Saltar ao contido

Max von Bahrfeldt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMax von Bahrfeldt

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1856 Editar o valor en Wikidata
Willmine Editar o valor en Wikidata
Morte11 de abril de 1936 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Halle (Saale) Editar o valor en Wikidata
Comandante
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Stade
Hildesheim Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnumismático, profesor universitario, militar, arqueólogo, oficial Editar o valor en Wikidata
Partido políticoDeutschnationale Volkspartei Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Imperial Alemán Editar o valor en Wikidata
Rango militarxeneral de infantaría Editar o valor en Wikidata
Participou no conflitoPrimeira Guerra Mundial
Batalla de Charleroi Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNeue Deutsche Biographie, (vol:1, p.543) >>>:Bahrfeldt, Max Ferdinand von (seit 1913) Editar o valor en Wikidata

Max Ferdinand Bahrfeldt (a partir de 1913 von Bahrfeldt), nado en Gerswalde o 6 de febreiro de 1856 e finado na cidade saxoa de Halle o 11 de abril de 1936, foi un xeneral, numismático e historiador local alemán.

Bahrfeldt é coñecido como un dos maiores estudosos da moeda romana da época republicana. O seu irmán máis vello, Emil Bahrfeldt (1854-1929), tamén foi un reputado numismático.

No ámbito militar, en paralelo ás súas vitorias, atribúenselle as atrocidades cometidas en Charleroi durante a invasión alemá de Bélxica en 1914 durante a primeira guerra mundial.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bahrfeldt naceu en 1856 no barrio de Willmine, do municipio de Gerswalde, en Brandeburgo.[1]

Carreira militar

[editar | editar a fonte]

Desde 1869, Bahrfeldt asistiu ás escolas de cadetes de Wahlstatt (a actual Legnickie Pole, en Polonia) e de Berlín, ata 1873, cando se converteu en tenente do 75º rexemento de Infantaría, de Bremen.[2] Posteriormente emprendeu a carreira de oficial no exército prusiano e estudou na Academia de Guerra de Berlín entre 1882 e 1885. En 1904 foi ascendido a coronel, en 1908 a xeneral de división e en 1911 a tenente xeneral. Finalmente, retirouse do exército en 1916.[1][3]

Primeira guerra mundial

[editar | editar a fonte]

Como xeneral de Infantaría, dirixiu varias divisións coas que participou en diferentes batallas na fronte occidental durante a primeira guerra mundial.[1][4]

Unha destas divisións comandadas por Bahrfeldt foi a 37ª de Infantaría, coa que participou na captura da cidade de Charleroi o 22 de agosto de 1914, no marco da invasión alemá de Bélxica. Acusado posteriormente polos aliados de cometer crimes de guerra durante a ocupación, foi condenado a morte en ausencia nun consello de guerra celebrado por un tribunal belga en 1925.[4][5][6]

Na súa condición de tenente xeneral, Bahrfeldt accedeu á nobreza hereditaria prusiana o 16 de xuño de 1913, no marco do XXV aniversario do reinado de Guillerme II, o que leva consigo o uso do apelido "von Bahrfeldt".[2][7]

Polos seus servizos militares recibiu a Estrela de segunda clase da Orde da Aguia Vermella, así como a Estrela de segunda clase da Orde da Coroa prusiana.[8]

Actividade política

[editar | editar a fonte]

Bahrfeldt foi membro do Partido Alemán da Patria (Deutsche Vaterlandspartei) desde a súa fundación en 1917. Durante a República de Weimar estivo afiliado ao Partido Popular Nacional Alemán (Deutschnationale Volkspartei) e á organización paramilitar Stahlhelm ("Casco de Aceiro"). Logo da disolución desta organización durante o Terceiro Reich, Bahrfeldt pasou á reserva da SA-Sturmabteilungen, o brazo paramilitar de partido nazi alemán.[3]

Carreira académica

[editar | editar a fonte]

Bahrfeldt amosou xa desde a súa xuventude interese pola numismática, non só como coleccionista senón que tamén se dedicou ao seu estudo, xunto co seu irmán Emil, e focalizou o seu interese nas cuñaxes da República Romana e da Baixa Saxonia,[2][4][9][10] en tanto que Emil se centraba na moeda medieval de Brandeburgo.[11]

Iniciou as súas investigacións numismáticas en 1873, cando comandaba o 75º rexemento de infantaría, e publicou o seu primeiro traballo sobre este tema en 1874, en Stade.[2] Un ano despois accedeu ao posto de coeditor da revista Numismatisch-Sphragistischer Anzeiger, publicada en Hannover, na que publicou numerosos artigos.[2]

Entre 1876 e 1882, en tanto que prestaba os seus servizos como auxiliar do rexemento de gornición en Stade, colaborou tamén como secretario da sociedade histórica local e exerceu como conservador da súa colección numismática. Ademais, tamén efectuou escavacións no sitio arqueolóxico do vaso campaniforme de Perleberg.

Como estudoso e como coleccionista, viaxou a diversas cidades europeas, entre elas París, Madrid, Viena, Budapest, Moscova, San Petersburgo, Copenhague e Londres, e alí visitou as coleccións e os gabinetes numismáticos máis importantes, sobre todo as partes dedicadas á moeda da Antiga Roma.[3][12]

A partir de 1880, Bahrfeldt foi editor da revista Numismatisches Literaturblatt, publicada en Stade.[3][9]

Estudos de numismática romana

[editar | editar a fonte]
Estatero de Coson (século I a. C.), sobre o que Max von Bahrfeldt fixo as súas achegas máis importantes á numismática antiga.

Polos seus estudos, Bahrfeldt está considerado como un dos maiores coñecedores das emisións monetarias da República Romana. En 1911 contribuíu a achegar luz a cerca das cuñaxes xeto-dacianas coa súa interpretación do estatero de ouro de Coson, defendendo a súa xénese local e excluíndo calquera relación coa fuxida de Roma de Marco Xunio Bruto, o que supuña rexeitar a conxectura de Joseph Hilarius Eckhel, que argumentara a súa orixe externa.[13] Neste sentido, Bahrfeldt obtivo a adhesión á súa postura do presitixioso numismático Theodor Mommsen.

Max von Bahrfeldt casou en Gotha, o 14 de outubro de 1878, con Elisabeth Mary Charlotte Samwer (1859-1954), filla do xurista e tamén numismático Karl Friedrich Samwer (1819-1882).[4] Tomando como base os papeis deixados polo seu sogro tras a súa morte, Bahrfeldt compuxo a máis salientable das súas monografías, publicada en Viena en 1883, acerca da historia das emisións monetarias da Antiga Roma a partir do ano 200 a. C.[14]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 1911 Bahrfeldt foi nomeado doutor honoris causa pola Facultade de Filosofía da Universidade de Giessen.[2] Pola súa banda, en 1921 a Universidade de Halle-Wittenberg nomeouno profesor honorario de Numismática, onde traballou ata o seu falecemento en 1936.[3][4][9][12]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dalgúns dos artigos e dos traballos monográficos publicados por Bahrfeldt ao longo da súa carreira académica:[16][17][18]

Monografías

[editar | editar a fonte]
  • (1883). Geschichte des älteren römischen Münzwesens bis circa 200 vor Christi (554 der Stadt) (con K. F. L. Samwer). Commissionsverlag von W. H. Kül in Berlin, Viena.
  • (1897-1919). Nachträge und Berichtigungen zur Münzkunde der römischen Republik : im Anschluss an Babelon's Verzeichniss der Consular-Münzen. Tomo I (1897). Tomo II (1900). Tomo III (1919). Bahrfeldt, Viena.
  • (1899). Le monete romano-campane (con S. Ricci). Cogliati, Milán.
  • (1914). Die Münzsammlung des Roemer-Museums zu Hildesheim. Lax, Hildesheim.
  • (1922). Sammlung römischer Münzen der Republik u. des West-Kaiserreichs. Riechmann, Halle.
  • (1923). Die römische Goldmünzenprägung während der Republik und unter Augustus. Riechmann, Halle.
  • (1927-1930). Niedersächsisches Münzarchiv; Verhandlungen auf den Kreis- und Münzprobationstagen des Niedersächsischen Kreises, 1551-1625 (catro volumes. Riechmann, Halle.
  1. 1 2 3 Cahn, H. A. (1934). Páxina 435.
  2. 1 2 3 4 5 6 "Bahrfeldt, Max Ferdinand von (1856-1936)". Prenzlau online.
  3. 1 2 3 4 5 "Max von Bahrfeldt". Universität Halle-Wittenberg.
  4. 1 2 3 4 5 Jesse, W. (1953).
  5. ↑ Toppe, A. (ed.) (2008). Militär und Kriegsvölkerrecht. Rechtsnorm, Fachdiskurs und Kriegspraxis in Deutschland 1899-1940. Oldenbourg Wissenschaftsverlag, Múnic. Páxina 136. ISBN 978-3-486-58206-2
  6. ↑ Lemaire, A.; Nonclercq, P. (2013). Charleroi, août 1914: Crimes, incendies, pillages, bombardements. L'invasion allemande au pays de Charleroi. Noir Dessin, Liexa. Páxinas 4-45. ISBN 978-2-87351-283-5. [Reedición analítica da orixinal de 1929]
  7. ↑ Militär-Wochenblatt. Nº 81. 19 de xuño de 1913. Páxina 1.863.
  8. ↑ Kriegsministerium (ed.) (1913). Rangliste der Königlich Preußischen Armee und des XIII. (Königlich Württembergischen) Armeekorps für 1913. Mittler & Sohn, Berlín. Páxina 108.
  9. 1 2 3 "Bahrfeldt, Max von". Enciclopedia Treccani.
  10. ↑ Cahn, H. A. (1934). Páxina 437.
  11. ↑ Jesse, W. (1953). "Bahrfeldt, Numismatiker. 1) Emil". En Neue Deutsche Biographie. Vol. 1. Duncker & Humblot, Berlín. Páxina 543.
  12. 1 2 Cahn, H. A. (1934). Páxina 436.
  13. ↑ Véxase (1911) en "Bibliografía - Artigos".
  14. ↑ Véxase (1883) en "Publicacións - Monografías".
  15. ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  16. ↑ "Bahrfeldt, Max Ferdinand von 1856-1935 Arquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  17. ↑ "Bahrfeldt, Max von 1856-1936". WorldCat Identities.
  18. ↑ "Bahrfeldt, Max von". Regesta Imperii.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]