).[25]
  • (1895-1897). Igrexa de San Xoán Evanxelista (Wealden, East Sussex).[26]
  • (1896). Igrexa de San Tomé (Sevenoaks, Londres).[27]
  • (1897-1907). Igrexa de Santa María dos Anxos (Worthing, West Sussex).[28]
  • (1897-1935). Abadía de Ealing (Ealing, Londres).[29]
  • (1898). Igrexa de Santa María e San Miguel (Londres).[30]
  • (1898). Igrexa da Nosa Señora e San Pedro (East Grinstead, West Sussex).[31]
  • (1900-1903). Igrexa de Santa Ana (Vauxhall, Londres).[32]
  • (1900-1901). Igrexa de San Xosé (Brighton).[33]
  • (1901-1903). Igrexa dos Anxos da Garda (Mile End, Londres).[34]
  • (1903). Igrexa de Santa Isabel de Portugal (Richmond, Londres).[35]
  • (1904-1905). Igrexa de Santa Winifreda (South Wimbledon, Londres).[36]
  • (1905-1906). Igrexa de San Edmundo (Godalming, Surrey).[37]
  • (1905-1915). Colexio de Santo Agostiño (Westgate-on-Sea, Kent).[38]
  • (1905-1937). Abadía de Buckfast (Buckfast, Devon).[39]
  • (1906). Igrexa da Nosa Señora da Piedade e San Simón (Putney, Londres).[40]
  • (1907). Igrexa de Santa María dos Anxos (Canton, Cardiff).[41]
  • (1908-1909). Igrexa de Santo Anselmo e Santa Cecilia (Londres).[42]
  • (1910). Igrexa da Nosa Señora de Lourdes (Ashby-de-la-Zouch, Leicestershire).[43]
  • (1910). Capela do Wimbledon College (Wimbledon, Londres).[44]
  • (1911). Igrexa de San Xosé (Grayshott, Hampshire).[45]
  • (1914-1915). Igrexa de San Wilfredo (Kennington, Londres).[46]
  • (1923-1924). Igrexa de San Tarcisio (Camberley, Surrey).[47]
  • (1926). Igrexa de San Pedro (Winchester, Hampshire).[48]
  • (1928). Igrexa da Nosa Señora de Lourdes (Harpenden, Hertfordshire).[49]

Publicacións numismáticas[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dalgúns dos artigos numismáticos máis salientables publicados por Frederick A. Walters na revista Numismatic Chronicle, da Royal Numismatic Society:[50]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Proceedings of the Royal Numismatic Society". En The Numismatic Chronicle. Serie 4ª. Vol. XII. Páxinas 6-7.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Frederick Arthur Walters". Dictionary of Scottish Architects.
  3. "Roman Catholic Cathedral of St George (1385643)". National Heritage List for England.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Proceedings ...". Páxina 7.
  5. "Register of Fellows". En The Kalendar of the Royal Institute of British Architects. Novembro de 1930, Londres. Páxina 182.
  6. "Members of the Numismatic Society of London 1836-1904". En Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986). Páxina 74.
  7. Véxase "Publicacións numismáticas".
  8. "Proceedings ...". Páxina 6.
  9. "History: Presidents of the Society". British Numismatic Society.
  10. Véxase "Publicacións numismáticas".
  11. Véxase (1908) en "Publicacións numismáticas".
  12. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  13. "Walters, Frederick Arthur". En Graves, A. (1906). Páxina 120.
  14. "About". St Joseph's Church Roehampton.
  15. "Sacred Heart Wimbledon. History". Sacredheartwimbledon.org.uk
  16. "Former Douai School". Douaiabbey.org.uk
  17. "Our Lady of Ransom Roman Catholic Church". Historic England.
  18. Sitio web: St John's Seminary.
  19. "St Augustine's Abbey". Historic England.
  20. Evinson, D. (1998). Páxina 205.
  21. Evinson, D. (1998). Páxina 244.
  22. Evinson, D. (1998). Páxina 219.
  23. Evinson, D. (1998). Páxina 225.
  24. "Sacred Heart, Petworth". Sacredheartpetworth.org.uk
  25. "Parishes: Dorking". British History Online.
  26. "St John the Evangelist Parish Church at Heron’s Ghyll". Diocese of Arundel & Brighton.
  27. "St Thomas' Church". En Granville/Eardley Road. Conservation Area Appraisal. Sevenoaks District Council. Xullo de 2000. Páxina 13.
  28. "Worthing – St Mary of the Angels". Taking Stock. Catholic Churches of England & Wales.
  29. Kollar, R. (1989). The Return of the Benedictines to London, Ealing Abbey: 1896 to Independence. Burnes and Oates. ISBN 0-86012-175-5. Páxinas 53, 126.
  30. Evinson, D. (1998). Páxina 226.
  31. "Roman Catholic Church of Our Lady and St Peter". Historic England.
  32. Evinson, D. (1998). Páxina 184.
  33. "St Joseph, Brighton". English Heritage Review of Churches in Diocese 2005 (Extract).
  34. Evinson, D. (1998). Páxina 232.
  35. Cherry, B.; Pevsner, N. (1983). The Buildings of England. London 2: South. Penguin, Londres. Páxina 519. ISBN 0-14-0710-47-7.
  36. "Church of ST Winefride". British Listed Buildings.
  37. "Church of St Edmund King and Martyr". Historic England.
  38. Westgate on Sea South Conservation Area Appraisal. Decembro de 2006.. Páxina 27.
  39. Kollar, R. (1989). Op. cit. Páxina 53.
  40. Evinson, D. (1998). Páxina 249.
  41. "Church of ST Mary of the Angels R.C." British Listed Buildings.
  42. Evinson, D. (1998). Páxinas 85-87.
  43. "Ashby-de-la-Zouch – Our Lady of Lourdes". Taking Stock. Catholic Churches of England & Wales.
  44. "Ashby-de-la-Zouch – Our Lady of Lourdes".
  45. "Grayshott – St Joseph". Taking Stock. Catholic Churches of England & Wales.
  46. Evinson, D. (1998). Páxina 212.
  47. "Church of ST Tarcisius". British Listed Buildings.
  48. "Curch C. 20". En Hampshire Treasures. Vol. 4 (Winchester). Páxina 49.
  49. "Roman Catholic Church of Our Lady of Lourdes". Historic England.
  50. "Walters, Frederick A." WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]