Aquilla Smith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAquilla Smith

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de abril de 1806 Editar o valor em Wikidata
Nenagh - Aonach Urmhumhan Editar o valor em Wikidata
Morte1890 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Dublín Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónTrinity College Dublín Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina, numismática, arqueoloxía.
Ocupaciónvendedor de antiguidades (pt) Traducir , numismático , médico Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosVincent Arthur Smith (en) Traducir, Walter George Smith Editar o valor em Wikidata
Premios
(1878): Medalla Cunningham (RIA).
(1884): Medalla da RNS.


Aquilla Smith, nado o 28 de abril de 1806 en Nenagh, condado de Tipperary, e finado o 23 de marzo de 1890 en Dublín, foi un médico, numismático e arqueólogo irlandés.

Como numismático, foi unha autoridade en moeda irlandesa.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vida familiar[editar | editar a fonte]

Smith naceu en Nenagh, Co. Tipperary, en 1806 fillo máis novo de Aquilla e de Catherine Doolan.[4][5]

En 1831 casou coa súa curmá Esther Faucett, con quen tivo trece fillos, un deles o destacado historiador e indoloxista Vincent Arthur Smith (1843-1920).

Carreira médica[editar | editar a fonte]

Logo dalgúns anos de educación en institucións privadas, en 1823 ingresou no Trinity College, da Universidade de Dublín, na capital irlandesa, e en 1825 pasou a ser alumno do Real Colexio de Cirurxiáns de Irlanda (Royal College of Surgeons), aínda que unha doenza o obrigou a deter os seus estudos e, finalmente, en 1827 optou por abandonar a cirurxía en favor da medicina.[5] Así foi que en 1833 acadou a súa graduación en Medicina e en 1839 recibiu o doutoramentio con honras pola Universidade de Dublín, e ese mesmo ano foi elixido membro do King and Queen's College of Physicians.[4][6]

Smith foi posteriormente profesor de Materia Medica no mesmo King and Queen's College e de Farmacia na na School of Physic entre 1864 e 1881, e exerceu como médico no hospital Sir Patrick Dun.[4][7]

Aquilla Smith Foi o representante do Colexio Irlandés de Médicos (Irish College of Physicians) no Consello Médico Xeral de Irlanda de 1851 a 1890. Ademais, foi o editor da publicación periódica Dublin Pharmacopaeia (1850).[4][7]

Carreira numismática[editar | editar a fonte]

Smith amosou desde ben cedo o seu interese pola numismática, alentado polo seu amigo Richard Sainthill[8] –arredor de 500 ilustracións da obra deste último titulada An Olla podrida (1853) eran obra de Smith, e o seu segundo volume está dedicado a el–.[9][10]

Os traballos de mellora das infraestruturas en Irlanda na primeira metade do século XIX deixou ao descuberto unha importante cantidade de achados arqueolóxicos e Aquilla Smith, xunto con numismáticos como John Lindsay (1789-1870) e filólogos como J. H. Todd (1805-1869), trataron de facer un estudo crítico dese material. Paralelamente ao estudo, Smith foi xuntando unha das mellores coleccións de moedas e fichas comerciais irlandesas, que posteriormente foron adquiridas pola Real Academia de Irlanda, en 1872.[11]

Aquilla Smith foi elixido membro da Real Academia de Irlanda en 1835 e entrou a formar parte do seu consello directivo en 1838.[12] Ademais, foi tamén membro da Royal Numismatic Society, de Londres, durante máis de tres décadas.[10]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Premio Aquilla Smith[editar | editar a fonte]

Na memoria de Aquilla Smith, o Trinity College de Dublín instituíu en 1932 o Premio Aquilla Smith, dotado duns fondos legados por un dos seus fillos, Walter G.Smith. Con el, prémiase anualmente o estudante con mellores resultados académicos en Patoloxía e Microbioloxía, no terceiro ano dos estudos de Medicina.[15]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Smith concentrou os seus artigos científicos nunhas poucas revistas; os relativos á medicina en Journal of Medical Science, de Dublín, e os relacionados coa numismática e a arqueoloxía fundamentalmente en Numismatic Chronicle, en Transactions Proceedings of the Royal Irish Academy, en Proceedings of the Royal Irish Academy, en Journal of Historical and Archaeological Association e en Journal of Medical Science. As súas ilustracións foron publicadas na súa maioría en Transactions of the Kilkenny Archaeological Society. Esta é unha escolma do máis significativo da súa obra:[16][17]

Sobre medicina[editar | editar a fonte]

Sobre numismática irlandesa[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Falkiner, C. L.; Legg, M. (2004).
  2. "Proceedings of the Numismatic Society" (1890).
  3. Moore, J. W. (1890).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Proceedings of the Numismatic Society" (1890). Páxina 23.
  5. 5,0 5,1 Moore, J. W. (1890). Páxina 476.
  6. Moore, J. W. (1890). Páxina 477.
  7. 7,0 7,1 Moore, J. W. (1890). Páxina 478.
  8. "Richard Sainthill (1787-1870)". National Gallery of Ireland.
  9. Sainthill, R. (1853). An Olla Podrida or Scraps, Numismatics, anticuarian and literary. Londres.
  10. 10,0 10,1 "Proceedings of the Numismatic Society" (1890). Páxina 24.
  11. "Proceedings of the Numismatic Society" (1890). Páxina 26.
  12. Moore, J. W. (1890). Páxina 479.
  13. Went, A. E. J. (1973). “The Cunningham Medal of the Royal Irish Academy”. En Proceedings of the Royal Irish Academy: Archaeology, Culture, History, Literature. Vol. 73. Páxina 104.
  14. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  15. "Aquilla Smith Prize". Calendar 2019-2020. Trinity College Dublin. Páxina 238.
  16. "Proceedings of the Numismatic Society" (1890). Páxinas 25-26, 41-42.
  17. "Smith, Aquilla 1806-1890". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Falkiner, C. L.; Legg, M. (2004). "Smith, Aquilla (1806-1890)". Oxford Dictionary of National Biography (online ed.). Oxford University Press.
  • Moore, J. W. (1890). "In memoriam Aquilla Smith". En The Dublin Journal of Medical Science. Vol. 89. Páxinas 476-480. [https://zenodo.org/record/2316317/files/article.pdf]
  • "Obituary of Aquilla Smith". En Proceedings of the Royal Irish Academy. 3ª serie. Vol. 2 (Appendix). 1891. Páxinas 79-81.
  • "Proceedings of the Numismatic Society" (1890). En Numismatic Chronicle. 3ª serie. Nº 10. 1890. Páxinas 22-26, 41-42.