Mario Sironi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1885 Sassari, Italia (pt) |
Morte | 13 de agosto de 1961 (76 anos) Milán, Italia |
Actividade | |
Campo de traballo | Artes visuais, mural (pt) , ilustración, gravura (pt) , escultura, arquitectura, escenografía, deseño de vestiario e Q16520492 |
Ocupación | pintor, escenógrafo, arquitecto, diseñador de vestuario, crítico de arte, artista, escultor, artista gráfico, ilustrador, debuxante, gravador, gravador |
Período de actividade | 1900 - 1961 |
Membro de | |
Movemento | Expresionismo, divisionismo (pt) , Futurismo e arte metafísica (pt) |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Participou en | |
28 de xuño de 1964 | Documenta III (en) |
16 de xullo de 1955 | documenta (en) |
Mario Sironi, nado en Sassari o 12 de maio de 1885 e finado en Milán o 13 de agosto de 1961, foi un pintor modernista italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Natural da illa de Sardeña, era fillo do enxeñeiro e escultor Ignazio Villa.[1] Sironi pasou a súa infancia en Roma. Comezou os estudos de enxeñería na Universidade de Roma pero deixouno tras un ataque de nervios en 1903, unha das graves depresións, recorrentes ao longo da súa vida.[2] Decidiu logo estudar pintura para o que se matriculou na Scuola Libera del Nudo da Accademia di Belle Arti di Roma, onde coincidiu con Giacomo Balla, o cal se converteu "no seu primeiro mestre real".[3] Sironi tamén coñeceu a Gino Severini e mais a Umberto Boccioni, e coma eles comezou pintando nun estilo divisionista baixo a guía de Balla. En 1913 Balla, Boccioni e Severini desenvolveron un novo estilo, o futurismo, que Sironi adoptou tamén durante un breve período de tempo, chegando mesmo a participar na Grande Mostra Futurista de 1919 en Milán.
Sironi serviu durante a primeira guerra mundial como voluntario nun batallón ciclista.[4] Despois da guerra, a súa visión do futurismo quedou substituída por unha arte de formas inmóbiles e sólidas. En obras tales como La Lampada de 1919 (Pinateca di Brera, Milán), no que os manequíns son substituídos por figuras, como nas pinturas metafísicas de Giorgio de Chirico e Carlo Carrà. En 1922 Sironi foi un dos fundadores do movemento Novecento Italiano que formou parte da volta á orde na arte europea durante a posguerra. Pinturas como Venere de 1921–1923 (Galleria Civica d'Arte Moderna, Turín) e Solitude de 1925 (Galleria Nazionale d'Arte Moderna, Roma), coas súas formas xeométricas e mantidas nos seus límites que se asemellan ao neoclasicismo evidente tamén en obras producidas na mesma época por Picasso.[5]
As obras de Sironi de finais da década de 1920 amosan figuras arcaicas e monumentais de familias en paisaxes montañosos e espidos "marcadas por un espírito de humanidade cargado con historia ... [e] un espírito románico de expresionismo solemne"[6]. As formas puras dos seus anteriores traballos substitúese por unha forma primitiva de clasicismo, e o seu estilo vólvese máis pictórico[7].
Foi o artista máis asociado[8] co réxime de Mussolini, contribuíndo con máis de 1700 caricaturas nos xornais fascistas [7]Il Popolo d'Italia e La Rivista Illustrata del Popolo d'Italia. Rexeitando o mercado da arte e o concepto da pintura de cabalete asumiu un ideal da fusión de decoración e arquitectura como exemplificaban as catedrais góticas, sentindo que o mural era a base dunha arte popular nacional.[9] O estado encargoulle varias obras na década de 1930, como o mural L'Italia fra le arti e le scienze de 1935, e participou tamén na Exhibición da Revolución Fascista en 1932. Malia que a súa estética de brutal monumentalidade representaba o estilo dominante do fascismo italiano, a súa obra recibiu ataques de críticos de estrema dereita para falta de contido ideolóxico explícito.[10]
Como artista ligado ao fascismo a reputación de Sironi resentiuse despois da segunda guerra mundial, xa volvera á pintura de cabalete en 1943, trballando nun relativo illamento que aumentou tras a morte por suicidio da súa filla Rossana en 1948. As pinturas dos seus últimos anos achéganse á abstracción, semellando unha ensamblaxe de fragmentos arqueolóxicos ou debuxos xustapostos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sironi and Ferrari 2002, p. 159
- ↑ Baldacci et al. 1989, p. 99
- ↑ Sironi and Ferrari 2002, p. 26
- ↑ Adams 1989
- ↑ Baldacci et al. 1989, p. 20
- ↑ Baldacci et al. 1989, p. 22
- ↑ 7,0 7,1 Cowling and Mundy 1990, p. 241
- ↑ Braun 2000, p. 8
- ↑ Baldacci et al. 1989, pp. 22-23
- ↑ Cowling and Mundy 1990, pp. 247-248
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mario Sironi |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Adams, Brooks (decembro de 1989), "Mario Sironi at Daverio", Art in America 77 (12): 177
- Baldacci, P., Benzi, F., Sironi, A., Sironi, M., & Galleria Philippe Daverio (Milán, Italia). (1989). Mario Sironi. Milán: P. Daverio. OCLC 21293509
- Braun, Emily (2000). Mario Sironi and Italian modernism: art and politics under fascism. Cambridge University Press. ISBM 0521480159
- Cowling, Elizabeth; Mundy, Jennifer (1990). On Classic Ground: Picasso, Léger, de Chirico and the New Classicism 1910-1930. Londres: Tate Gallery. ISBN 1-85437-043-X
- Sironi, Mario, e Claudia Gian Ferrari. (2002). Sironi: opere 1919-1959 = works 1919-1959. Milán: Charta. ISBN 88-8158-394-1