George Carpenter Miles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Carpenter Miles
Datos persoais
Nacemento30 de setembro de 1904
LugarSt. Davids, Delaware.
Pensilvania.
Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento15 de outubro de 1975 (71 anos)
Lugar Nova York
Estados Unidos de América Estados Unidos
Causacancro
NacionalidadeEstadounidense.
CónxuxeEleanor Briggs (1937).
Actividade
CampoNumismática.
Alma máter Universidade de Princeton.
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de moeda islámica.
Premios- (1949): Medalla Huntington (ANS).
- (1957): Medalla da RNS.
editar datos en Wikidata ]

George Carpenter Miles, nado o 30 de setembro de 1904 en Saint Davids, condado de Delaware, Pensilvania, e finado o 15 de outubro de 1975 en Nova York, foi un numismático estadounidense especializado na moeda do mundo islámico.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Miles graduouse en Lingua Inglesa na Universidade de Princeton en 1926 e, logo dun período de cinco anos como profesor de inglés no Robert College, de Istambul, regresou a Princeton para acadar primeiro o mestrado, en 1930, e posteriormente o seu doutoramento, en 1937,[2][3] baixo a dirección de Philip Hitti,[4] coa tese The Numismatic History of Ravy, que se converteu na súa primeira publicación.[5][6][7]

A súa carreira numismática transcorreu estreitamente vinculado á American Numismatic Society (ANS), na que ingresou en outubro de 1937. Logo dunha paréntese para se dedicar á docencia na Universidade de Princeton e para servir na Mariña Estadounidense como comandante, destinado en Turquía e na India, durante a segunda guerra mundial, en 1946 retornou á ANS como investigador axudante de numismática do mundo musulmán, e encargouse do estudo da importante colección de moedas doada por Archer M. Huntington á Hispanic Society of America. En 1954 sucedeu a Sydney P. Noe no posto de conservador xefe da ANS e en 1966 foi nomeado director executivo da Sociedade, posto que ocupou ata o seu retiro en 1972, compaxinándoo co de secretario entre 1966 e 1968.[2][3][4][5][8][9]

Paralelamente, entre 1956 e 1967 pasou catro tempadas na American School of Classical Studies de Atenas, como membro asociado, e a partir de 1961 en condición de membro do seu comité de dirección.[4]

Ademais da ANS, Miles formou parte doutras entidades académicas e asociativas, entre elas a American Philosophical Society, a American Oriental Society (vicepresidente en 1960-1961), a Comisión Internacional de Numismática (1953) e o comité executivo da Encyclopaedia of Islam (1951).[4] Ademais, foi membro honorario da Sociedade Francesa de Numismática, da Sociedade Real de Numismática de Bélxica, da Royal Numismatic Society (Londres), do Institut d'Egypte (O Cairo) e da Real Academia de la Historia (Madrid).[8][9]

George Carpenter Milles morreu no hospital Columbia-Presbyterian Medical Center, en Nova York o 15 de outubro de 1975, como consecuencia do cancro que padecía.[2][3][4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Miles casou en 1937 con Eleanor Briggs, con quen tivo unha filla chamada Marian.[2][4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1976, Miles foi obxecto da publicación dun libro na súa homenaxe, dirixido por W. E. Metcalf, no que colaboran 48 autores procedentes de 14 países.[10]

Premios[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa traxectoria como investigador, Miles publicou 16 traballos monográficos e máis de 75 artigos en revistas especializadas do seu tempo.[8][13][14][15]

Monografías[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Who was who in America. Volume VI. Marquis Who's Who, 1976. Páxina 283. ISBN 9780837902074
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "George Carpenter Miles". En Princeton Alumni Weekly. 17 de novembro de 1975. Páxinas 15-16.
  3. 3,0 3,1 3,2 Smith, P. (2012).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Merriam, J. G. (1976).
  5. 5,0 5,1 Thompson, M. E. (1975).
  6. Bacharach, J. L. (1976). Páxina 290.
  7. Ver (1938) en "Publicacións"
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Miles, George Carpenter, 1904-1975". American Numismatic Society.
  9. 9,0 9,1 Bacharach, J. L. (1976). Páxina 291.
  10. Metcalf, W. E. (1976). A Colloquium in Memory of George Carpenter Miles (1904-1976). American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897220644
  11. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  12. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  13. "Miles, George Carpenter 1904-1975 Arquivado 05 de agosto de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  14. "Miles, George Carpenter 1904-1975". WorldCat Identities.
  15. Oman, G. (1977). Páxinas 36-39.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]