Saltar ao contido

Anne Geiser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnne Geiser
Biografía
Nacemento1952
País de nacionalidadeSuíza Suíza
Educación Universidade de Lausana.
Q89547790Directora do Museo Monetario Cantonal de Lausana.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía.
Premios
1980: Premio Dr. Nessler (UNIL).
1996: Jeton de Vermeil (SFN).

Anne Geiser, nada en 1952,[1] é unha numismática, historiadora e arqueóloga suíza, especialista na moeda céltica gala e galo-romana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Anne Geiser cursou a súa formación superior na Universidade de Lausana, onde acadou o doutoramento en Arqueoloxía e Historia en 2004, cunha tese sobre a circulación monetaria na actual Suíza occidental.[2][3]

En 1978 ingresou como conservadora no daquela chamado Gabinete de Medallas do Cantón de Vaud e creou a Asociación Amigos do Gabinete de Medallas, para lles dar visibilidade ás súas coleccións. Posteriormente foi nomeada directora do Gabinete, transformado xa en Museo Monetario Cantonal, posto no que se mantivo ata 2017.[2][3]

Tamén exerceu como privatdozent na Universidade de Lausana, impartindo cursos e seminarios, e dirixiu diversas memorias de licenciatura e traballos de investigación e en Numismática nesta institución académica e na Universidade de Neuchâtel.[2][3]

En 1985 contribuíu decisivamente na fundación do Grupo Suízo para o Estudo dos Achados Monetarios (GSETM), e foi a súa directora durante dous anos. Un dos resultados deste grupo de traballo foi a creación, en 1991, do Inventario de Achados Monetarios Suízos (ITMS), do que foi a súa vicepresidenta entre 1993 e 2016.[3]

O seu interese como investigadora céntrase na numismática antiga, sinaladamente a moeda céltica gala e galo-rromana, e tamén na medieval, aspectos sobre os que realizou máis de 200 publicacións científicas, entre artigos, colaboracións e monografías.[3][4]

Entre outras entidades académicas e asociativas, Geiser é membro da Sociedade Suíza de Numismática.[3] Así mesmo, é correspondente estranxeira de organizacións científicas doutros países, como o CNRS e a École Normale Supérieure de París. [2]

Anne Geiser xubilouse o 30 de xuño de 2017, logo de 39 anos na dirección do Museo Monetario Cantonal, posto no que foi substituída por Julia Genechesi.[5]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dalgúns dos artigos e dos traballos monográficos publicados por Anne Geiser ao longo da súa traxectoria:[1][7][8][9][10]

Monografías

[editar | editar a fonte]
  • (2002). Collections monétaires. Exposition permanente du Cabinet des médailles cantonal, Lausanne Palais de Rumine (con C. el Sherbiny). Cabinet des médailles cantonal, Lausana. ISBN 9782940094714
  • (2010). Alexandre le Grand et les royaumes hellénistiques. L'histoire racontée par les monnaies (con N. Beuret). Musée monétaire cantonal, Lausana. ISBN 9782940094721
  • (2017). Les Celtes et la monnaie. Des Grecs aux surréalistes (con M. Amandry et al). Infolio, Gollion. ISBN 9782884743976
  • (2017): Par ici la monnaie! Une exposition du Musée monétaire cantonal... (con N. Consiglio). Musée monétaire cantonal, Lausana. ISBN 9782940094837
  1. 1,0 1,1 "Geiser, Anne 1952-". En BHS/ BSG. Bibliographie der Schweizergeschichte Datenbank (1975-)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Geiser, Anne, numismate". Réseau vaudois des bibliothèques. patrium.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 MMC (2017). "Éditorial: Pour Anne, afin de te rendre la monnaie de ta pièce!". Páxinas 30-32.
  4. 4,0 4,1 Zäch, B. (1996).
  5. MMC (2017). "Collaborateurs: Anne Geiser". Páxina 53.
  6. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  7. "Geiser-Margarot, Anne Arquivado 08 de decembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  8. "Geiser, Anne". WorldCat Identities.
  9. "Anne Geiser". BnF Data.
  10. "Geiser, Anne". Persee.fr

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]