Jeton de Vermeil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Jeton de Vermeil é un premio que recoñece a consecución de logros académicos en materia numismática, outorgado anualmente pola Sociedade Francesa de Numismática a un investigador estranxeiro (non francés). Paralelamente, cada tres anos concédeselle tamén ao presidente saínte da sociedade. Durante as súas primeiras edicións coñeceuse como Medalla de Vermeil.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Os galardoados reciben unha ficha monetiforme que foi deseñada e gravada en 1932 polo artrista Lucien Bazor, que na época era gravador xeral das moedas francesas na Monnaie de Paris.

A creación deste premio foi posible grazas ao legado de 8.000 francos (de 1926) deixado á Sociedade Francesa de Numismática polo comandante Pierre Babut no seu testamento. Babut, que faleceu o 28 de decembro de 1926, fora presidente da sociedade en dous períodos, entre 1907 e 1908, e entre 1912 e 1913, e foi un dos máis grandes coleccionistas de moedas da monarquía francesa do primeiro terzo do século XIX.

En febreiro de 1927, a sociedade cumpriu o desexo de Batut de que o seu legado fose destinado a unha medalla dedicada aos seus membros e, tras considerar varias opcións, o 4 de marzo de 1933 presentóuselles aos socios a primeira psoposta de medalla. A Sociedade decidiu daquela cuñar 100 medallas de prata e 200 de bronce e púxoas ao dispor dos seus asociados, mediante compra. A partir de aí, a Sociedade decidiu cuñar novos exemplares para os seus ex-presidentes e, o 3 de marzo de 1934, estableceu a súa concesión anual a un investigador numismático de nacionalidade non francesa.[2]

Entre os seus receptores están varios dos máis eminentes numismáticos europeos do século XX, como os británicos H. Mattingly (1939), R. A. G. Carson (1971), e entre eles están figuran os españois Leandre Villaronga (1977) e Pere Pau Ripollés (1998).

Receptores[editar | editar a fonte]

Medalla de Vermeil[editar | editar a fonte]

Jeton de Vermeil[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]