Ernest Oberländer-Târnoveanu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaErnest Oberländer-Târnoveanu
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1951
Datos persoais
País de nacionalidade xermano-romanesa
Educación Universidade de Bucarest.
Coñecido porDirector do Museo Nacional de Historia de Romanía.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónarqueólogo , historiador , numismático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua romanesa Editar o valor em Wikidata
Premios
(2011): Jeton de Vermeil.


Ernest Oberländer-Târnoveanu, nado o 1 de xaneiro de 1951 en Bucarest, é un historiador, numismático e arqueólogo xermano-romanés, director do Museo Nacional de Historia de Romanía, en Bucarest.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ernest Oberländer-Târnoveanu pasou os seus tres primeiros anos en Constancia, ata que a súa familia se trasladou á provincia romanesa de Bihor, onde o seu pai participou na construción da cidade de Petru Groza (logo chamada Ştei). Nesa cidade recibiu a educación primaria; aprendeu latín e xurdiu nel o interese poa historia nos libros aos que tiña acceso na biblioteca escolar.[3]

Cursou o bacharelato en Ştei en 1966. Ao seu remate comezou os seus estudos de Historia do Mundo Antigo e Arqueoloxía en 1970 na Facultade de Historia da Universidade de Bucarest, onde se graduou en 1974. No ano 2000 acadou o seu doutoramento en Historia, cunha tese dirixida por Emil Condurachi e Stefan Stefanescu, titulada "As relacións dos draco-romanos e a poboación romanesa co mundo do sueste europeo nos séculos IV-XIV".[1][2][3]

Logo da súa graduación en 1974, foi profesor de Historia durante un curso académico nun instituto de Jurilovca, na provincia de Tulecea.[1][2][3]

No período 1975-1980 exerceu como conservador numismático no Museo do Delta do Danubio en Tulcea, e durante os anos 1979 e 1980 foi nomeado coordinador provincial da oficina de patrimonio cultural nacional.[1][2][3]

En 1980 ingresou como conservador no Museo Nacional de Historia de Romanía e en 1995 pasou a dirixir o Gabinete Numismático desta institución. Finalmente, en 2010 converteuse en director xeral do museo.[1][2]

Paralelamente á súa traxectoria no ámbito museístico, entre os anos 1990 e 1999 Oberländer foi profesor asociado de Numismática e de Historia da Economía do Sueste de Europa na Universidade de Bucarest.[1]

Entre os temas máis recorrentes nas súas investigacións e nas súas publicacións están a numismática bizantina e da Europa suroriental; a metalurxia antiga e medieval do ouro, a prata e o cobre; a historia económica do sueste europeo e do Mediterráneo, ou a museoloxía e a loita contra o tráfico ilegal de bens culturais.[1][2][3]

No ámbito editorial, en 1995 dirixiu a revista Cercetari Numismatice ("Investigacións Numismáticas) e entre 1996 e 1999 foi correspondente en Romanía, en Moldavia e en Bulgaria do xornal alemán Byzantinische Zeitschrift. Tamén formou parte do equipo editorial da serie Medieval European Coinage, dentro da cal se encargou do volume XI, correspondente ás moedas medievais de Hungría e os estados dos Balcáns.[1][2][4]

Entre outras entidades, Oberländer é membro da Sociedade Numismática Romanesa desde 1980 e da Sociedade Romanesa de Estudos Bizantinos, desde 1991.[1][2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Ernest Oberländer-Târnoveanu é autor de máis dun cento de artigos publicados en revistas especializadas e dun bo número de traballos monográficos. Esta é unha escolma das súas monografías máis salientables:[6][7]

  • (1996). Sase secole de relatii româno-turce oglindite de numismatica. Muzeul Național de Istorie a României, Bucarest.
  • (2003). Moneda si societate pe teritoriile de la Sud si Est de Carpati: (secolele VI-XIV) Arquivado 26 de xullo de 2020 en Wayback Machine.. Ed. Nereamia Napocae, Cluj-Napoca.
  • (2009). Comorile dacilor Catalog de expozitie Ploiesti 26 Noiembrie – 20 Decembrie 2009 (con G. Trohani). Ploiesti. ISBN 978-973-668-247-6
  • (2010). Gli ori antichi della Romania. Prima e dopo Traiano (con L. Ungaro). Milán. ISBN 9788836619016
  • (2012). Copilaria de altadata, la tara. Muzeul Național de Istorie a României, Bucarest. ISBN 978-973-0-12835-2
  • (2012). 90 de ani de la încoronarea de la Alba Iulia Muzeul National de Istorie a României Bucuresti septembrie-octombrie 2012 (ed. con C. Ilie). Muzeul Național de Istorie a României, Bucarest. ISBN 978-606-537-123-1
  • (2012). Colectiile de arta si numismatica ale Bancii Comerciale Române (con D. Crisan). Muzeul Național de Istorie a României, Bucarest. ISBN 978-973-0-13779-8
  • (2013). Combaterea traficului cu bunuri culturale. Recuperarea trecutului. / Fighting the trafficking in cultural goods. Recovering the past. (Patrimonium III). (ed. con A. Lazar et al.). Universul Juridic, Bucarest. ISBN 978-973-127-896-4
  • (2017-a-). Tezaure monetare bizantine din România, vol. I. De la Anastasius I la Constantinus al IV-lea (491-685). Bucurest. ISBN 978-606-622-331-7
  • (2017-b-). Medieval European Coinage. Vol XI. Hungary and the Balkans. Cambridge University Press. ISBN 978-0521260190
  • (2018). Tezaure monetare bizantine din România, vol. II, Secolele VII-XIII. Bucurest. ISBN 978-973-0-28455-3

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 "About. Ernest Oberländer-Târnoveanu". Páxina web persoal de E. Oberländer.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 "Ernest Oberländer-Târnoveanu, Curriculum Vitae Arquivado 17 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Muzeul Național de Istorie a României.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Constantin, C. (2014).
  4. Véxase (2017-b-) en "Publicacións".
  5. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  6. "Lista Publicațiilor". Páxina web persoal de E. Oberländer.
  7. "Oberländer-Târnoveanu, Ernest Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]