Hendrik Mäkeler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hendrik Mäkeler
Hendrik Mäkeler at Frankfurt Book Fair 2018.jpg
Datos persoais
Nacemento1979.
LugarWappen Rinteln.svg Rinteln.
Coat of arms of Lower Saxony.svg Baixa Saxonia
Alemaña Alemaña
NacionalidadeAlemá
Actividade
CampoNumismática.
Alma máterSiegel der CAU.svg Universidade de Kiel.
Contribucións e premios
Coñecido porDirector do Gabinete Numismático da Universidade de Uppsala.
Influído porPeter Berghaus
Premios- (1995): Eligiuspreis (categoría xuvenil).
- (2011): Premio da GIG.
editar datos en Wikidata ]

Hendrik Mäkeler, nado en 1979 en Rinteln, na Baixa Saxonia, é un numismático alemán.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hendrik Mäkeler cursou entre 1999 e 2004 os seus estudos superiores de Historia Medieval e Moderna, de Arqueoloxía Nórdica e de Filoloxía Nórdica na Universidade Christian Albrechts de Kiel. Entre 2002 e 2004 foi beneficiario dunha das bolsas á excelencia da fundación Studienstiftung des Deutschen Volkes.[1]

O seu traballo de fin de mestrado en 2004 titulouse The accounting book of the Speyer printer Peter Drach (around 1450-1504)" e foi publicado en 2006.[3] En 2008 acadou o seu doutoramento na mesma universidade coa tese Imperial coinage in the late middle ages, publicada en 2010.[1][4]

Entre 2008 e 2017 foi director do Gabinete Numismático da Universidade de Uppsala.[1] A partir de novembro de 2017 é o director de Numismática e Historia Monetaria do Deutsche Bundesbank.[2][5]

Ademais, en 2012 foi profesor invitado no Instituto Histórico da Universidade de Mannheim.[1]

Desde 2007 é membro correspondente da Sociedade Numismática Sueca.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma do máis salientable das publicacións de Hendrik Mäkeler:[8][9]

Monografías[editar | editar a fonte]

Artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Hendrik Mäkeler". Web persoal de Mäkeler.
  2. 2,0 2,1 Redacción (11 de abril de 20119). "Hendrik Mäkeler". swr.de (en alemán). Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  3. Véxase (2006-a-) en "Publicacións. Monografías".
  4. Véxase (2010) en "Publicacións. Monografías".
  5. Berger, F. (2018). "Hendrik Mäkeler neuer Leiter der Numismatik und Geldgeschichte bei der Deutschen Bundesbank". En Geldgeschichtliche Nachrichten. 53-297. Páxina 177.
  6. "Eligiuspreis 1978-1995". numismatische-gesellschaft.de (en alemán). Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  7. "GIG-Ehrenpreisträger Arquivado 03 de marzo de 2020 en Wayback Machine.". No sitio web da SHMI.
  8. "Mäkeler, Hendrik 1979-". Digital Library Numis.
  9. "Mäkeler, Hendrik". Regesta Imperii.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]