Saltar ao contido

Elvira Clain-Stefanelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElvira Eliza Clain-Stefanelli
–Elvira Clain-Stefanelli–
Biografía
Nacemento1914
Bucarest Editar o valor en Wikidata
Morte1 de outubro de 2001 (86 anos)
Arlington
Virxinia
País de nacionalidade Estadounidense
Educación- Universidade Franz Josef.
- Universidade Chernivtsí.
Q89547790Directora da Colección Numismática Nacuional dos EEUU.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismática Editar o valor en Wikidata
EmpregadorColección Numismática Nacional dos Estados Unidos, assistant curator (en) Traducir, conservadora, directora executiva Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeVladimir Clain-Stefaneli Editar o valor en Wikidata
Premios
1973: Medalla de Ouro do Instituto Smithsoniano.
1989: Premio de Honra da Sociedade de Historia Monetaria Internacional (GIG).
1992: Medalla ao Mérito, da ANA.
1994: Premio Clemy (NLG).
1996: Premio Farran Zerbe Memorial, da ANA.
2013: Premio Elvira Clain-Stefanelli, da ANA.

Elvira Eliza Clain-Stefanelli (de solteira Elvira Eliza Olinescu)[1] nada en 1914 en Bucarest (Romanía) e finada en Arlington (Virxinia) o 1 de outubro de 2001, foi unha numismática norteamericano-romanesa. Xunto co seu marido, Vladimir Clain-Stefalli (1914-1982), caracterizouse por ser a organizadora da Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos, con sede no Instituto Smithsoniano.[2][3][4][5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Elvira Eliza Olinescu graduouse en Historia en 1936 na Universidade Franz Josef e máis tarde completou estudos de posgrao en Historia na súa institución académica herdeira, a Universidade de Chernivtsí, onde se especializou en moeda antiga.[1][3][4]

O 3 de xaneiro de 1939 casou con Vladimir Clain-Stefanelli, de quen a partir de entón tomou o apelido polo que é coñecida.[1][4] Durante a II guerra mundial, cando ambos comezaban a facer investigación numismática, foron detidos pola Gestapo en 1942. Vladimir foi enviado ao campo de concentración en Buchenwald e Elvira, embarazada, ingresou inicialmente nun hospital, aínda que logo conseguiu reunirse co seu esposo no campo de concentración, xunto cun continxente de refuxiados romaneses.[3] O fillo que esperaba naceu o 29 de marzo do ano seguinte e chegou a ser tamén un afamado numismático, Alexander Clain-Stefanelli, finado en 2014.[6] Acabada a guerra, a parella trasladouse inicialmente a Italia, onde traballaron para a compañía P&P Santamaria, e final mente aos Estados Unidos en 1951, onde continuaron ata a fin das súas vidas, os primeiros anos en Nova York e a partir da metade da década na zona de Washington. En 1954 Elvira empezou a traballar xunto co seu marido cando este foi nomeado xerente dunha sucursal da compañía Stack's Coin Galleries, de comercio numismático;[1] alí redactou o seu primeiro catálogo de venda de moedas.[4]

Elvira Clain-Stefanelli acadou a cidadanía estadounidense en 1956.[3] Ese mesmo ano, Vladimir foi nomeado conservador do Gabinete Numismático do Instituto Smithsoniano e o ano seguinte a súa esposa Elvira uniuse ao seu equipo como conservadora axudante. Logo do falecemento de Vladimir en 1982, Elvira Clain-Stefanelli asumiu en solitario a dirección executiva da colección, que continuou a súa expansión e o seu crecemento, ata a súa xubilación en 2000. Foi baixo a súa dirección cando a colección do Gabinete Numismático do Instituto Smithsoniano chegou a ser unha das máis importantes do mundo no seu xénero, pasando de ter aproximadamente 60.000 pezas en 1956 a máis de 960.000 en 1982.[1][3][4]

Entre 1962 e 1983 foi a delegada dos Estados Unidos na Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM), con sede en París, e nesa condición participou en diversas exposicións de medallística arredor do mundo. Nos anos 60 e 70 formou parte de diversos comités e comisións. En 1975 e 1976, por exemplo, participou na comisión encargada de elixir os deseños das moedas conmemorativas do Bicentenario dos Estados Unidos.[3][5]

Ao longo da súa carreira destacou tamén o seu labor como asesora da Casa da Moeda dos Estados Unidos (US Mint) e do Departamento do Tesouro, e foi un membro significativo da American Numismatic Society, na que ingresou en 1963, e membro de honra da American Numismatic Association.[4] Tamén formou parte doutras institucións estranxeiras, como a Royal Numismatic Society, de Londres, a Real Sociedade Numismática dos Países Baixos, a Sociedade Real de Numismática de Bélxica, a Sociedade Numismática Italiana e o Consello Internacional de Numismática.[1]

No ámbito académico foi unha investigadora prolífica e publicou numerosos artigos e monografías sobre os máis diversos temas relacionados coa numismática, que foron traducidos a varios idiomas. O seu interese centrouse na moeda antiga da rexión do Mar Negro e tamén nas medallas dos Estados Unidos. A súa derradeira publicación, de 1999, foi Life in Republican Rome on its Coinage ("A vida na República Romana nas súas moedas").[4]

Elvira Clain-Stefanelli faleceu o 1 de outubro de 2001 por causa dunha parada cardíaca e pulmonar no Virginia Hospital Center, en Arlington.[3] Na American Numismatic Society gárdanse os arquivos tanto de Elvira como do seu marido, Vladimir Clain-Stefanelli.[4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Premio Elvira Clain-Stefanelli Memorial

[editar | editar a fonte]

En 2013, a American Numismatic Association instituíu o Premio Conmemorativo Elvira Clain-Stefanelli para os Logros en Numismática (Elvira Clain-Stefanelli Memorial Award for Achievement in Numismatics), na honra das mulleres que fixeran contribucións significativas á numismática en calquera dos seus ámbitos.[11]

Escolma de monografías

[editar | editar a fonte]

Á parte dos moitos artigos numismáticos de Elvira Clain-Stefanelli, tamén foi autora de diversas monografías, varias delas en colaboración co seu marido, Vladimir. Estas son as máis representativas da súa traxectoria:[2][4][12]

  • (1962). Russian gold coins. Spink & Son. Londres.
  • (1965): Select Numismatic Bibliography. Stack’s.
  • (1965): Italian Coin Engravers since 1800. Contributions from the Museum of History and Technology, Paper 33. U. S. Government Printing Office.
  • (1965): Numismatics, an ancient science : a survey of its history. U. S. Government Printing Office.
  • (1970): South Carolina paper money, 1770-1933 : by an exhibition. Smithonian Institute. Washington.
  • (1973): Medals Commemorating Battles of the American Revolution. Con Vladimir Clain-Stefanelli. Smithsonian Institution. Washington.
  • (1973): Modern Numismatic including medals. International Numismatic Commission. Nova York.
  • (1974): Medals commemorating battles of the American Revolution. Con Vladimir Clain Stefanelli. United States Mint. Washington.
  • (1974): The Beauty and Lore of Coins, Currency, and Medals. Con Vladimir Clain-Stefanelli. Riverwood Publishers. ISBN 978-0914762010
  • (1975): Chartered for Progress : two Centuries of American Banking; a pictorial essay. Con Vladimir Clain-Stefanelli. Acropolis Books. ISBN 978-0874910322
  • (1975): Two Centuries of American Banking: A Pictorial Essay. Acropolis Books. Washington. ISBN 9780874910315
  • (1976): Das Grosse Buch der Münzen und Medaillen. Con Vladimir Clain-Stefanelli. Múnic. Battenberg. ISBN 9783870451196
  • (1978): Muenzen der Neuzeit. Con Vladimir Clain-Stefanelli. Office du Livre. Friburgo. ISBN 9783870451219
  • (1978): Monnaies européennes entre 1450 et 1789. Bibliothèque des arts. Lausana.
  • (1979): Highlights from the Money Collection of the Chase Manhattan Bank. Smithsonian Institution. Washington.
  • (1979): Monnaies européennes et monnaies coloniales américaines entre 1450 et 1789. Con Vladimir Clain-Stefanelli. Office du Livre. Friburgo.
  • (1984): Numismatic Bibliography. Battenberg. Múnic. ISBN 9783598075070
  • (1999): Life in Republican Rome on its Coinage. Smithsonian Institution. Washington.
  1. 1 2 3 4 5 6 7 "Elvira Clain-Stefanelli, Curator at Smithsonian Institution, dies". American Numismatic Association.
  2. 1 2 Mudd, D. (2001). "Obituaires: Elvira Elisa Clain-Stefanelli (1914-2001) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". Consello Internacional de Numismática.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 Bernstein, A. (2001 ).
  4. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 "Vladimir and Elvira Clain-Stefanelli papers, 1938 - 1972". American Numismatic Society.
  5. 1 2 "Elvira Eliza Clain-Stefanelli. Biography". En Coin Redesign Bill (H.R. 505). U.S. Government Printing Office. Washington. 1989. Páxina 103
  6. "Alexander Clain-Stefanelli, 1943-2014". En Academia.edu
  7. 1 2 3 4 "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  8. "Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte". www.gig-geldgeschichte.de. Consultado o 2021-05-28.
  9. "The Clemy Award Winners Arquivado 07 de xuño de 2023 en Wayback Machine.". Numismatic Literary Guild.
  10. Doty, R. G.; Hackens, T. (eds.) (1996). Italiam fato profugi hesperinaque venerunt litora : numismatic studies dedicated to Vladimir and Elvira Eliza Clain-Stefanelli. Département d'archéologie et d'histoire de l'art. Séminaire de numismatique Marcel Hoc. Université catholique de Louvain. ISBN 978-2-9600462-7-4
  11. "ANA Service Awards Categories". American Numismatic Association.
  12. "Clain-Stefanelli, Elvira". En WorldCat.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]