François de Callataÿ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
François de Callataÿ
Translatio nummorum - 27 - François de Callataÿ (cropped).jpg
François de Callataÿ en 2011

Datos persoais
Nacemento13 de xuño de 1961
LugarUccle Blason.svg Uccle.
Flag of the Brussels-Capital Region.svg Bruxelas-Capital.
Bélxica Bélxica
NacionalidadeBelga.
Actividade
CampoNumismática e arqueoloxía.
Alma máterUniversidade Católica de Lovaina.
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de numismática da Antiga Grecia.
Influído porTony Hackens
Premios- 1998: Premio Bordín, do IF.
- 1998: Premio da SRNB.
- 1999: Premio Victor Tourneur, da RAB.
- 2004: Premio Engel, da AIBL.
- 2006: Premio Jeton de Vermeil, da SFN.
- 2006: Medalla Huntington da ANS.
- 2007: Premio da Fundación Francqui.
- 2008: Comendador da Orde de Leopoldo II.
- 2021: Medalla da RNS.
editar datos en Wikidata ]

François de Callataÿ, nado na vila de Uccle, na rexión de Bruxelas-Capital, o 13 de xuño de 1961, é un historiador da arte, arqueólogo e numismático belga especializado na moeda e na historia monetaria da Antiga Grecia, en particular da época helenística.[1][2]

Callataÿ é profesor na Universidade Libre de Bruxelas e director de estudos da Escola Práctica de Altos Estudos de París.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

François de Callataÿ foi alumno do colexio de Saint-Pierre d'Uccle e posteriormente realizou os seus estudos universitarios de Historia, Arqueoloxía e Filosofía na Universidade Católica de Lovaina (1979-1983), onde, co impulso do arqueólogo e historiador da arte Tony Hackens, se especializou en numismática grega. A súa memoria de licenciatura (1983) versou sobre as emisións monetarias de Alexandre o Grande e a súa tese de doutoramento (1988) sobre as cuñaxes de moeda póntica relacionadas coas campañas militares de Mitrídates VI Eupator, rei do Ponto.[1][2]

Logo de pasar unha estadía de investigación dun ano (1984-1985) na Escola Francesa de Atenas, en Grecia, como bolseiro da Comunidade Francesa de Bélxica, de camiño acadou a condición de aspirante ao Fondo Nacional de Investigación Científica (1985-1989) e posteriormente a acreditación como investigador (1989-1991).[1][2]

En outono de 1991 ingresou no Gabinete de Medallas da Biblioteca Real de Bélxica, a cuxa dirección accedeu só cinco anos despois (1996-2007). Entre 1997 e 2006, foi nomeado ademais xefe do departamento que agrupa todos os gabinetes museolóxicos da institución (coleccións nacionais de manuscritos, de gravados, e de moedas e medallas). Entre 2006 e 2013, a área baixo a súa dirección ampliouse ao conxunto de todas as coleccións patrimoniais da Biblioteca Real, o que incluía ademais as obras impresas raras, os planos e mapas antigos, e a música. Callataÿ é membro do consello de dirección e do consello científico da institución.[1][2]

Desde 1998, François de Callataÿ é profesor de Historia Monetaria e Financeira do Mundo Grego na Universidade Libre de Bruxelas, ao mesmo tempo que ocupa o posto de director de estudos da cuarta sección da Escola Práctica de Altos Estudos (Sorbona, París) onde sucedeu a Georges Le Rider. A partir de 2008 é tamén profesor de Cuestións Socioeconómicas da Antigüidade.[1][2][3][4]

François de Callataÿ na conferencia internacional Translatio nummorum, en novembro de 2011, na Academia de Ciencias de Berlín-Brandenburgo.

Callataÿ foi invitado a un ciclo de conferencias no Collège de France en 1994, é membro do Instituto de Estudos Avanzados de Princeton desde 2001, foi dúas veces (1995 e 2003) profesor visitante da American Numismatic Society, de Nova york, e unha vez na University of Victoria, en Australia (2015).[1][5]

En 2017 foi elixido presidente da Sociedade Real de Numismática de Bélxica, e desde ese mesmo ano ocupa o posto de secretario do Consello Internacional de Numismática.[1][6]

As súas publicacións (unha ducia de libros e unha grande cantidade de artigos en revistas de máis de 20 países), acerca, sobre todo, da moeda da Antiga Grecia, fixérono merecedor do ingreso en diversas institucións académicas e da recepción dun bo número de premios e medallas.[1][2]

Academias ás que pertence[editar | editar a fonte]

  • 1998: Académie royale d'archéologie et d'histoire de l'art de Belgique.[1][2]
  • 2005: Académie royale des sciences, des lettres et des beaux-arts de Belgique.[1][2]
  • 2009: Académie des inscriptions et belles-lettres, de París.[1][2][7]
  • 2010: Academia Europaea.[1][2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Monografías[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 "Callataÿ, François de". En Coins Weekly. 6 de abril de 2016.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 "François de Callataÿ". Foundation Francqui-Stichting [Versión en inglés] [Versión en francés]
  3. "François de Callataÿ". Université Libre de Bruxelles.
  4. "François de Callataÿ". École Practique des Hauts Études.
  5. "François De Callataÿ". Institute for Advanced Study.
  6. "Committee of the INC". No sitio web do CIN.
  7. "Callataÿ, François de". Académie des Inscriptions et Belles-Letres.
  8. "Prix Bordin". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.
  9. "François de Callataÿ". Foundation Francqui-Stichting.
  10. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  11. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  12. "François de Callataÿ receives medal of the Royal Numismatic Society". En Coins Weekly. 3 de xuño de 2021.
  13. Recensión deste libro. En Annales. Histoire, Sciences Sociales. 50-5. 1995. Páxinas 1.089-1.091.
  14. Recensión deste libro. En Schweizer Münzblätter, 48. 1998.
  15. Recensión deste libro. En Habis, 34. 1997. Páxinas 469-470.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]