Konrad Schneider

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKonrad Schneider
Biografía
Nacemento1950
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Alemán
Educación Universidade de Bonn.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arquivística.
Ocupaciónarquiveiro , numismático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios
(1997): Eligiuspreis (DNG).
(2001): Premio da GIG.
(2016): Premio Saalburg.


Konrad Schneider, nado en Bogotá, Colombia, en 1950, é un numismático alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Konrad Schneider cursou entre os anos 1969 e 1975 estudos superiores de Historia, Inglés e Lingüística na Universidade de Bonn, onde acadou o seu doutoramento en 1976.[1]

Entre 1977 e 1979 formouse como arquiveiro científico no Arquivo da Capital de Renania do Norte-Westfalia, en Düsseldorf, e tamén na Escola de Arquivos de Marburgo. De 1979 a 1987 exerceu como arquiveiro científico no Arquivo Estatal de Hamburgo, posto que deixou en 1991, para exercer a xefatura do Departamento de Arquivos Modernos do Instituto de Historia Urbana de Frankfurt. [1]

Paralelamente ao seu exercicio profesional como arquiveiro, Schneider realizou investigacións acerca da historia do diñeiro e a circulación monetaria locais, que deron lugar a un bo número de publicacións e polas que foi premiado en diversas ocasións.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Konrad Schneider ao longo da súa carreira:[5][6]

  • (1977). Das Münzwesen in den Territorien des Westerwaldes, des Taunus und des Lahngebietes und die Münzpolitik des Oberrheinischen Reichskreises im 17. Jahrhundert, Urbar. ISBN 978-3980013208
  • (1983). Hamburgs Münz- und Geldgeschichte im 19. Jahrhundert bis zur Einführung der Reichswährung, Coblenza. ISBN 978-3923708000
  • (1986). "Banco, Species und Courant". Untersuchungen zur Hamburger Währung im 17. und 18. Jahrhundert, Coblenza. ISBN 9783923708031
  • (1990). Frankfurt und die Kipper- und Wipperinflation der Jahre 1619-1623. Frankfurt. ISBN 978-3782903950
  • (1995). Die Münz- und Währungspolitik des Oberrheinischen Reichskreises im 18. Jahrhundert, Coblenza. ISBN 3923708092
  • (2000). Der Mineralwasserversand und seine Gefäßproduktion im rheinisch-hessischen Raum vom 17. bis zum Ende des 19. Jahrhunderts, Coblenza. ISBN 3923708106

Notas[editar | editar a fonte]