Benedikt Zäch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benedikt Zäch
Datos persoais
Nacemento1959
LugarWappen Genf matt.svg Xenebra, Suíza
Suíza Suíza
NacionalidadeSuíza
Actividade
CampoNumismática
Alma máterUniversität Zürich logo.svg Universidade de Zúric.
Contribucións e premios
Premios- (1997): Premio Vreneli.
- (2008): Membro de honra da OENG.
- (2009): Jeton de Vermeil (SFN).
editar datos en Wikidata ]

Benedikt Zäch, nado en 1959 in Xenebra, é un numismático suízo.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Zäch estudou Historia Xeral, Estudos Alemáns, Historia da Arte e Ciencias Auxiliares da Historia na Universidade de Zúric, onde se graduou en 1991 cunha tese sobre a historia da moeda tardomedieval de Zúric. Aínda durante os seus estudos universitarios, foi axudante de investigación en diversos gabinetes numismáticos, como o de Winterthur (1987-1992), o do Museo Nacional de Suíza en Zúric (1985-1988) e no do Museo Histórico de Sankt Gallen (1989-1992).[1][2]

Entre 1985 e 1988 foi membro do comité fundador do Grupo de Traballo Suízo para os Fondos de Moedas (SAF), e encargouse da súa comisión informática desde 1988 a 1992.[1]

A partir de 1993 ocupou o posto de conservador do Gabinete Numismático de Winterthur (Münzkabinett Winterthur) e da colección de antigüidades desta cidade.[1][2]

Entre 1990 e 2009 foi membro do consello de dirección da Sociedade Suíza de Numismática[2] e editor dun dos seus órganos de expresión, a revista Schweizer Münzblätter, da que foi editor de 1991 a 1994. Tamén foi o editor web da páxina da Sociedade en internet (www.numisuisse.org), no período 2004-2009.[1]

A partir de 2002 comezou o seu labor docente na Universidade de Zúrich, en materias como Historia do Diñeiro na Antigüidade e na Idade Media.[1][2]

No Consello Internacional de Numismática é membro do comité de dirección desde 2003, e nesta institución exerceu ademais como editor da súa páxina web (www.inc-cin.org) e como coeditor da súa publicación International Numismatic Newsletters (2003-2009).[1][2]

No mundo editorial, Benedikt Aäch foi un dos fundadores, en 1979, da revista NOISMA. Zeitschrift für Literatur, en Sankt Gallen, da que figurou como coeditor ata 1993. Tamén forma parte do consello de redacción da revista Numismatische Zeitschrift, de Viena, e é membro do Comité de Lectura de Revue numismatique, de París.[1][2]

En 2019 publicouse na súa honra un libro de homenaxe co gallo do seu 60º aniversario, promovido por Christian Schinzel e publicado pola Sociedade Suíza de Numismática.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos de Benedikt Zäch publicados ao longo da súa carreira:[5][6][7][8]

  • (1995). Münzfunde des Mittelalters und der Neuzeit im Kanton St. Gallen. Stiftung St. Galler Museen.
  • (1998). Die Burgruine Wulp bei Küsnacht ZH (con Ch. Bader). Schweizerischer Burgenverein, Basilea. ISBN 9783908182092
  • (2000). Der Münzschatz von Vaduz: Liechtenstein an der Weltausstellung. WorldExpo2000, Vaduz.
  • (2003). 1803-1848 : von Napoleon zum Bundesstaat. Münzkabinett der Stadt Winterthur.
  • (2006). Geld im Mittelalter, 600-1200 : Herrschaft, Handel, Stadt. Münzkabinett der Stadt Winterthur.
  • (2017). Geld + Kirche : das Kreuz der Kirche mit dem Geld. Münzkabinett der Stadt Winterthur. ISBN 9783907047088

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 1,9 "Benedikt Zäch". Muenzgeschichte.ch
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Benedikt Zäch. Curriculum Vitae". International Numismatic Council.
  3. Schinzel, Ch. (2019). Benedictum sit: Festschrift für Benedikt Zäch zum 60. Geburtstag. Schweizerische Numismatische Gesellschaft. ISBN 9783907047095
  4. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  5. "Benedikt Zäch. Numismatisch-historische Veröffentlichungen". Muenzgeschichte.ch/
  6. "Zäch, Benedikt 1959-". Digital Library Numis.
  7. "Benedikt Zäch". Academia.edu
  8. "Zäch, Benedikt 1959-". WorldCat Identities.