Saltar ao contido

Herbert Appold Grueber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHerbert Appold Grueber
Biografía
Nacemento1846
Morte21 de novembro de 1927
Bembridge.
Illa de Wight
Inglaterra
País de nacionalidade Británica
EducaciónMiddle Temple.
Q89547790Publicacións do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Premios
1909: Medalla da RNS.

Herbert Appold Grueber, nado en 1846 e finado en Bembridge, illa de Wight, o 21 de novembro de 1927, foi un numismático británico vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Herbet A. Grueber naceu en 1846, fillo do vicario de Hambridge, Somerest. Na súa adolescencia recibiu educación privada e posteriormente estudou leis no Middle Temple, onde se graduou o 27 de maio de 1868.[1][2]

Durante case cinco décadas estivo vinculado profesionalmente ao Museo Británico, ata a súa xubilación en 1912. Aos 20 anos ingresou na súa área administrativa e de camiño se trasladou ao Departamento de Moedas e Medallas, do que foi nomeado conservador axudante en 1893 e conservador titular en 1906.[3] Neste departamento confeccionou e publicou practicamente todas as súas obras, entre elas varios volumes da serie British Museum Catalogues of Coins.[2]

Grueber foi membro da Sociedade de Anticuarios de Londres, en cuxo se ocupou da secretaría do fondo para as exploracións en Exipto.[2] Tamén formou parte da Royal Numismatic Society, na que ocupou os cargos de secretario honorífico (1874-1909), vicepresidente (1909-1911) e editor da súa revista, Numismatic Chronicle (1885-1912), na que publicou abundantes artigos.[4][5]

Grueber finou o 21 de novembro de 1927 en Bembridge, na illa de Wight, onde residira os 15 derradeiros anos da súa vida, logo do seu retiro.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Estes son os traballos monográficos publicados por Herbet A. Grueber ao longo da súa carreira:[7][8][9]

  1. Foster, J. (1885). "Grueber, Herbert Appold". En Men at the bar. Hazel, Watson and Viney, Londres.
  2. 1 2 3 4 Brooke, G. C. (1927). Páxina 388.
  3. "Herbert Appold Grueber". The British Museum.
  4. Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1988). A History of the Royal Numismatic Society. Royal Numismatic Society, Londres. Páxinas 5, 13, 16-18, 20, 22, 25-26, 29-30, 62. ISBN 0 901405 24 8.
  5. Brooke, G. C. (1927). Páxina 389.
  6. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  7. "Grueber, Herbert Appold 1846-1927 Arquivado 06 de novembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  8. "Grueber, Herbert A. (Herbert Appold) 1846-1927". WorldCat Identities.
  9. "Bibliography of the Chief Works of Herbert A. Grueber". En Brooke, G. C. (1927). Páxina 390.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]