Société française de numismatique

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 48°50′01″N 02°22′33″L / 48.83361, -2.37583

Societé française de numismatique
(Sociedade Francesa de Numismática)
Cabinet des Medailles.jpg
Gabinete de Medallas
da Biblioteca Nacional de Francia,
sede da Societé française de numismatique
Presentación
Data fundación1865 (coa denominación antiga).
1897 (coa denominación actual).
FundadorGustave Ponton d'Amécourt (1º presidente).
LocalizaciónGrandes Armes de Paris.svg París
Flag of France.svg Francia
OrixesSociété Française de Numismatique et d’Archéologie (1865).
Area servidaFrancia
MétodoInvestigación, publicacións, biblioteca e organización de eventos.
Páxina web[http://www.sfnumismatique.org/

A Société française de numismatique (en galego: "Sociedade Francesa de Numismática") é unha entidade asociativa francesa centrada no ámbito da numismática, establecida en París en 1865.[1]

En 2018 foi elixida presidenta da sociedade a investigadora numismática e profesora universitaria Catherine Grandjean, directora da revista Revue Numismatique desde 2014.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Desde os inicios do Renacemento, os príncipes e os humanistas amosaron interese pola numismática antiga e conformaron coleccións monetarias dentro dos seus gabinetes de antigüidades. No gabinete de Luís XIV, instalado inicialmente en Versalles e posteriormente en París, está a orixe do actual Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia. A partir do século XIX, ese interese esténdese ás moedas nacionais e aparece unha comunidade de afeccionados, ansiosos por poderen debater e comunicar as súas descubesrtas.[3]

Neste contexto, en 1836 créase a Revue de la numismatique française, da man dalgúns membros da Socedade Real dos Anticuarios de Francia e doutras sociedades arqueolóxicas tanto francesas como doutros países. Esa revista, coa denominación posterior de Revue Numismatique, depende agora da Sociedade Francesa de Numismática, polo que se pode dicir que a súa aparición foi o primeiro acto da (pre)historia desta institución.[4]

Société française de numismatique et d’archéologie[editar | editar a fonte]

Desde o primeiro número da revista xa se formulara o proxecto dunha sociedade académica cuxo único interese fose a numismática, obxectivo que se alcanzou en 1865, baixo o nome de Société française de numismatique et d’archéologie, con Gustave Ponton d'Amécourt como primeiro presidente da entidade. A sociedade funcionaba inicialmente como un club que se reunía catro veces cada mes nas súas instalacións (preto do Boulevard Saint-Germain, en París), onde os socios dispuñan dunha biblioteca e se empezaba a conformar unha pequena colección de moedas. O número de membros foi medrando axiña, chegando a 650 en 1869, antes de vivir, entre 1860 e 1880, un período de crise marcado por un descenso da afiliación e as dificultades financeiras.[5][6][7]

A partir de mediados da década de 1880, o achegamento ao Gabinete de Medallas e un aumento no número de publicacións (coa terceira serie da Revue Numismatique) puxeron fin ao período de dificultades.

Entre 1866 e 1888, a entidade editou anualmente a publicación periódica Annuaire de la Société française de numismatique et d 'archéologie.[8] Entre 1889 e 1896, o anuario seguiu publicándose como Annuaire de la Société française de numismatique, adiantándose ao novo nome que tomará a entidade na etapa posterior.[9]

Société française de numismatique[editar | editar a fonte]

En 1897, a Sociedade aprobou uns novos estatutos e adquiriu a denominación actual de Société française de numismatique. A partir deste momento estreitou os lazos con entidades estranxeiras similares e tamén con outras como a Universidade A Sorbona e a Monnaie de Paris. En 1924 foi recoñecida como establecemento de utilidade pública.[10][11]

Malia unha interrupción das súas actividades durante a II guerra mundial, en 1941 reconstruíuse unha nova sede provisoria, ata que a Sociedade pasou a se establecer definitivamente, en 1945, nas instalacións do Departamento de Moedas, Medallas e Antigüidades (ou Gabinete de Medallas) da Biblioteca Nacional de Francia, no número 58 da rúa de Richelieu. En 1948 comezou a publicación do Bulletin de la Société française de numismatique, que dá conta do traballo realizado e de noticias diversas.[12] En 1958, a Sociedade pasou a ser titular de Revue Numismatique, e en 1982 comezou a publicación da serie Trésors antiques de la France -TAF- ("Tesouros antigos de Francia").[13][14]

No 150 aniversario da súa fundación, en 2015, a Sociedade contaba con algo máis de 500 membros, entre particulares e institucións.[15]

Xornadas Numismáticas[editar | editar a fonte]

A partir de 1956, a Société française de numismatique organiza as súas Journées Numismatiques ("Xornadas Numismáticas") en diferentes provincias, a primeira fin de semana de xuño, dirixidas a todas as persoas e institucións, profesionais e afeccionadas, relacionadas con algún dos diversos ámbitos que xiran arredor da numismática.[16]

No seu transcurso prodúcense encontros, charlas, conferencias e debates nos que se abordan diferentes cuestións relativas a esta disciplina. Habitualmente, en paralelo a estas actividades teñen lugar exposicións das coleccións numismáticas locais, das que se publica o seu correspondente catálogo.[17]

Premios da Sociedade Francesa de Numismática[editar | editar a fonte]

Jeton de vermeil[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Jeton de Vermeil.

Coñecido nos seus inicios (entre 1934 e 1939) como "medalla da SFN", con el recoñécese anualmente o labor dun investigador numsimático estranxeiro. Así mesmo, con carácter trianual, outórgaselle tamén ao presidente saínte da Sociedade cando conclúe o seu período de tres anos á fronte da entidade. Entre os seus receptores están varios dos máis eminentes numismáticos europeos do século XX, como os británicos H. Mattingly (1939), R. A. G. Carson (1971), e entre eles están figuran os españois Leandre Villaronga (1977) e Pere Pau Ripollés (1998).[18]

O deseño da medalla elaborouno en 1932 Lucien Bazor, naquel momento gravador xeral das moedas francesas na Monnaie de Paris.

A creación deste premio foi posible grazas á importante doazón efectuada en 1926 por Pierre Babut, que fora o seu presidente en dúas ocasións.[19]

Premio Babut[editar | editar a fonte]

Concédese anualmente, desde 1936, para recoñecer un membro da Sociedade que publicara un traballo sobre numismática francesa, desde a antigüidade ao mundo contemporáneo, durante os dous anos anteriores. A súa concepción remóntase a tres anos antes, en 1933, cando a viúva de Pierre Babut decidiu honrar a memoria deste a través da súa fundación, que doou unha importante cantidade de diñeiro para o sufragar.[20]

Tras varios anos de interrupción, a Sociedade Francesa de Numismática retomou este premio en 2016.[21]

Publicacións da SFN[editar | editar a fonte]

Revue Numismatique[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Revue Numismatique.

Cada ano, a Sociedade publica un novo número da revista Revue Numismatique, e cada dez anos uns índices temáticos dos seus artigos, escritos polos máis prestixiosos investigadores tanto franceses como estranxeiros. As linguas admitidas nas colaboracións son, ademais do francés, o alemán, o inglés, o castelán e o italiano. Na súa publicación, a Société française de numismatique conta coa colaboración do Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS).[22]

A aparición da revista foi previa á da propia Sociedade, xa que o seu nacemento se remonta a 1836, e, logo de máis dun século de existencia paralela, con maiores ou menores conexións, non foi ata 1958 cando a revista pasou a depender organicamente da SFN, en condición de editora.[23][24]

Monografías das Xornadas Numismáticas[editar | editar a fonte]

Coincidindo coa celebración das Xornadas Numismáticas anuais organizadas pola Sociedade, é habitual a publication de catálogos que recollen a clasificación das pezas das coleccións numismáticas da contorna da vila sede de cada Xornada e sobre as exposicións de moedas que se celebran na localidade no seu transcurso:[25]

  • (1973) Nantes: Musée Thomas Dobrée, Monnaies nantaises et monnaies d’or.
  • (1974) Montpellier: Société archéologique de Montpellier, Monnaies d’or, monnaies d’argent.
  • (1976) Grenoble: Bibliothèque municipale de Grenoble, Monnaies d’or…, monnaies d’argent…, monnaies frappées en Dauphiné.
  • (1979) Perpiñán: Monnaies de Catalogne et du Roussillon.
  • (1982) Angers: Monnaies & jetons, Musées d’Angers.
  • (1986) Châteaudun: Monnaies et trésors en pays Dunois.
  • (1987) Bordeos: Catalogue abrégé des monnaies d’or du médaillier municipal de Bordeaux.
  • (1988) Troyes: Musées de Troyes, Catalogue des monnaies d’or.
  • (1991) Chantilly: Le Musée Condé.
  • (1992) Reims: Musée Saint-Remi, journées numismatiques 1992.
  • (1997) Tours: Tours. Etudes numismatiques.
  • (2002) Blois: Monnaies d’or et jetons blésois du Musée des Beaux-Arts et d’Archéologie, Château de Blois
  • (2004) Arles: Le monnayage d’Arles à travers les siècles
  • (2005) Arras: Arras ville antique par Alain JACQUES (Service archéologique d’Arras).
  • (2006) Nantes: La nouvelle monnaie de Nantes (numéro hors série de la Revue numismatique armoricaine).
  • (2007) Marsella: Cinquante ans de Journées Numismatiques.
  • (2008) St. Germain-en-Laye. Leroy, B. Les monnayages mérovingiens armoricains.

Escolma doutras monografías[editar | editar a fonte]

  • (1871): Mémoire sur les monnaies datées des Seleucides. De Saulcy, F. París. [Texto en liña]
  • (1965): Centenaire de la Société française de numismatique, 1865-1965. París.
  • (1976): Monnaies de nécessité. Emissions locales Françaises, 1870-1872, 1914-1918, 1924, 1940. Habrekorn, R. París.
  • (1980): Mélanges de numismatique, d'archéologie et d'histoire : offerts à Jean Lafaurie. Lafaurie, J.; Bastien, P. París. ISBN 9782903280017
  • (1982-1994): Corpus des trésors monétaires antiques de la France. Diversos autores. Nove volumes: Vol. I: 1982. Vol. II: 1983. Vol. III: 1984. Vol. IV: 1985. Vol. V-1: 1987. Vol. V-2: 1988. Vol. VI: 1990. Vol. VII: 1991. Vol. VIII-1: 1993. Vol. VIII-2: 1997. Vol. IX: 1994. París.
  • (1998): Les billets de confiance et les billets de caisse patriotique émis à Laon en 1791 et 1792. Popoff, M. París.
  • (2007): Les monnaies gauloises et romaines du site de Bibracte, Glux-en-Glenne. Gruel, K.; Popovitch, L. Glux-en-Glenne.

Listaxe de presidentes da Sociedade[editar | editar a fonte]

Preséntase unha relación cronolóxica dos presidentes da Sociedade desde a súa fundación.[26][27][28]

  • 1865-1888; G. Ponton d’Amécourt.
  • 1889-1890: J. de Rougé.
  • 1890-1892: A. de Belfort.
  • 1892-1893: E. Caron.
  • 1893-1894: M. de Marchéville.
  • 1894-1895: E. Caron.
  • 1895-1896: M. de Marchéville.
  • 1896-1898: P. Bordeaux.
  • 1898-1900: H. de Castellane.
  • 1900-1902: M. de Marchéville.
  • 1902-1903: H. de Castellane.
  • 1903-1905: A. Blanchet.
  • 1905-1907: P. Bordeaux.
  • 1907-1909: A. Babut.
  • 1909-1911: L. Sudre.
  • 1911-1912: A. Blanchet.
  • 1912-1914: A. Babut.
  • 1914-1916: F. Allotte de la Fuÿe.
  • 1916-1918: A. Dieudonné.
  • 1918-1920: H. de Castellane.
  • 1920-1922: F. Allotte de la Fuÿe.
  • 1922-1924: A. Bouclier.
  • 1924-1926: J. Bailhache.
  • 1926-1928: R. Richebé.
  • 1928-1929: Ph. Moricand.
  • 1929-1931: E. Cazalas.
  • 1931-1932: Ch. Prieur.
  • 1932-1933: J. Bailhache.
  • 1933-1935: J. Coudurier de Chasseigne.
  • 1935-1937: E. H. Albert de Bary.
  • 1937-1939: E. Cazalas.
  • 1939-1941: H. Rolland.
  • 1941-1942: A. Dieudonné / A. Blanchet.
  • 1942-1944: Jean Babelon.
  • 1944-1946: P. Le Gentilhomme.
  • 1946-1947: H. Longuet.
  • 1947-1948: M. Baille.
  • 1948-1949: H. Longuet.
  • 1949-1951: P. Prieur.
  • 1951-1953: H. Longuet.
  • 1953-1955: J. Mazard.
  • 1955-1957: M. Dayet.
  • 1957-1959: J. Tricou.
  • 1959-1961: J. Lafaurie.
  • 1961-1963: J. Heurgon.
  • 1963-1965: J. Parent.
  • 1965-1967: P. Bastien.
  • 1967-1969: J. Yvon.
  • 1969-1971: H-G. Pflaum.
  • 1971-1973: J. Guey.
  • 1973-1975: L. Chaurand.
  • 1975-1977: F. Dumas.
  • 1977-1979: A. Chastagnol.
  • 1979-1981: D. Nony.
  • 1981-1983: H. Huvelin.
  • 1983-1985: M. Christol.
  • 1985-1987: C. Brenot.
  • 1987-1989: X. Loriot.
  • 1989-1991: R. Étienne.
  • 1991-1993: M. Dhénin.
  • 1993-1995: S. de Turckheim-Pey.
  • 1995-1997: O. Picard.
  • 1997-1999: J. Hiernard.
  • 1999-2001: Ch. Augé.
  • 2001-2003: H. Zehnacker.
  • 2003-2006: M. Bompaire.
  • 2006-2009: G. Gautier.
  • 2009-2012: J-P. Garnier.
  • 2012-2015: A. Bourgeois.
  • 2015-2018: M. Amandry.
  • 2018-____: C. Grandjean.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha da Société française de numismatique. Comité des travaux historiques et scientifiques.
  2. "Assemblée générale. 3 mars 2018 : Renouvellement du Conseil d’Administration de la SFN". Société française de numismatique.
  3. "Collectionneurs et numismates avant la Société". Société française de numismatique.
  4. Wojan, F. (2014)
  5. Jabu, J. (2015).
  6. "La naissance de la Société française de numismatique". Société française de numismatique.
  7. "Crise et consolidation". Société française de numismatique
  8. Annuaire de la Société française de numismatique et d 'archéologie. Société française de numismatique. París, 1866-1888.
  9. Annuaire de la Société française de numismatique. Société française de numismatique. París, 1889-1896.
  10. Décret du 4 janvier 1924 qui a reconnu comme établissement d’utilité publique l’association dite "Société française de numismatique " dont le siège est à Paris (2e), 58 rue de Richelieu.
  11. "La période de maturité". Société française de numismatique.
  12. Bulletin de la Société française de numismatique. Société française de numismatique. París. Desde 1948.
  13. Le Rider. (1965)
  14. "Le dernier demi-siècle". Société française de numismatique.
  15. "150e anniversaire de la Société française de Numismatique". Académie des Inscriptions et Belles-Letres.
  16. Un demi-siècle de Journées numismatiques (1956-2006). Société française de Numismatique. París, 2007.
  17. "Journées Numismatiques. Société Franáise de Numismatique.
  18. "Médaille et jeton de vermeil". Société française de numismatique.
  19. "Jeton de vermeil de la SFN". Société française de numismatique
  20. "Prix Babut". Société française de numismatique.
  21. "Prix Babut 2016 – M. Stéphane Martin". Société française de numismatique.
  22. "Revue Numismatique". Société française de numismatique.
  23. Lafaurie, J. (1986)
  24. Revue Numismatique (acceso aos números editados a partir de 1958).
  25. "Publications liées aux Journées numismatiques". Société française de numismatique.
  26. Le Rider, G. (1965). Páxina 24.
  27. "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.
  28. "Les présidents de la SFN depuis 1965". En Bulletin de la Société Française de Numismatique. Decembro de 2014. Nº 10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]