Medalla Huntington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Medalla Huntington
ANS logo.jpg
Emblema da
American Numismatic Society
Outorgada por American Numismatic Society.
Tipo Recoñecemento.
Graos Único.
Elixibilidade Numismáticos de calquera país.
Outorgada por Contribucións á numismática ao longo da súa traxectoria.
Descrición Medalla de prata. Deseaño: Emil Fuchs (1908).
Estadísticas
Establecida 1918
Primeira outorgada 1918 (Edward T. Newell)
Última outorgada Concesión anual vixente.
Premiados Ver listaxe no artigo.

A Medalla Huntington, outorgada desde 1918 pola Sociedade Numismática Americana, é un dos recoñecementos máis presitxiosos do ámbito numismático, que premia a traxectoria dun numismático destacado de calquera país do mundo.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A condecoración denomínase así na honra de Archer M. Huntington (1870-1955), un home de negocios neoiorquino herdeiro dunha familia de industriais ferroviarios que se afiliou á American Numismatic Society en 1899 e permaneceu nela ata o seu falecemento. Huntington chegou a ser presidente da entidade entre 1905 e 1910, e foi un dos seus principais benefactores, en forma non só de moedas e medallas para a colección da Sociedade, senón tamén como doador de fondos económicos para a construción da súa sede e para outros fins.

A medalla está cuñada en prata e foi deseñada en 1908 por Emil Fuchs con motivo do 50 aniversario da Sociedade, e con ela recoñécense as contribucións destacadas dentro da traxectoria dun investigados numismático de calquera lugar do mundo.

Inicialmente distribuíronse exemplares da medalla en bronce entre os membros da sociedade que participaban nas exposicións que esta organizaba, ata que o seu consello de dirección decidiu a emisión de exemplares en prata "en recoñecemento dos servizos literarios ou outros á ciencia da numismática".[1]

Galardoados[editar | editar a fonte]

Estes son os numismáticos aos que se lles concedeu a medalla Huntington desde o seu establecemento como galardón en 1918:[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Awards Given by the American Numismatic Society". American Numismatic Society.
  2. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  3. "ANS confers Huntington Medal Award to Bernd Kluge". Coins Weekly.
  4. "2010 Huntington Medal Award for Christof F. Boehringer". Coins Weekly. 7 de abril de 2011.
  5. 5,0 5,1 "2012 and 2013 Huntington Awards for excellence in numismatic scholarship". Coins Weekly. 28 de marzo de 2013.
  6. "The ANS confers 2014 Huntington Award to John W. Adams". American Numismatic Association.
  7. 7,0 7,1 "ANS awards Archer M. Huntington Award to John W. Adams". Coins Weekly. 27 de marzo de 2014.
  8. "NS Honored Arthur A. Houghton with 2015 Archer M. Huntington Award". American Numismatic Association.
  9. "Dr. Michael Alram Received Huntington Award". American Numismatic Association.
  10. "Michael Alram to receive distinguished Huntington Award". Coins Weekly. 3 de marzo de 2016.
  11. "Dr. Bland Receives 2017 Huntington Award". American Numismatic Society.
  12. "2017 Archer M. Huntington Award for Roger Bland". Coins Weekly. 28 de setembro de 2017.
  13. "2018 Huntington Award to John Kleeberg". American Numismatic Association.
  14. "2018 Huntington Award to John Kleeberg". Coins Weekly. 22 de novembro de 2018.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]