William Henry Waddington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
William Henry Waddington
William Henry Waddington Appert BNF Gallica.jpg
William Henry Waddington

Datos persoais
Nacemento11 de decembro de 1826
LugarSaint-Rémy-sur-Avre.
Flag of Centre-Val de Loire.svg Centro-Val de Loira.
Flag of France.svg Francia
Falecemento12 de xaneiro de 1894 (67 anos)
LugarGrandes Armes de Paris.svg París.
France moderne.svg Illa de Francia.
Flag of France.svg Francia
SoterradoCemiterio Père-Lachaise.
NacionalidadeFrancesa
CónxuxeMathilde Lutteroth (1850).
Mary Alsop King (1874).
FillosHenri Waddington.
Francis Richard Waddington.
RelixiónProtestante.
Actividade
CampoPolítica, arqueoloxía, numismática, diplomacia e historiografía.
Alma máterTrinity College (Cambridge) shield.svg Trinity College.
University of Cambridge coat of arms.svg Universidade de Cambridge.
Contribucións e premios
Coñecido porPrimeiro ministro de Francia
Premios(1893): Medalla da RNS.
editar datos en Wikidata ]

William Henry Waddington, nado en Saint-Rémy-sur-Avre o 11 de decembro de 1826 e finado en París o 13 de xaneiro de 1894, foi un político, diplomático, arqueólogo e numismático francés, primeiro ministro de Francia en 1879.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Waddington naceu no castelo de Saint-Rémy, no departamento de Eure-et-Loir, fillo do industrial británico Thomas Waddington, cuxa familia establecera un negocio de manufactura de algodón en Francia, denominado Établissements Waddington fils et Cie.[1][2]

Tanto o seu pai como a súa nai, Anne Chisholm, naturalizáranse como cidadáns franceses, e William Henry recibiu a súa primeira educación no instituto Louis-le-Grand de París. Posteriormente, os seus pais enviárono a Inglaterra para estudar na Rugby School en Rugby, Warwickshire, baixo a supervisión do seu tío, Walter Shirley. Concluída a etapa de educación secundaria, foi admitido no Trinity College, da Universidade de Cambridge,[2] onde acadou o mestrado en Estudos Clásicos, premiado coa prestixiosa Chancellor's Gold Medal.[1][3]

Durante os seus estudos en Cambridge afeccionouse ás regatas de remos e chegou a participar na coñecida competición entre Oxford e Cambridge polo Támese en marzo de 1849.[1][4]

Arqueólogo e numismático[editar | editar a fonte]

De volta en Francia, Waddington dedicouse durante algúns anos á investigación arqueolóxica. Viaxou por Asia Menor, Grecia e Siria na compaña de Melchior de Vogüé, e detallou as súas experiencias e as súas descubertas en varios libros, entre eles Mélanges de numismatique et de philologie (1861).[1][2]

Coa excepción do seu ensaio "The Protestant Church in France", publicado en 1856 como artigo dentro de Cambridge Essays,[5] o resto da súa produción bibliográfica versa sobre a arqueoloxía e a numismática.[1][6]

Entre outras entidades académicas neste terreo, Waddington foi membro da Sociedade de Anticuarios de Londres desde 1865 e foi elixido membro da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, de París.[1][2]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Deputado e senador[editar | editar a fonte]

Caricatura de William Henry Waddington publicada en Vanity Fair o 28 de setembro de 1878.

Logo de disputar sen éxito o escano pola circunscrición de Aisne para a Cámara de Deputados en 1865 e en 1860, Waddington foi elixido deputado en xaneiro de 1871.[2] En 1873 foi nomeado Ministro de Instrución Pública dentro do efémero segundo Goberno de Dufaure, do 18 ao 24 de maio dese ano.[1]

O 30 de xaneiro de 1876 resultou elixido senador por Aisne[7] e foi nomeado novamente ministro de Instrución Pública por Dufaure, quen lle encargou un proxecto de lei para a transferencia de poderes asicionais ao Estado, que finalmente non logrou sacar adiante no Senado. Waddington continuou ocupando este cargo con Jules Simon como primeiro ministro, ata o seu cesamento durante a crise constitucional do 16 de maio de 1877.[1][2]

O triunfo dos republicanos nas seguintes eleccións xerais de outubro de 1877 devolveu a Waddington ao Goberno, como Ministro de Asuntos Exteriores, novamente con Dufaure como primeiro ministro. El foi un dos plenipotenciarios franceses no Congreso de Berlín (1878).[2] A cesión de Chipre ao Reino Unido foi percibida inicialmente pola prensa francesa como un duro golpe para a súa reputación diplomática, mais isto mitigouse co seu papel decisivo no acordo do Reino Unido para permitir que Francia tivese mans libres en Tunisia. En 1885 resultou elixido novamente para o Senado.[1][7]

Primeiro Ministro de Francia[editar | editar a fonte]

A principios de 1879, Waddington acordou substituír a Jules Dufaure como primeiro ministro interino, coa anuencia de Léon Gambetta.[2] Inicialmente mantivo a paz entre os radicais e os reaccionarios ata que o atraso das reformas urxentes fixo que perdese o apoio de todos os partidos políticos e, finalmente, dimitiu o 27 de decembro.[1]

Daquela rexeitou a oferta de ser embaixador en Londres e preferiu asumir, en 1880, o papel de redator da comisión parlamentaria de eleccións.[1]

Carreira diplomática[editar | editar a fonte]

En 1883 Waddington aceptou o seu nomeamento como Embaixador de Francia no Reino Unido e ocupou este posto durante unha década, ata 1893.[2] Durante este período, a súa esposa, Mary Alsop King, escribiu dúas colleitas das súas experiencias no ámbito diplomático, tituladas Letters of a Diplomat's Wife, 1883-1900 (Nova York, 1903) e Italian Letters of a Diplomat's Wife (1904), publicadas un tempo despois do pasamento do seu home.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Waddington casou en 1850 coa súa primeira esposa, Mathilde Lutteroth (finada en 1852), filla do banqueiro francés Henri Lutteroth. Tiveron un fillo, chamado Henri (1852-1939), que foi capitán da Armada francesa.[1]

En 1874 casou en segundas nupcias, en París, con Mary Alsop King (finada en 1923), unha escritora estadounidense natural de Nova York, filla do congresista Charles King. Tiveron un fillo, chamado Francis Richard.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por William Henry Waddington ao longo da súa carreira:[9][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 "Waddington, William Henry". En Encyclopædia Britannica. 1911.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "William Henry Waddington". Prabook.com
  3. "Waddington, William Henry". A Cambridge Alumni Database. University of Cambridge.
  4. Woodgate, W. B. (1888). Boating. Longmans, Londres. Páxina 265.
  5. Waddington, W. (1856). "The Protestant Church and Religious Liberty in France". En Cambridge Essais. 1856. Parker and Son, Londres. Páxinas 210-232.
  6. Véxase a sección "Publicacións".
  7. 7,0 7,1 "Waddington, William". Senat.fr
  8. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  9. "Waddington, William Henry 1826-1894". Digital Library Numis.
  10. "Waddington, W. H. (William Henry) 1826-1894". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]