Christopher Evelyn Blunt
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de xullo de 1904 Londres |
| Morte | 20 de novembro de 1987 (83 anos) Ramsbury |
| 21º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
| 1956 – 1961 ← Michael Grant – Philip Grierson → | |
| 15º Presidente da Sociedade Numismática Británica | |
| 1946 – 1950 ← Herbert William Taffs (en) | |
| Datos persoais | |
| País de nacionalidade | |
| Educación | Marlborough College. |
| Q89547790 | Presidente da RNS e da BNS. |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Numismática e banca. |
| Ocupación | numismático, banqueiro |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Elizabeth Rachel Bazley |
| Fillos | Anne Caroline Blunt, Simon Wilfrid Blunt, Judith Elisabeth Blunt |
| Pais | Arthur Stanley Vaughan Blunt |
| Irmáns | Anthony Blunt Wilfrid Jasper Walter Blunt |
| Premios | |
| - (1945): - Orde do Imperio Británico. - (1945): Lexión ao Mérito. - (1950): Medalla Sanford Saltus, da BNS. - (1969): Medalla da Royal Numismatic Society. - (1973): - Medalla Huntington, da ANS. | |
Christopher Evelyn Blunt, nado en Londres, Inglaterra, o 16 de xullo de 1904, e finado o 20 de novembro de 1987, foi un banqueiro e numismático británico.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Blunt era o segundo fillo do reverendo Arthur Stanley Vaughan Blunt e de Hilda Violet Master. Os seus irmáns foron o escritor Wilfrid Jasper Walter Blunt e o historiador da arte e espía Anthony Frederick Blunt.[1][4][5][6]
Blunt cursou os seus estudos secundarios no Marlborough College mais, ao contrario dos seus irmáns non chegou a recibir formación universitaria. En 1924 incorporouse á compañía bancaria Higginson & Co., da que se converteu en socio en 1947.[1]
Durante a II guerra mundial, Blunt foi adscrito inicialmente ao cuartel xeral da forza expedicionaria británica e máis tarde ao cuartel xeral supremo da forza expedicionaria aliada. Blunt obtivo mencións en despachos en 1940, valorando os seus méritos en combate, e for recoñecido con diversas condecoracións, antes de retirarse da carreira militar en 1946 co rango de coronel.[1]
A figura de Blunt é moi salientable como numismático. En 1935 foi elixido director da British Numismatic Society, entidade que posteriormente presidiu entre 1946 e 1950. Do mesmo xeito, entre 1956 e 1951 ocupou o posto de presidente da Royal Numismatic Society , de Londres. [1]
Logo da súa xubilación na banca, concentrouse na súa colección de moedas e nos estudos numismáticos, centrados principalmente na moeda medieval das illas británicas e na moeda anglosaxoa. [2]Unha das súas contribucións máis sobranceiras á numismática foi a súa dedicación, como editor xeral, á obra monumental Sylloge of Coins of the British Isles, entre os anos 1956 e 1987.[1]
En 1990, o Museo Fitzwilliam, da Universidade de Cambridge, adquiriu a súa colección de 3.663 moedas anglosaxoas, moedas medievais e fichas comerciais británicas, unha das coleccións privadas máis importantes no seu xénero.[2]
No ámbito familiar, Blunt casou o 16 de outubro de 1930 con Elizabeth Rachel Bazley, con quen tivo dúas fillas (Anne Caroline e Judith Elisabeth) e un fillo (Simon Wilfrid).[1][7]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Como militar
[editar | editar a fonte]- 1945: Orde do Imperio Británico.[1]
- 1945: Lexión ao Mérito.[1]
Como numismático
[editar | editar a fonte]- 1936: membro electo da Sociedade de Anticuarios de Londres.[1]
- 1950: Medalla Sanford Saltus, da British Numismatic Society.[8]
- 1965: membro electo da Academia Británica.[1]
- 1969: Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[9]
- 1973: Medalla Huntington, da American Numismatic Society.[10]
Premio Blunt
[editar | editar a fonte]Ademais dos recoñecementos recibidos por Christopher Evelyn Blunt, a British Numismatic Society estableceu na súa honra o Premio Blunt. Trátase dun premio de periodicidade trianual outorgado individualmente a unha persoa, membro ou non da Sociedade, pola súa contribución destacada aos estudos numismáticos. O seu obxectivo é fundamentalmente apoiar os novos investigadores, motivo polo que se lles dá preferencia aos que teñan menos de 35 anos.[11]
Estes son os investigadores galardoados co Premio Blunt desde a súa creación en 1987:[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Stewart, I. (1991). "Christopher Evalyn Blunt. 1904-1987". En Proceedings of the British Academy. 76. Páxinas 347-381.
- 1 2 3 La Vardera, Lee. (2013). "Blunt Brothers Scholarship Boys: The Coin Collector". En The Little Book of Wiltshire. The History Press. ISBN 9780750951937
- ↑ "Christopher Evelyn Blunt". Thepeerage.com
- ↑ "Family Tree & Genealogy Tools for Christopher Evelyn Blunt". Wikitree.com
- ↑ "Blunt, Wilfrid". En Dictionary of Art Historians.
- ↑ "Blunt, Anthony". En Dictionary of Art Historians.
- ↑ "Elizabeth Rachel Bazley". Thepeerage.com
- ↑ "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award Arquivado 02 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
- 1 2 "Prizes": Arquivado 04 de agosto de 2020 en Wayback Machine. No sitio web da BNS.
| Predecesor: Michael Grant |
Presidente da Royal Numismatic Society 1956 - 1961 |
Sucesor: Philip Grierson |
- Nados en Londres
- Nados en 1904
- Finados en 1987
- Numismáticos do Reino Unido
- Presidentes da Royal Numismatic Society
- Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society
- Galardoados coa medalla Huntington
- Galardoados coa medalla Sanford Saltus
- Membros da Academia Británica
- Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres
- Orde do Imperio Británico


