John Evans (arqueólogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
John Evans
Sir John Evans.jpg
Datos persoais
Nacemento17 de novembro de 1823
LugarBurnham.
Arms of Buckinghamshire County Council.svg Buckinghamshire.
Flag of England.svg Inglaterra.
Falecemento31 de maio de 1908
LugarBerkhamsted Town Crest.png Berkhamsted.
Arms of Hertfordshire County Council.svg Hertfordshire.
Flag of England.svg Inglaterra.
NacionalidadeFlag of the United Kingdom.svg Británica
CónxuxeHarriet Ann Dickinson.
Frances Phelps.
Maria Millington Lathbury.
FillosLewis Evans, Arthur Evans e Joan Evans
Actividade
CampoNumismática, arqueoloxía e xeoloxía.
Contribucións e premios
Influíu enArthur Evans.
Premios- (1880): Medalla Lyell.
- (1887): Medalla da RNS.
editar datos en Wikidata ]

John Evans, nado o 17 de novembro de 1823 en Burnham, Buckinghamshire, e finado o 31 de maio de 1908 en Berkhamsted, Herrtfordshire, foi un arqueólogo, numismático e xeólogo inglés.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

John Evans era o terceiro dos seis fillos do reverendo Arthur Benoni Evans (1781-1854), un escritor e erudito amplo coñecedor de linguas clásicas e modernas, e de Anne Dickinson.[2] Aos 17 anos comezou a traballar na compañía de produción de papel John Dickinson & Co. Ltd. en Nash Mills, no condado de Hertfordshire, que fora establecida polo seu tío (e máis tarde sogro) John Dickinson (1782-1869), quen tamén era o seu socio principal. En 1850 John Evans foi admitido como novo socio da compañía e desde entón xa non se retirou da súa xestión ata 1885.[3][4]

Ademais da atención aos seus negocios, John Evans foi un salientable anticuario, arqueólogo, numismático e xeólogo. Ao longo da súa carreira presidiu as seguintes institucións académicas e científicas:[5]

John Evans (6º pola dereita de pé), con outros membros da Royal Society, nun gravado de 1885.

En 1864 foi elixido membro da Royal Society, institución da que foi tesoureiro durante dúas décadas (1878-1898).[5][6]

En tanto que presidente da Sociedade de Anticuarios de Londres, Evans tiña atribuído o posto de administrador do Museo Británico, e despois mantivo este posto con carácter permenente ata a súa xubilación en 1898.[5] Logo da doazón feita polo seu fillo, Arthur Evans, este museo alberga unha colección de antigüidades da Idade de Ferro procedentes das escavacións que John Evans fixo xunto con John Lubbock no sitio arqueolóxico de Hallstatt, en Austria.[7]

A maior parte da súa ampla colección arqueolóxica foi doada, tamén polo seu fillo, ao Museo Ashmolean, da Universidade de Oxford. Entre as pezas máis salientables están as xoias anglosaxoas coñecidas como "Cruz de Ixworth" e "Fibela de Tostock".[8] Os seus fondos bibliográficos foron doados á Biblioteca Bodleian e hoxe forman parte da Biblioteca Sackler, da Universidade de Oxford.[9]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

As súas honras académicas inclúen graos honoríficos por diversas universidades (Oxford, Dublín, Cambridge, Toronto, etc.) e foi nomeado membro correspondente ou membro honorario de entidades de países como Francia, Luxemburgo, Portugal, Italia, Irlanda, os EEUU, Canadá, Bélxica e Mónaco.[5]

Vida familiar[editar | editar a fonte]

John evans na súa ancianidade.

John Evans casou en tres ocasións, enviuvou dúas delas e tivo seis fillos. A súa primeira muller foi Harriet Ann Dickinson, filla do inventor e empresario John Dickinson e de Ann Grover. Neste primeiro matrimonio tivo cinco fillos:[13][14]

A súa primeira muller morreu o 1 de xaneiro de 1858 e Evans casou entón cunha curmá dela, Frances Phelps, nada en 1826 e que faleceu o 22 de setembro de 1890.[13]

O 9 de xullo de 1892, John Evans casou con Maria Millington Lathbury (1856-1944), coa que tivo unha filla, Dame Joan Evans, unha recoñecida historiadora da arte medieval francesa e inglesa, autora dunha biografía familiar.[4][13][16]

Publicacións[editar | editar a fonte]

John Evans é autor de máis de 140 artigos en revistas de arqueoloxía e numismática,[17] ademais de diversos traballos monográficos, dos que varios foron no seu día foron considerados como referencias no seu ámbito:[18][19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hugh, C. (ed.) (1911).
  2. "Sir John Evans's Family Life - His Early Years". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.
  3. "Sir John Evans the Papermaker". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.
  4. 4,0 4,1 Evans, D. J. (1943).
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "Sir John Evans: Learned Societies and Awards". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.
  6. "Fellow details: Evans; Sir; John (1823 - 1908)". The Royal Society.
  7. "Sir Arthur John Evans". The British Museum.
  8. "Sir John Evans's Artefact Collection". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.
  9. "Evans's Book Collection". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.
  10. "Lyell Medal. Past Winners". The Geological Society.
  11. "Papers of John Evans as High-Sheriff of Hertfordshire". The National Archives.
  12. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  13. 13,0 13,1 13,2 "Sir John Evans's Family Life - Marriages". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.
  14. "Sir John Evans's Family Life - Children". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.
  15. "Evans, Sir Arthur John (1851-1941)". Oxford Dictionary of National Biography.
  16. "Evans, Dame Joan (1893-1977)". Oxford Dictionary of National Biography.
  17. "John Evans F.R.S., F.S.A., F.G.S.". Archaeology Data Service (ADS).
  18. "Evans, John 1823-1908". WorldCat Identities.
  19. "Evans, John 1823-1908". Digital Library Numis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]