Michael Matzke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michael Matzke
Datos persoais
Nacemento28 de outubro de 1966
Falecemento20 de maio de 2020 (53 anos))
LugarDEU Koeln COA.svg Friburgo.
Baden-Württemberg.
NacionalidadeAlemaña Alemán.
CónxuxeGerhild Löffler.
Actividade
CampoNumismáticae historiografía.
Alma máterUniversidade de Tubinga.
Universidade de Pisa.
Contribucións e premios
Premios2017: Premio da GIG.
editar datos en Wikidata ]

Michael Matzke, nado o 28 de outubro de 1966 e finado en Friburgo, Baden-Württemberg, o 20 de maio de 2020, foi un numismático e medievalista alemán, especialista na moeda da Idade Media.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Michael Matzke cursou estudos superiores de Historia Medieval, Historia da Arte, Estudos Culturais Empíricos e Ciencias Auxiliares da Historia na Universidade de Tubinga e na Universidade de Pisa.[1][2][3]

Logo da súa graduación, de 1991 a 1995 foi asistente de investigación no Instituto de Xeografía Histórica e Ciencias Auxiliares Históricas, así como no Centro de Investigación de Numismática Islámica de Tubinga e no Instituto de Arqueoloxía Clásica da universidade desta cidade.[1][2][3]

En maio de 1995 acadou o seu doutoramento en Historia Medieval cunha tese acerca do arcebispo Dagoberto de Pisa, focalizado nos seus aspectos económicos e numismáticos.[2] Entre 1996 e 1999 foi asistente de investigación no Instituto de Estudos Históricos Rexionais da Universidade de Tubinga para o proxecto "A moeda medieval nas rexións mineiras",[1] compaxinando este posto coa docencia na Facultade de Historia da mesma universidade.[3]

De 1999 a 2001, Michael Matzke foi profesor na Facultade de Clásicas da Universidade de Cambridge e traballou no gabinete numismático do Museo Fitzwilliam desta universidade, inicialmente no marco dun proxecto sobre a cuñaxe medieval europea e logo como conservador de moedas antigas e medievais. Nesta institución colaborou coa confección do volume número 12 da serie Medieval European Coinage, centrado na moeda do Norte de Italia.[2][3][4] Entre 2001 e 2006 foi asistente de investigación de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares Históricas na Universidade de Marburgo.[1][3]

O 1 de febreiro de 2006 accedeu ao posto de conservador do Gabinete Numismático do Museo de Historia de Basilea, en Suíza, que ocupou ata o seu falecemento.[5] Entre 2007 e 2018 tamén exerceu como profesor temporal na Universidade de Friburgo,[1] e desde 2015 colabora nun proxecto de inventariación de moedas achadas en Suíza.[2][3]

Michael Matzke foi membro de diversas entidades asociativas e académicas, entre elas o Grupo de Traballo Suízo de Achados Monetarios (SAF), a Sociedade Suíza de Numismática, o Grupo Interuniversitario para a Historia da Europa Mediterránea, a Sociedade Histórica de Pisa, a Sociedade de Historia Monetaria Internacional e a Royal Numismatic Society.[1]

Michel Matzke faleceu o 20 de maio de 2020.[6][7][8]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Michael Matzke ao longo da súa carreira:[11][12][13][14]

  • (1998). Daibert von Pisa. Zwischen Pisa, Papst und erstem Kreuzzug. Thorbecke, Sigmaringen. ISBN 3-7995-6754-2
  • (1998). Sylloge Nummorum Graecorum. Deutschland. Sammlung der Universität Tübingen. Heft 6: Phrygien - Kappadokien. Römische Provinzprägungen in Kleinasien (con D. Mannsperger). Hirmer, Múnic. ISBN 3-7774-7460-6
  • (2004). Dirham und Rappenpfennig 2: Mittelalterliche Münzprägung in Südwestdeutschland (con W. Heß e B. Breyvogel). Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-3299-9
  • (2010). Der Basler Schatzfund von 1854 und das Rätsel der Salomon-Denare. Baumann & Cie. Basilea. ISBN 978-3-9523739-0-3
  • (2012). Cantone Ticino. Ritrovamenti monetali da chiese (con J. Diaz Tabernero e H-U. Geiger). Berna. ISBN 978-2-940086-09-2
  • (2014). Survey of Numismatic Research 2008-2013: Deutschland (con H. Mäckeler). Uppsala.
  • (2015). Stadt im S(p)iegel. Basels älteste Stadtsiegel. Baumann & Cie. Basilea. ISBN 978-3-9524338-3-6
  • (2016). Medieval European Coinage. Vol. 12. Italy I: Northern Italy. (con W. R. Day e A. Saccocci ). ISBN 978-0521260213

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Matzke, Michael". En Coins Weekly. 16 de agosto de 2017.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Kampmann, U. (2020).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Curriculum von Dr. Michael Matzke". Albert-Ludwigs-Universität Freiburg.
  4. Campmann, U. (2017). "Ein 'Muss' für jede Mittelalter-Bibliothek". En Coins Weekly. 21 de xuño.
  5. "Neuer Konservator für das Münzkabinett des Historischen Museums Basel". En Schweizer Münzblätter. 221. Marzo de 2006. Páxina 31.
  6. Esquelas en Tages Anzeiger. 3 de xuño de 2020.
  7. "Nachruf auf Michael Matzke". Historisches Museum Basel.
  8. Fehlmann, M. (2020).
  9. "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
  10. "Palmarès 2018". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.
  11. "Matzke, Michael". Digital Library Numis.
  12. "Matzke, Michael". WorldCat Identities.
  13. "Michael Matzke (1966-2020)". Coingallery.de
  14. "Publikationsliste Matzke". Albert-Ludwigs-Universität Freiburg.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]