Saltar ao contido

Manfred Mehl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManfred Mehl
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1939
Piła Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña Alemán
Educación Universidade de Hamburgo.
Universidade de Leipzig.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático, pedagogo Editar o valor en Wikidata
Premios
(2003): Eligiuspreis (DNG).
(2006): Premio Literario (AINP).
(2012): Premio da GIG.

Manfred Mehl, nado en Schneidemühl, Estado libre de Prusia, o 4 de marzo de 1939,[1] é un profesor e numismático alemán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda que Mehl naceu en Schneidemühl —a actual vila polaca de Piła—, en 1945 os acontecementos da Segunda guerra mundial fixeron que tivese que fuxir coa súa nai e parte da súa familia, inicialmente a Erfurt e a partir de 1949 á zona de ocupación británica de Hildesheim, na Baixa Saxonia, onde se estableceu.[1][2][3]

Alí graduouse en educación secundaria no Gymnasium Andreanum, onde se iniciou o seu interese pola historia e a numismática —o seu traballo de graduación centrouse xa daquela na historia do diñeiro—. Entre 1958 e 1964 cursou estudos superiores de Grego, Latín, Historia Antiga, Arqueoloxía e Estudos Eslavos na Universidade de Hamburgo,[1][2] e en 2002 acadou o seu doutoramento na Universidade de Leipzig.[3]

Desde 1966 e ata a súa xubilación en 2002, traballou como profesor de ensino secundario en Hamburgo, e logo do seu retiro pasou a dedicarse por completo aos estudos numismáticos.[1][2]

Manfred Mehl é un especialista na historia da moeda medieval alemá, tema sobre o que centrou as súas investigacións, que deron lugar a un bo número de publicacións, entre elas varias monografías e arredor de 150 artigos.[1][2]

Desde 1990 é presidente da Asociación de Amigos das Moedas de Hamburgo, entidade na que ingresou en 1969.[1][2][3]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Manfred Mehl ao longo da súa carreira:[7][8]

  • (1974). Schöne Hildesheimer Münzen. Gepräge d. Stadt u. d. Bistums. Bernward, Hildesheim. ISBN 9783870650551
  • (1995). Die Münzen des Bistums Hildesheim. Bernward, Hildesheim. ISBN 9783895430602
  • (1995). Vom Beginn der Prägung bis zum Jahre 1435. Bernward, Hildesheim. ISBN 9783895430602
  • (1998). Die Münzen der Grafen von Barby und Mühlingen. Mehl, Hamburgo. ISBN 9783933420008
  • (1998). Deutsche Serienscheine von 1918 - 1922 Katalog mit aktuellen Marktpreisen. Gietl Verlag, Battenberg. ISBN 978-3924861254
  • (2006). Die Münzen des Stiftes Quedlinburg. Mehl, Hamburgo. ISBN 978-3933420022
  • (2011). Münz- und Geldgeschichte des Erzbistums Magdeburg im Mittelalter. Mehl, Hamburgo. ISBN 978-3-933420-03-9
  • (2015). Die Münzen und Medaillen von Merseburg von den Anfängen bis 1738. Mehl, Hamburgo. ISBN 9783933420039
  • (2019). Die Münzen und Medaillen des Bistums Naumburg-Zeitz und des späteren Herzogtums Sachsen-Zeitz. Mehl, Hamburgo. ISBN 9783933420067 [9]
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 "Manfred Mehl - Bundesverdienstkreuz". Numismatisches NachrichtenBlatt, 3. 2021.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 "Manfred Mehl". Battenberg Gietl Verlag.
  3. 1 2 3 4 Kampmann, U. (2021).
  4. "Eligiuspreis der DNG". Sitio web da DNG.
  5. "IAPN-Book Prize Arquivado 19 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web de IAPN-AINP.
  6. "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
  7. "Mehl, Manfred". WorldCat Identities.
  8. "Mehl, Manfred". Regesta Imperii.
  9. Kampmann. U. (2019). "Die Münzen und Medaillen von Naumburg-Zeit". En Münzen Woche. 3 de outubro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]