Richard Reece

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Richard Marsden Reece
–Richard Reece–
Datos persoais
Nacemento25 de marzo de 1939
LugarCirencester
Severn Cross.svg Gloucestershire
Reino Unido Reino Unido
NacionalidadeBritánica
Actividade
CampoNumismática e arqueoloxía
Alma máterUniversity College London
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de moeda romana das Illas Británicas.
Premios- (1989): Premio Lhotka, da RNS.
- (2009) Medalla da Royal Numismatic Society.
- (2014) Premio Derek Allen, da Academia Británica.
editar datos en Wikidata ]

Richard Marsden Reece, nado en Cirencester, no condado de Gloucestershire, o 25 de marzo de 1939, foi un bioquímico inglés máis coñecido polo seu labor no terreo numismático.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Richard Marsden Rice era fillo de Richard Marsden e Alice Reece.

Realizou os seus estudos superiores de Bioquímica no University College London, onde se graduou en 1961. Posteriormente ingresou na Universidade de Oxford (Wadham College) para continuar os seus estudos, e alí acadou o grao de doutor en 1972.[1][2]

Exerceu a docencia de Química no colexio de ensino secundario St George's School, en Leatherhead (1962-1966), no condado de Hertfordshire, e entre 1966 e 1968 foi o xefe do departamento de Química en St George's School, no mesmo condado.[1][2]

Reece abandonou o ensino secundario dous anos máis tarde e en 1970 ingresou no Instituto de Arqueoloxía de Londres como profesor axudante, e en 1981 acadou o posto de profesor asociado.[1][2]

En 1994 regresou ao University College London para exercer como profesor de Arqueoloxía e Numismática Romanas Tardías e, logo da súa xubilación en 1999, foi nomeado profesor emérito nesta universidade.[1][2][3]

Entre outras institucións de prestixio científico, Reece formou parte da Sociedade de Anticuarios de Londres a partir de 1968, e en 2003 foi elixido como socio de honra da Real Sociedade de Numismática de Londres, de cuxo consello formara parte entre 1970 e 1973.[1][2]

Honras e premios[editar | editar a fonte]

Escolma de obras[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma das principais monografías de Reece en materia numismática e arqueolóxica:[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Richard Marsden Reece". En Prabook.com.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Reece, Richard Marsden". En Who's Who & Who Was Who.
  3. "Emeritus". Institute of Archeology. University College London.
  4. "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
  5. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  6. "Proceedings". The Numismatic Chronicle (1966-). 170: 533–554. 2010.
  7. "Derek Allen Prize". The British Academy.
  8. "Reece, Richard". En WorldCat.