Saltar ao contido

Howland Wood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHowland Wood

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de maio de 1877
New Bedford Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xaneiro de 1938
Queens.
Nova York.
Estados Unidos de América Estados Unidos.
País de nacionalidadeestadounidense.
Educación Universidade Brown.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeElizabeth Eliot Marvin (1913). Editar o valor en Wikidata
Premios
(1920): Medalla Huntington (ANS).

Howland Wood, nado o 30 de maio de 1877 en Bedford, Massachusetts, e finado o 4 de xaneiro de 1938 en Queens, Nova York, foi un numismático estadounidense.[1][2][3]

En ocasións utilizaba o pseudónimo de Franklin Perry.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Howland Wood naceu en Bedford, Massachusetts, en 1877, e graduouse na Universidade Brown, en Rhode Island, en 1900.[2][3]

A súa carreira como numismático estivo vinculada á American Numismatic Society (ANS), entidade na que ingresou en 1909 e de cuxo museo foi nomeado conservador o 25 de xaneiro de 1913, posto no que permaneceu ata o seu falecemento en 1938.[3] No seu período como conservador da ANS, a colección da Sociedade creceu desde os 50.000 exemplares iniciais ata os 200.000 espécimes.[2]

Na American Numismatic Society desenvolveu, así mesmo, o labor de editor do American Journal of Numismatics, entre 1910 e 1920, e editor de Numismatic Notes and Monographs a partir de 1920.[2][3]

Paralelamente á ANS, Howland Wood pertenceu tamén á American Numismatic Association, da que ocupou o posto de secretario entre 1905 e 1909, e cabeza da xunta de goberno de 1909 a 1912, así como editor asociado do xornal The Numismatist.[2][3]

Entre outras entidades numismáticas, Wood foi tamén secretario da Sociedade Numismática de Boston (1908-1913), presidente do Club Numismático de Nova York (1930-1933).[3]

Vida familiar

[editar | editar a fonte]

Howland Wood casou o 18 de xuño de 1913 con Elizabeth Eliot Marvin, con quen tivo dúas fillas. A súa muller era filla de William T. R. Marvin, que anteriormente fora tamén editor do American Journal of Numismatics, da ANS.[3]

Wood faleceu na súa casa familiar de Flushing, Queens, Nova York, o 4 de xaneiro de 1938.[3]

Premio Howland Wood Memorial

[editar | editar a fonte]

A American Numismatic Association instituíu na súa honra, na primavera de 1952, o premio Howland Wood Memorial á mellor exposición numismática.[4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos de Howland Wood:[6][7][8]

Ilustracións de Canadian blacksmith coppers (1910), de Howland Wood.
  1. 1 2 "Howland Wood". The British Museum.
  2. 1 2 3 4 5 "Wood, Howland, 1877-1938 Arquivado 09 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 Smith, P. (2012).
  4. "Howland Wood Memorial for Best-of-Show Exhibit". American Numismatic Association.
  5. "Recipients of the Huntington Medal Award Arquivado 02 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
  6. Bowker, H. F. (1943). A Numismatic Bibliography of the Far East. American Numismatic Society. Páxinas 128-130.
  7. "Wood, Howland 1877-1938 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  8. "Wood, Howland 1877-1938". WorldCat Identities.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]