Saltar ao contido

Edward Allen Sydenham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEdward Allen Sydenham
Biografía
Nacemento19 de abril de 1873
Reading, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte19 de abril de 1948
Cowes.
Illa de Wight
Inglaterra
17º Presidente da Real Sociedade Numismática
1937 – 1942
← Percy H. WebbHarold Mattingly → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
Educación Merton College.
Universidade de Oxford.
Actividade
Campo de traballoNumismática e relixión.
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAda Lilian Stone (1911).
Althea Josephine (Jo) Walker (1919). Editar o valor en Wikidata
Premios
1930: Medalla da RNS.

Edward Allen Sydenham, nado en Reading o 19 de abril de 1873 e finado en Cowes en 1948, foi un relixioso e numismático británico especializado na moeda da Antiga Roma.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Sydenham naceu o 19 de abril de 1873 na cidade de Reading, no condado inglés de Berkshire, primeiro fillo de Joseph Sydenham e da súa muller, Alice.[2]

Recibiu a súa primeira educación da man do reverendo Edward Ebenezer Crake nunha modesta escola de só cinco alumnos na pequena vila de Jevington, en Sussex, ao norte de Eastbourne.[2]

Posteriormente realizou os seus estudos superiores no Merton College, da Universidade de Oxford, que completou con formación posterior en Teoloxía en 1896, no Colexio Teolóxico de Wells.

Carreira relixiosa

[editar | editar a fonte]

Logo da súa formación relixiosa foi nomeado coadxutor na igrexa de St. Mary, en Oldham. Finalmente, o 19 de decembro de 1897 foi ordenado diácono na catedral de Manchester.[2]

Permaneceu na súa parroquia de Oldham ata 1905, cando pasou a estar adscrito á nova igrexa de San Mateu de Northampton, construída trinta anos antes, e en 1907 trasladouse á Christ Church, en Ealing. Non foi ata 1909, xa con 35 anos, cando tivo a súa propia parroquia, como vicario de Wolvercorte, en Oxford.[2]

Erudito numismático

[editar | editar a fonte]

Ademais do seu ministerio relixioso, a outra paixón cultivada por Sydenham foi a numismática, fundamentalmente a referida ás emisións monetarias da época da República e as imperiais emitida durante o reinado de Nerón. Tamén foi do seu interse o simbolismo das primeiras cuñaxes británicas.[3]

A carreira numismática de Sydenham estivo moi vinculada á Royal Numismatic Society, na que ingresou en 1914. Nesta institución ocupou a súa presidencia entre 1937 e 1942, e posteriormente a vicepresidencia, ata o seu falecemento.[2][3][4]

A súa obra numismática, escrita en ocasións da man doutros especialistas, sinaladamente Harold Mattingly, segue a estar vixente nas investigacións do século XXI.[2]

Logo da súa xubilación, continuou cos seus estudos históricos traballando como conservador adxunto do Museo do Castelo de Carisbrooke, na illa de Wight.[2]

Outros intereses

[editar | editar a fonte]

Sydenham tamén se interesou por actividades como o debuxo e a pintura, e realizou un bo número de estudos e obras á acuarela e ao óleo, sinaladamente paisaxes das Illas da Canle. Dáse como probable que algunhas destas paisaxes fosen expostas na Royal Society.[2]

Paralelamente, cultivou tamén a composición musical. É autor de numerosos himnos relixiosos, un dos cales foi publicado.[2]

Outras áreas do coñecemento do seu interese foron a enxeñaría e o modelismo ferroviario e a escritura en verso. É autor de varias comedias das que a penas se conserva unha obra nun acto.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O 27 de novembro de 1911 casou con Ada Lilian Stone cando esta tiña 17 anos, coa que tivo un fillo, aínda que só tres anos despois a súa esposa faleceu por peritonite. En 1919 casou en segundas nupcias con Althea Josephine Walker, con quen tivo un novo fillo o anos seguinte.[2]

Logo da súa xubilación en 1942 adquiriu unha casa en Cowes, na Illa de Wight, onde se instalou xunto coa súa muller para pasar os seus derradeiros anos. Alí faleceu en 1948 e no cemiterio local repousan os seus restos.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Estes son os traballos monográficos publicados por Edward Allen Sydenham ao longo da súa carreira:[6][7]

  • (1933). The Coinage of Caesarea in Cappadocia. Spink & Son, Londres.
  • (1952). The Coinage of the Roman Republic (con G. C. Haines). Spink & Son, Londres.
  1. "Rev E A Sydenham". The British Museum.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Millward, E. (2008).
  3. 3,0 3,1 "Proceedings of the RNS". En The Numismatic Chronicle. Vol. 8. Nº 3/4. Páxina 16.
  4. "Presidents of the Society". Royal Numismatic Society.
  5. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  6. "Sydenham, Edward Allen 1873-1948 Arquivado 07 de novembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  7. "Sydenham, Edward Allen 1873-1948". WorldCat Identities.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Percy H. Webb

Presidente da Royal Numismatic Society

1937 - 1942
Sucesor:
Harold Mattingly