Frederic William Madden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frederic William Madden
Datos persoais
Nacemento9 de abril de 1839
Lugar Londres.
Falecemento21 de xuño de 1904
Lugar Brighton.
Nacionalidade Británica
CónxuxeElizabeth Sarah Rannie.
Actividade
CampoNumismática
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de numismática romana, xudía e cristiá.
Premios1896: Medalla da RNS.
editar datos en Wikidata ]

Frederic William Madden, nado o 9 de abril de 1839 en Londres e finado o 21 de xuño de 1904 en Brighton, foi un numismático inglés vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, considerado unha autoridade na moeda romana, xudía e cristiá.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Frederic W. Madden foi o maior dos seis fillos de Frederic Madden (1801-1873), un anticuario e paleógrafo que traballaba como conservador nesa institución, e da súa muller, Emily Sarah Robinson (1813-1872). Madden naceu nas propias instalacións do Museo Británico, onde a súa familia tiña a súa residencia.[2][3]

Logo de cursar a súa educación primaria e secundaria nas escolas Merchant Taylors, St Paul e Charterhouse, foi contratado como asistente polo Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico en 1861, onde permaneceu ata 1868, cando tivo que renunciar logo dunha investigación sobre a venda dunhas copias de moedas romanas.[2][3]

Despois Madden traballou en varias exposicións internacionais. En 1874 foi nomeado secretario e bibliotecario do Brighton College, en Brighton, Sussex oriental, e de 1888 a 1902 foi o bibliotecario xefe da Biblioteca Pública da cidade.[2][3]

Madden foi elixido membro da Royal Numismatic Society en 1858 e en 1860 foi nomeado secretario da institución, de cuxo xornal Numismatic Chronicle foi editor adxunto entre 1860 e 1868. En 1898 foi nomeado membro honorífico desa sociedade. Tamén pertenceu á Royal Asiatic Society desde 1877, e a diversas entidades académicas en Norteamérica.[3][4]

Frederic William Madden estaba casado con Elizabeth Sarah Rannie, con quen tivo catro fillos. Faleceu en Holt Lodge, Brighton, o 21 de xuño de 1904.[3][5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Obituary. Frederic William Maiden". En American Journal of Numismatics. 39. Nº 4 (abril de 1905). Páxina 119.
  2. 2,0 2,1 2,2 RNS (1905). Páxina 27.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Caygill, M. L. (2004).
  4. RNS (1905). Páxinas 27-28.
  5. 5,0 5,1 RNS (1905). Páxina 28.
  6. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]