Jean Baptiste Colbert de Beaulieu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jean-Baptiste Colbert de Beaulieu
Datos persoais
Nacemento25 de decembro de 1905
LugarGrandes Armes de Paris.svg París.
Flag of France.svg Francia
Falecemento26 de xaneiro de 1995 (89 anos)
LugarBlason Joinville-le-Pont 94.svg Joinville-le-Pont.
France moderne.svg Illa de Francia.
Flag of France.svg Francia
NacionalidadeFrancesa.
Actividade
CampoEstudos celtas, numismática, arqueoloxía.
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos da moeda celta da Galia.
Premios- 1976: Medalla da RNS.
- 1981: Premio Derek Allen (BA).
editar datos en Wikidata ]

Jean Baptiste Colbert de Beaulieu, nado o 25 de decembro de 1905 en París e finado o 26 de xaneiro de 1995 en Joinville-le-Pont, na rexión da Illa de Francia, foi un erudito, numismático e historiador, director de investigación do CNRS, especialista na numismática celta e en concreto no estudo da moeda gala, cuxa serie de cuños estableceu baseándose nunha nova metodoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que Jean-Baptiste Colbert de Beaulieu era médico exerceu esta profesión pouco tempo. Durante a segunda guerra mundial dirixía un laboratorio de produtos de beleza en Bruxelas.[1]

A súa curiosidade fixo que se interesase por ámbitos tan diversos como a astronomía, a pintura clásica, a numismática, a filatelia, a radio ou os libros antigos, sobre os que publicou diversos artigos, así como sobre outros estudos históricos.[1] En 1931 fundou en Aviñón o Groupe numismatique du Comtat et de Provence, do que foi nomeado presidente de honra en 1970.[2].

En 1948, nunha das súas frecuentes viaxes de volta a Francia, atopou un grupo de moedas nun anticuario de Sanit-Jacques-de-la Lande que, coa axuda de Paul Naster, catalogou como moedas celtas da Galia; ese mesmo ano e sobre ese mesmo tema publicou o seu primeiro artigo sobre numismática.[3][4] A partir dese momento dedicou grande parte da súa vida á clasificación dos cuños destas emisións, para o que estableceu unha nova metodoloxía.[1]

O 1 de outubro de 1951 ingresou, da man de Adrien Blanchet, como bolseiro de investigación no CNRS, onde 25 anos despois culminou a súa carreira como director de investigación. Nesa institución desenvolveu as súas investigacións sobre a moeda da Galia, que deron lugar a numerosas publicacións, entre as que destaca o tratado de numismática celta publicado en 1973, onde expón a súa metodoloxía e sintetiza as súas achegas doutros traballos parciais.[5][6][7][8]

Colbert de Beaulieu foi membro de diversas sociedades e entidades académicas. En 1963 foi un dos fundadores da Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos (SENA), en París, que presidiu e da que foi nomeado posteriormente presidente de honra.[9][10]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Colbert de Beaulieu foi un autor prolífico: entre 1948 e 1983 a súa bibliografía totaliza 306 artigos (máis de oito cada ano). Esta é unha listaxe dos seus traballos monográficos e unha escolma dalgúns dos seus artigos máis representativos:[13][14][15][16][17]

Monografías[editar | editar a fonte]

  • (1960). Catalogue des collections archéologiques de Montbéliard. 2: Les monnaies gauloises (con F. Blind e P-D. Labarrière). Les Belles Lettres, París.
  • (1962). Catalogue des monnaies gauloises du Jura. Les Belles Lettres, París.
  • (1967). Catalogue des collections archéologiques de Besançon. IV: les monnaies gauloises. Les Belles Letres, París.
  • (1970). Les monnaies gauloises des Parisii (con G, Fabre). Impr. nationale, París.
  • (1973). Traité de numismatique celtique. I: méthodologie des ensembles. Les Belles Lettres, París.
  • (1978). Les monnaies antiques d'Afrique du Nord trouvées en Gaule. CNRS, París. ISBN 9782222022503
  • (1986). Recueil des inscriptions gauloises. III: Les calendriers (con P-M. Duval, M. Lejeune et al.). . CNRS, París. ISBN 9782222036685
  • (1998). Recueil des Inscriptions Gauloises. IV: Les légendes monétaires (con B. Fischer). París. CNRS, París. ISBN 9782271054487
  • (2002). Recueil des inscriptions gauloises. II-2: Textes gallo-latins sur "instrumentum" (con M. Lejeune, P-M. Duval et al). CNRS, París. ISBN 9782271058447

Escolma de artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Fischer, B. (1995). Páxina 261.
  2. "Colbert de Beaulieu Jean-Baptiste". Comité des travaux historiques et scientifiques.
  3. Véxase (1948) e (1951) en "Publicacións - Escolma de artigos".
  4. Gihard, P-M. (2016-b-). Páxina 24.
  5. Véxase (1973) en "Publicacións - Monografías".
  6. Guihard. P-M.; Van Heesch, J. (2016). "Que reste-t-il du Traité de Numismatique Celtique ? Relire l’œuvre de Jean-Baptiste Colbert de Beaulieu (1905-1995) vint ans après.". En Revue belge de numismatique. CLXII.
  7. Gihard, P-M. (2016-b-). Páxina 27.
  8. Fischer, B. (1995). Páxinas 261-262.
  9. Charlet, C. (2016). "Un demi-siécle de SENA, par Laurence Calmels". En CGB.fr. Informations numismatiques.
  10. Fischer, B. (1995). Páxina 263.
  11. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  12. "Derek Allen Prize". The British Academy.
  13. Gihard, P-M. (2016-b-). Páxina 26.
  14. "Colbert de Beaulieu, Jean-Baptiste 1905-1995". Digital Library Numis.
  15. "Colbert de Beaulieu, Jean-Baptiste (1905-1995)". Persee.fr
  16. "Colbert de Beaulieu, J.-B (Jean-Baptiste)". WorldCat Identities.
  17. "Jean-Baptiste Colbert de Beaulieu (1905-1995)". Bibliothèque nationale de France.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]